SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: COMEDOR ESCOLAR

 

INSTRUCIÓNS COMEDOR ESCOLAR 2023/2024

 

Informámosvos que xa están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2023-2024. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o ANEXO II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2022), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.

 

Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlace https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

INSTRUCIÓNS

 

ANEXO II

 

Poden entregar o ANEXO II por correo electrónico (ceip.cabadavazquez@edu.xunta.gal) desde o 4 de xullo ata o 1 de setembro.

Presencialmente na secretaría do centro desde o 5 ata o 14 de xullo, de 10h. a 13h.

 

O PRAZO REMATA O 1 DE SETEMBRO DE 2023

 

 

 

 

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023-2024

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

TRANSPORTE ESCOLAR

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 23-24

No DOG do venres, 19 de maio de 2023, saíu publicada a Orde do 10 de maio de 2023, na que se convocan axudas para libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial matriculado nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Forma de presentación: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónioca da Xunta de Galicia, htps://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

PARA A PRESENTACIÓN NO CENTRO PODERÁN DESCARGAR OS ANEXOS I E II DIRECTAMENTE DA APLICACIÓN DE FONDOLIBROS E ENVIALA POLO ALUMNADO OU ACUDIR PRESENCIALMENTE, PARA O CAL DEBERÁN CHAMAR ANTES POR TELÉFONO.

Prazo de presentación:

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Distribuir contido