Educación física

FINAL PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS

 

O pasado sábado 9 de febreiro celebrouse nas instalacións de Monterrei a Final Provincial de Campo a través. Todo un éxito para @s nos@s atletas, xa que Usúe Bernárdez Jares acadou o primeiro posto en Benxamín feminino, e Mateo Lorenzo a terceira praza na categoría Benxamín masculino.

Noraboa aos dous polos seus excelentes resultados!!!!

 

CAMPO A TRAVÉS: FASE COMARCAL

 

O pasado sábado 19 de xaneiro @s atletas de Curros Enríquez clasificad@s na fase previa asistiron á fase comarcal: Usúe Bernárdez e Laura Cruz en benxamín feminino (1º e 7º postos), Mateo Lorenzo en benxamín masculino (1º posto) e Candela Currás (11º posto) en alevín feminino.

Noraboa a tod@s pola excelente carreira que realizaron, e ańimo para @s benxamíns que clasifican para a Final Provincial do vindeiro sábado 2 de febreiro.

 

CAMPO A TRAVÉS 2018

 

 

Na mañá do xoves 13 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través. Acudimos con 112 atletas, dos que resaltamos un bo rendemento en todas as categorías. Participamos en benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.

Compre destacar o 1º e 2º  postos de Usúe Bernárdez Jares e Laura Cruz Núñez en Benxamín feminino; o 2º posto para Mateo Lorenzo en Benxamín masculino; o 1º posto para Candela Currás Fernández en Alevín feminino e o 1º e 3º postos para Julia Fernández Margusino e Paula Conde Moyano en infantil feminino.

Podedes consultar a clasificación no PDF adxunto.

Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!

XOGANDO CO ATLETISMO 2018

 

O pasado 26 de abril viaxamos a Ribadavia para participar nunha competición de deporte escolar, na modalidade de "Xogando co atletismo".

Asistiron 57 alumnos de Primaria, de 2º a 6º, nas categorías de benxamín, alevín e infantil, feminino e masculino. Competiron en velocidade individual, velocidade por relevos, salto horizontal, xabalina, lanzamento de balón lastrado e salto lateral.

A participación foi todo un éxito, tanto polo nivel que demostraron @s atlet@s como polo ambiente lúdico no que se desenvolveron as probas. Esperamos volver o ano próximo!

 

 

 

5º: XOGOS POPULARES

 

@s alumn@s de 5º participaron nun obradoiro de xogos populares impartido por Lito, que pertence ao "Centro de cultura popular Xaquín Lourenzo" da Deputación de Ourense.

O Obradoiro consistiu en dúas sesións nas que practicaron os seguintes xogos: aros, zancos, peóns e tabas.

Mirade o ben que o pasamos!!

 

 

 

CAMPO A TRAVÉS 2017

 

Na mañá do xoves 14 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través. Acudimos con 115 atletas, dos que compre resaltar un bo rendemento en todas as categorías. Participamos en benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.

Compre destacar o 1º e 2º  postos de Candela Currás Fernández e Julia Fernández Margusino en alevín feminino; o 3º posto de Usúe Bernárdez Jares en benxamín feminino e o 3º posto de Roi Currrás Fernández en alevín masculino.

Podedes consultar a clasificación no PDF adxunto.

Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!

 

 

 

 

CARREIRA POPULAR SAN MARTIÑO 2017

 

Un total de 82 atletas do CEIP Curros Enríquez participaron na última edición da "San Martiño", que se celebrou o pasado 19 de novembro. Noraboa a tod@s @s participantes. Aquí tedes un resumo da clasificación e se queredes máis información podedes entrar no seguinte enlace.

XOGANDO CO ATLETISMO 2017

O pasado 27 de abril viaxamos a Ribadavia para participar no "Xogando co atletismo", dentro do programa do deporte escolar Xogade.

Asistiron 56 alumnos de Primaria, de 2º a 6º, nas categorías de benxamín, alevín e infantil, tanto feminino como masculino. Competiron en velocidade individual, velocidade por relevos, salto de altura, salto horizontal, xabalina, lanzamento de balón lastrado e salto lateral.

A participación foi todo un éxito, tanto polo nivel que demostraron @s atlet@s como polo ambiente lúdico e a convivencia na que se desenvolveron as probas. Esperamos repetir o curso próximo!

 

 

CAMPO A TRAVÉS 2016

Na mañá do xoves 15 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través. A mañá estaba fría e con neboa, pero non choveu, polo que un ano máis o tempo respetounos para poder celebrar a proba.

Acudimos con cen atletas, dos que compre resaltar un bo rendemento en todas as categorías. Participamos en benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.

Compre destacar o 2º posto de Candela Currás Fernández en benxamín, o 3º posto de Julia Fernández Margusino e o 4º de Roi Fernández Currás en alevín e o 3º posto de Candela Nóvoa Morales en Infantil.

Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!

NOTA: Para poder consultar o posto na carreira, tedes que consultar primeiro o voso Nº de DORSAL e logo comprobar a posición acadada no arquivo dos RESULTADOS.

               

 

A PATINAR... SOBRE XEO!!

 

No mes de decembro @s alumn@s de 1º a 6º de Primaria asistiron á pista de patinaxe sobre xeo que está situada no Centro Comercial Pontevella. Contamos coa colaboración da ANPA nesta actividade, que era para moit@s a súa primeira experiencia sobre o xeo.
Mirade que ben o pasamos!!                                                      

Distribuir contido