Skip to Content

ILUSIONISMO, MAXIA OU CIENCIA?

 

O Xardín do Posío acolleu durante o primeiro trimestre a exposición: Ilusionismo, maxia ou ciencia?, que organiza a Obra Social La Caixa en colaboración co Concello de Ourense.
 
A mostra ofreceunos a posibilidade de descubrir, dunha maneira didáctica e lúdica, como o noso cerebro pode alterar a percepción das cousas.
 
A realidade que percibimos constrúese a partir de sinais que nos chegan a través dos sentidos. O ilusionismo aproveita as fisuras no proceso de percepción para producir efectos sorprendentes que padecen ir en contra da lóxica. Esta exposición amosa a súa base científica e deunos a posibilidade de experimentar trucos de maxia xunto ao mago Juan Tamariz.
 
Se queredes recordar a visita picade neste enlace.

 

 
   


page | by Dr. Radut