SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

 

Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, o prazo de presentación de solicitudes de admisión sería do 1 ao 20 de marzo. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

1 AO 20 DE MARZO

Pode realizarse de dúas maneiras:

1 - NA SECRETARÍA DO CENTRO: 

Presentar a solicitude na Secretaría do noso centro, xunto coa fotocopia do DNI ou libro de familia.

-  A TRAVÉS DA APLICACIÓN INFORMÁTICA:

Presentar a solicitude a través da aplicación informática “admisión de alumnado”

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO DE ADSCRICIÓN (IES Nº 1)

 

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual

 

empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado

 

 

 

 

Distribuir contido