Xogade

Datchball 5º e 6º de E.P.

O xoves 30 de maio fixemos a última das saídas deportivas do centro. Nesta ocasión foi a quenda do alumnado de 5º e 6º de E.P. que, como ven sendo habitual, desprazouse ao Pavillón Manuel Coto Ferreiro para realizar unha xornada de encontros multideportivos na que se xogou ao Datchball.

O Datchball é un deporte alternativo e inclusivo que se xoga coa dinámica do brilé pero con 3 pelotas. Para facelo aínda máis divertido había superpoderes: Hulk, Superwoman, Lobezno, Batman ...O alumnado organizouse por equipos de 8 ou 9 membros, contando en todos os equipos con alumnos/as de 6º e de 1º da ESO dos centros educativos da contorna.

A xornada prolongouse durante unhas 3 horas, na que os sorrisos, o compañeirismo e o espírito deportivo estiveron moi presentes. RisaSorriso

 

                                

 

 

                                              

 

Agradecer á Agrupación Deportiva de A Estrada, formada polo mestres/as de Educación Física dos colexios da comarca, a implicación durante todo o curso escolar, organizando e aportando ideas para que os nosos rapaces e rapazas poideran disfrutar destas experiencias deportivas. Para o vindeiro curso seguro que haberá moitas máis! Guiño

 

Tags: PVAD, Xogade, Educación física

Encontros Multideportivos 3º e 4º de E.P.

O xoves 25 de abril de 2024 tivemos unha xornada de Encontros Multideportivos con alumnado de 3º e 4º de Primaria doutros centros educativos da zona. Esta actividade deportiva está incluída no Plan de Vida Activa e Deportiva de Centro, no apartado de XOGADE.

Os nenos e nenas de 3º de Primaria estiveron xogando ao brilé formando equipos de 10 con alumnado de distintos centros. Cada 8 minutos rotábanse os equipos para enfrentarse a outro diferente polo que ao rematar a xornada, case todos os participantes xogaron entre sí.

 

                        

Para 4º de Primaria, como se ven realizando dende fai anos, fixéronse partidos de bádminton. Neste caso os equipos estaban formados por 5 integrantes do mesmo cole, polo que no noso centro fixemos 3 equipos. Cada equipo xogaba de forma individual, un por un, cos integrantes doutro equipo. As partidas eran de 5 minutos polo que cada neno/a xogou varios partidos nesta xornada. Os árbitros dos encontros eran alumnos/as de 6º de Primaria de coles de A Estrada.

 

      

 

Ao rematar a xornada regresamos ao cole cun sorriso inmenso polo ben que o pasamos. O deporte é alegría, compañeirismo, ilusión e paixón. Noraboa deportistas!!! Risa

 

 

 

 

Tags: PVAD, Xogade, Educación física

Multixogo 1º e 2º E.P.

O 7 de marzo realizamos unha xornada de Multixogo con nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. doutros coles da zona. Foi unha xornada moi deportiva, no Pavillón Manuel Coto Ferreiro; esta actividade está incluída no Plan de Vida Activa e Deportiva do Centro (PVAD), no apartado de XOGADE.

Nesta xornada había 6 zonas ou estacións diferenciadas e por grupos íase rotando cada 20 minutos para realizar todos os xogos:

- Zona de habilidades motrices con circuítos.

- Zona de lanzamentos e golpeos.

- Zona de saltos.

- Zona de xogos populares.

- Zona de xogo en grupo.

- Zona de habilidades con balóns e pelotas.

 

Pasámolo xenial e estamos desexando repetir. O deporte é saude e diversión. Volvemos cansos pero cheos de enerxía e alegría para volver facer moitas máis! Sorriso

 

                                              

 

 

 

 

         

 

Tags: PLAN PROXECTA, PVAD, Xogade, Educación física

O Cros de A Estrada

O mércores 11 de outubro realizamos a primeira saída do curso e foi para acudir ao tan esperado Cros. Como todos os anos fíxose na zona deportiva de A Estrada e acudiu alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria da maioría de coles da zona.

Fixemos unha gran carreira e con coraxe, valentía e moita ilusión chegamos á meta! Noraboa rapaces! Risa Risa

                                              

 

 

 

                                               

 

 

                                                       

 

 

 

                                                     

 

 

 

 

 

Tags: CROSS, PVAD, Xogade, Educación física

Volvemos ao Cross

Un ano mais participamos no Cross organizado polo Plan Proxecta "Xogade". Este festexo deportivo reuníu á meirande parte dos colexios e institutos da comarca convertíndose nun gran evento deportivo escolar.

Como docente gustaríame agradecer a participación e o esforzo de todos os alumnos e alumnas do Ceip Cabada Vázquez que quixeron vivir esta experiencia; é un orgullo e satisfacción ver como disfrutades e como compartides estas vivencias dun xeito tan pasional. Mención especial aos 4 clasificados: Hugo, Melania, Mohamed e Fátima sodes o orgullo de todo o colexio e a comunidade educativa... moitos parabéns queridiños/as!

Gracias a todos.

 

 

Tags: CROSS, Proxecta, PVAD, Xogade

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL, 1º e 2º

 

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL, 1º e 2º

 

Lembra que tes esta semana para rematar o teu xogo tradicional.

 

Se me envías unha foto engádoa no vídeo das “Letras Galegas - Xogos Tradicionais – PDC”

 

As persoas que remataron poden practicar calquera dos xogos tradicionais que propuxen nas dúas últimas semanas ou outro que lles ensine a súa familia.

 

Recorda quecer e estirar. Utiliza os vídeos das dúas últimas semanas.

 

 

Saúdos, saúde e móvete moito.

 

Tags: EU FICO NA CASA, Letras Galegas, PLAN PROXECTA, Presentación, VIDA ACTIVA, Xogade, Xogos tradicionais, 1º de E. Primaria, 2º de E. Primaria, Educación física