Música

3º E 4º: EL MÁGICO PLANETA DE LOS INSTRUMENTOS INSÓLITOS

 

 

@s alumn@s do 2º ciclo asistiron ao Auditorio para participar na obra "El mágico planeta de los instrumentos insólitos". O obxectivo principal deste divertido concerto didáctico, da man de Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais, é que a rapazada emprenda unha marabillosa viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música popular española. Transmitíndolles valores sobre a reutilización, a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións, usando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música coma o violín, trompeta, a serra musical, a á de voitre, o theremin ou a frauta cadeira de camping.

 

CORAL DE RUADA & CEIP CURROS ENRÍQUEZ

O día 24 de xuño o coro de 5º do noso colexio participou con dúas cancións, "Pandeirada de Tella" e "Pregaria", na presentación do novo CD-DVD da coral de Ruada, titulado "De Ruada entre amigos".

@s alumn@s do colexio xa colaboraran o curso anterior na gravación deste disco coa canción "Cantarela", xunto cos coros doutros colexios da cidade, e que xa interpretaran no Auditorio.

Entre os "amigos" que colaboraron no CD-DVD, ademáis dos coros infantís, figuran Cristina Pato, Irma Fernández Alonso, Gomes Mouro, Brañas Folk (ourensáns);  Luar na Lubre, Milladoiro, Treixadura, Os Melidaos (galegos) e Andrew Cronshaw e Tigran Aleksanyan (inglés e armenio, respectivamente).

Unha grande experiencia vocal para os nen@s e un bo espectáculo!!

5º AO CONCERTO INAUGURAL CURSO 2015-2016 DA ORQUESTA XUVENIL DA EMMO

Os alumn@s de 5º de Primaria acudiron no mes de setembro a un concerto participativo na Praza de San Martiño, a cargo da orquesta xuvenil da Escola Municipal de Música de Ourense(EMMO, composta por alumnado de secundaria e profesorado da mesma).
A finalidade do mesmo era inaugurar o curso escolar 2015-2016.
 
 
   
Distribuir contido