Xa está dispoñible para as familias que o solicitaron a ampliación do vale de material para adquirir material escolar. Este vale de 25 euros completa o vale de material que foi concedido con anterioridade e que xa recollerades(o de 50 euros). As familias soamente tedes que vir a recollelo (a persoa que fixo a solicitude a finais do curso pasado) e se non podedes, autorizade a outra persoa para facelo.
O horario é o seguinte:
LUNS A VENRES DE 9:00 A 9:55
LUNS A VENRES DE 13:10 A 13:55