Skip to Content

NA PROCURA DO PASADO: 2º CICLO

O mércores 11 de xaneiro fomos á exposición que montou o Museo Arqueolóxico de Ourense na sala de Afundación, na Praza Maior.

Saímos ás 10:45 h. e chegamos de volta ás 13:00. Ao chegar quitamos os abrigos; Laura e Alberto foron os nosos monitores.

Alberto dividiunos en grupos e deunos unha ficha sobre os arqueólogos galegos; a nós tocounos Florentino López Cuevillas.

Levounos a cada grupo á zona da exposición dedicada ao arqueólogo que nos tocou e déronnnos un montón de información. Logo tivemos que cubrir os datos que nos preguntaban na ficha que nos entregaran.

Ao final fixemos de arqueólogos: dous escavaban nun recipiente con terra, outro identificaba e describía a peza que atopaban e dicíalle aos compañeir@s para facer a ficha da peza.

Gustounos porque aprendimos moito sobre os arqueólogos galegos.

Roi Currás (4º Primaria)

 

 

 



page | by Dr. Radut