Móvete +

Coreografía de Samaín 2023-2024

O martes 31 de outubro celebramos no noso cole o Samaín. E qué mellor maneira que facendo obradoiros terroríficos? Sorriso Tivemos obradoiros de manualidades, de cociña, de decoración de cabazas e de baile.

No obradoiro de baile, os nenos e nenas de Ed. Infantil e de 1º e 2º de Primaria realizamos unha coreografía aterradora, onde puidemos traballar a expresión corporal. Versionamos en galego e bailamos a canción de "Bien es halloween", de Luli Pampín. Pasámolo terrorificamente ben! Risa

 

                                          

 

 

Tags: Móvete +, PVAD, Educación física

Día da Educación Física na rúa

Este curso 22-23 decidimos participar na conmemoración do día da educación física na rúa.

O martes 25 saímos á rúa os alumnos de 5º e 6º, co resto de colexios e institutos, da Estrada para festexar este día tan importante na nosa materia.

Foi unha xornada na que quixemos dar visibilidade á educación física con distintas propostas lúdico-deportivas como o hockey, rugby, brilé, xogo do paño, lanzamento de frisbee, mariola... foron algunhas das actividades que se levaron a cabo nos distintos espazos públicos do casco urbán. Ademáis de pasalo ben e estar en movemento constante, puidemos compartir espazo e momentoS de xogo con outros colexios, do que disfrutaron moitísimo.

Moitas gracias pola vosa particpación e implicación.

 

  

Tags: Móvete +, Proxecta, PVAD, vida proactiva

LETRAS GALEGAS - PDC (Proxecto deportivo de centro)

LETRAS GALEGAS

 

PRESENTACIÓN


 

VÍDEO

 

Tags: 4º de E. I., EU FICO NA CASA, Letras Galegas, Móvete +, PLAN PROXECTA, Presentación, VIDA ACTIVA, 5º de E. I., 6º de E. I., 1º de E. Primaria, 2º de E. Primaria, 3º de E. Primaria, 4º de E. Primaria, 5º de E. Primaria, 6º de E. Primaria, Educación física

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Hoxe é o "Día Internacional da Danza", así que vos deixo algunha ideas para que vos movades con moito ritmo:

Bailade moito e pasádeo moi ben!

 

Tags: 4º de E. I., Día Internacional da Danza, EU FICO NA CASA, Móvete +, PLAN PROXECTA, Presentación, VIDA ACTIVA, 5º de E. I., 6º de E. I., 1º de E. Primaria, 2º de E. Primaria, 3º de E. Primaria, 4º de E. Primaria, 5º de E. Primaria, 6º de E. Primaria, Educación física

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL, 1º e 2º (Semana do 27 de abril ao 3 de maio)

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL, 1º e 2º.

(Semana do 27 de abril ao 3 de maio)

 

Esta semana imos a realizar varias tarefas. Comezamos con un baile para traballar ritmo e lateralidade. Seguimos con un xogo de lanzamento. Logo temos 4 pasos de baile para crear entre todo co colexio unha “muiñeira con ritmo de hip hop” para o día das letras galegas e dentro do Proxecta no que estamos inmersos (Proxecto Deportivo de Centro: “Vida activa”). (Pode participar tamén a familia e entendemos que se se gravan nos están a dar permiso para subir o vídeo a web do colexio). Por último, estiramos un pouquiño.

 

QUECEMENTO: https://youtu.be/mHEbQYXT35w  (Imítame pero non fagas un vídeo)

 

XOGO: “Lanzo, lanzo e a bañeira alcanzo”: https://youtu.be/n3DiK_Otm5A   (Se podes envíame unha foto ou un pequeniño vídeo para ver que ven lanzas coa man dereita e coa man esquerda)

 

1º paso: https://youtu.be/8p1sEewDrZQ   (Se podes fai un vídeo e envíamo)

2º paso: https://youtu.be/-2HdFsZt_0g   (Se podes fai un vídeo e envíamo)

3º paso: https://youtu.be/irhmAqT0Mcw  (Se podes fai un vídeo e envíamo)

4º paso: https://youtu.be/rALIJtuA46c   (Se podes fai un vídeo e envíamo)

 

Para rematar estiramos un pouco:  https://youtu.be/YH9Q82EWsbs    (Imítame pero non graves un vídeo)

 

Espero que o pasásedes moi ben Guiño

Saúdos, saúde e a moverse moito!

Carmen

Tags: 4º de E. I., EU FICO NA CASA, Móvete +, PLAN PROXECTA, Presentación, VIDA ACTIVA, 5º de E. I., 6º de E. I., 1º de E. Primaria, 2º de E. Primaria

ENTROIDO

No CEIP Cabada Vázquez celebramos o entroido con moita ilusión. Nas últimas semanas creamos disfraces, partindo do lema da nosa biblioteca escolar deste curso: "PRÓXIMA MISIÓN: SEN PLÁSTICOS", buscando materiais que se puideran reciclar e utilizamos a temática do mar.

O alumnado e o profesorado participou de diferentes formas: cantando, bailando, regueifando despois dunha camiñata ata o pobo, para promocionar o noso PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC: XOGADE e Móvete +)

 

 

 

 

Ademais contamos coa colaboración das familias que nos acompañaron durante o desfile e nos deleitaron cunhas regueifas.

 

Foi un día especial que compartimos en familia toda a comunidade educativa.

 

Tags: 4º de E. I., ENTROIDO, Móvete +, PLAN PROXECTA, Presentación, Xogade, 5º de E. I., 6º de E. I., 1º de E. Primaria, 2º de E. Primaria, 3º de E. Primaria, 4º de E. Primaria, 5º de E. Primaria, 6º de E. Primaria, Educación física