You are hereBlogues / blogue de quinif / As Dinochilas saen de paseo!

As Dinochilas saen de paseo!


By quinif - Posted on 05 Novembro 2019

Onte saíron as Dinochilas a encher de contos as noites dos nosos alumnos e alumnas de infantil de 3 e 4 anos.

As Dinochilas consisten nun pack de sete libros, un por noite, que tentan facilitar ás familias un anaco diario de lecturas.

O contacto das nenas e dos nenos co libro, sobre todo nestas idades prelectoras, acompañada da presencia do contador, un ser querido da súa familia (un irmao maior, pais, nais, avoas, avós...) son determinantes para a creación dunha afeizón pola lectura, que vai repercutir, sen dúbida algunha, na mellora dos resultados académicos de todas e todos.

Porque a lectura adéntranos no mundo marabilloso dos contos, da literatura, pero tamén das ciencias, das matemáticas e de calquera saber.

Por iso encántanos partillar convosco estas mochilas que van encher de soños as noites do Barco.

Etiquetas