Xuño 2020EDUCACIÓN FÍSICA (TODOS OS CURSOS)Como todos os anos o último día de clase facemos xogo libre, así que esta semana podedes practicar os xogos que máis vos gustaron ao longo do curso, ou calquera outro que coñezades. Non é necesario que me enviedes nada, pero se alguén quere enviarme algo aquí estou. Ao longo da semana irei subindo á web os últimos traballos que fixéchedes de educación viaria. Espero que teñades un bo verán. Saúdos, saúde e móvete moito! EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL, 1º, 2º, 3º e 4º - DÍA DA NATUREZA E DOS OCÉANOS
“A HORA DA NATUREZA”
EXISTEN MOITOS XOGOS E DEPORTES QUE SE PODEN E DEBEN PRACTICAR NA NATUREZA, POR ISO PARA ESTA SEMANA, QUEN NON O FIXERA XA, DEBE ENVIARME UNHA FOTOGRAFÍA OU IMAXE CUN LEMA A FAVOR DO COIDADO DA NATUREZA. O lema debe empezar por “É HORA DE…”, por exemplo: “É HORA DE RECICLAR” acompañando unha fotografía tirando o lixo no seu contedor correspondente.
Aquí podes ver a tarefa colgada na web do colexio: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcabadavazquez/node/968
Saúdos, saúde e móvete moito!
A HORA DA NATUREZA - DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE"A HORA DA NATUREZA"
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (5 de xuño)DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS (8 de xuño)
(Pincha no enlace para ver as instruccións e envíanos unha fotografía ou imaxe acompañada dun lema para salvar a Natureza)
RESPOSTAS DO ALUMNADO(Pica na imaxe para ver o vídeo)
EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º (semana do 1 ao 5 de maio)( categories: )
|