Educación físicaBenvidos ao curso 2022-2023!O curso escolar 2022-2023 ven cargado de moitas novidades que farán que sexa un ano moi especial e motivador! A actividade física e deportiva vai seguir sendo un piar fundamental na nosa práctica docente diaria, con hábitos de vida saudables e proactivos. A primeira novidade vai ser a organización dos recreos no patio. Os discentes van a ser os encargados, con quendas, de velar do coidado do material das actividades propostas para cada día da semana. As actividades son diferentes, moi diversificadas, co obxectivo de que amplíen as súas actividades lúdicas máis aló dos deportes "típicos", probando xogos novos e descubrindo as distintas posibilidades dos mesmos. Esta organización tamén fomenta a responsabilidade e o bo uso do material, facéndose eles mesmos cargo de que volva ao seu sitio despois do tempo de lecer e asumindo as consecuencias "sancións" de non ser o caso. Confío moito en todos vós! Comezamos queridiños/as!
( categories: )
CAMIÑO DE SER IOGUIS!Seguindo coa liña metodolóxica do programa MUSE iniciado este curso 21-22 (etapa de educación primaria) practicamos posturas básicas de ioga e introducimos a respiración, centrándonos na expansión do peito durante a inspiración sendo unha técnica moi efectiva para alongar a columna vertebral e mellorar a postura corporal. Deste xeito damos continuidade aos contidos adquiridos e traballados pola artista encargada do MUSE, Chus Raíndo, e sobre todo coa finalidade de introducilos como hábitos de vida saudables aplicables a vida diaria dos nenos e nenas.
( categories: )
DÍA MUNDIAL DA ACTIVIDADE FÍSICAO día 6 de abril, declarado dende o ano 2002 pola Organización Mundial da Saúde como o día "da actividade física", decidimos conmemoralo levando a cabo distintas actividades co propósito de inculcar e sensibilizar aos discentes na importancia de hábitos diarios que impliquen movemento, deporte, actividade física... etc
( categories: )
MEMORY DE MULLERES DEPORTISTASPara conmemorar o día internacional da muller, o 8 de marzo, dende a área de Educación Física levamos a cabo o xogo "memory de mulleres deportistas" Por unha banda, reflexionamos sobre a figura das mulleres deportistas na actualidade, coñecimos deportes minoritarios, investigamos nomes dalgunhas das deportistas españolas máis destacadas nas distintas disciplinas deportivas... etc E por outra banda, traballamos aptitudes físicas como a velocidade, e cognitivas como a atención e memorización. Físicas: porque o xogo consistía en facer parellas coas cartas o máis rápidamente posible e cognitivas xa que había que prestar moita atención ás cartas que se ían descubrindo para intentar aparellala coa súa semellante. Canto aprendimos xogando e divertíndonos!
( categories: )
XOGOS POPULARES MOVÉNDONOSO martes 9 de novembro realizamos distintas propostas de xogos populares aos nen@s de infantil e primaria para conmemorar o magosto. Que ben o pasamos nos xogos de equilibrio, cos zancos e pratos chinos! Tamén disfrutamos xogando á galiña cega, ao pañuelo, birlos e á petanca.
( categories: )
UN SAMAÍN EN MOVEMENTOO samaín que festexamos este curso 21-22 foi moi movido e terrorífico! Os rapaces e rapazas gozaron das tarxetas con esqueletos que se ensinaron na clase de educación física, tendo que imitar a acción ou a posición corporal que se amosaba nas mesmas baixo o ritmo da canción de "tumbas por aquí, tumbas por alá". Que ben traballaron a súa expresión corporal ...! Tamén fixemos un escape room "A invasión das caveiras" na que debían de superar distintos retos cognitivos e físicos: de lóxica, intuición e ritmo musical respectivamente. ( categories: )
![]() |