Skip to Content

Novas

SORTEO RIFA ANPA: "Brunch Día do Pai"

Publicamos o resultado do sorteo da rifa organizda pola Anpa Paniagua: o número premiado resultou ser o 465                                                                                 

 

ANPA PANIAGUA: SORTEO CESTAS NADAL

 

Esta mañá celebrouse o sorteo das cestas de Nadal organizado pola Anpa Paniagua. Os números gañadores das dúas cestas foron os seguintes: 1046 e 1430.

 

 

PROXECTO EXPERIMENTAL E-DIXGAL


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou o 22/04/2014 unha Resolución pola que se convocaba a selección de centros para participar no proxecto experimental "Educación dixital" durante o curso 2014-2015.

O proxecto Educación Dixital (E-DIXGAL) ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos centros adscritos á Rede Abalar a dispoñibilidade de libros e outros materiais dixitais cos cales poidan desenvolver o seu proxecto na tota­lidade do currículo de 5º de educación primaria no curso 2014/15, ampliándose a outros cursos e etapas nos anos seguintes.

Os centros adscritos a este proxecto terán acceso a unha contorna virtual de aprendi­zaxe cos contidos gratuítos proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Or­denación Universitaria. Os centros deberán utilizar, se é o caso, exclusivamente materiais dixitais na totalidade das materias, que poden proceder desta contorna e/ou ser proporcio­nados polo centro.

O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO PARA A SÚA INCORPORACIÓN NESTE PROXECTO EXPERIMENTAL DE UTILIZACIÓN DE LIBROS DIXITAIS, POLO QUE AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE NO CURSO VINDEIRO ESTÉN EN 5º DE PRIMARIA, NON SOLICITARÁN AS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO PORQUE NON TERÁN QUE MERCALOS. 

Si que deberán mercar o resto do material que está especificado.

A principio de curso realizaremos unha reunión informativa coas familias para explicar detalladamente o desenvolvemento do proxecto e aclarar dúbidas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut