3º de E. Primaria

MÁIS CLARO AUGA

   

Aquí vos quedan as fotografías do proxecto rematado "MÁIS CLARO, AUGA".

No contexto científico recreamos ecosistemas, construímos depuradoras, fixemos filtros de auga .

No humanístico, traballamos os ríos da Estrada, os seus afluentes, .....

No matemático calculamos a auga que gastamos diariamente, averiguamos a lonxitude do Ulla e do Liñares, recorrémolo co beebot.

No lingüístico, colocamoslle os pés de foto da saída ao Ulla , onde vimos o estado da auga e averiguamos se tiña as condicións axeitadas para o seu uso.

Ao final do proxecto, entre todos fixemos un repaso do que aprendemos. Logo escribímolo, para poder levar as nosas casas e que vós poidades comprobar a cantidade de cousas que sabemos.

INICIAMOS OS PROXECTOS

Este curso, deu comenzo o noso traballo por proxectos.

Iniciamos  con un "BENVIDOS", onde traballamos as árbores do noso patio, o noso Patrimonio, os planos das dependencias do noso Centro e, as escalas , as nosas caractrísticas persoais,..... A continuación, levamos a cabo "Mais claro, auga", no que ainda estamos a traballar.

Imos a amosarvos algúns momentos do noso traballo.

SAÍDA AO RÍO ULLA

PARA INICIAR O NOVO PROXECTO SOBRE O RÍO ULLA, NADA MELLOR QUE UNHA SAÍDA POR ESTE ENTORNO, COMPROBANDO O ESTADO DA AUGA, AS ESPECIES QUE ALÍ SE ATOPAN, E UNHA MAGNÍFICA EXPLICACIÓN SOBRE A VIDA DE ALGÚNS PEIXES, ASÍ COMO OS DISTINTOS INSTRUMENTOS QUE OS AXENTES USAN PARA PODER FACER UN EXHAUSTIVO SEGUIMENTO POLOS SEUS PERCORRIDOS.

 

Distribuir contido