VIDA ACTIVA

Rematando o curso!

Quedan poucos días para dar por finalizado este curso e dende aquí gustaríame despedirme de todos vós con moito agarimo, por ser uns alumnos exemplares, participativos, xenerosos e incribles.

A miña etapa como a vosa mestra chega ao seu fin con gran tristeza e pesar, pero con ledicia de haber compartido tantos momentos, vivencias, experiencias e todas as aprendizaxes acadadas ao longo de estes 3 marabillosos cursos académicos. Non cambiaría nada de todo o vivido.

Agradecervos a vosa implicación e boa actitude cara min e cara a educación física, oxalá logredes todos os obxectivos que vos propoñades.

Moitas apertas da vosa profe, saúdos dende o corazón!

 

Tags: PVAD, VIDA ACTIVA

Voltamos a xogar ao bádminton!

Este xoves, 20 de abril, volveuse a celebrar outro encontro entre os centros da comarca para xogar un torneo de bádminton dentro do "Xogade". Participaron os discentes de 4º EP e foi unha experiencia moi enriquecedora, grata e divertida!

Gozaron do intercambio con outros rapaces da súas idades e compartimos momentos de ledicia e xogo lúdico onde o principal obxectivo era pasar un rato agradable e deportivo, movéndonos e adquirindo hábitos de vida proactivos e saudables.

    

Tags: MOVÉMONOS, PVAD, VIDA ACTIVA

Seguimos aprendendo no MUSE

Este curso 2022-2023 seguimos no programa MUSE coa artista Xus, dando continuidade a todo o aprendido o curso pasado e profundizando nos novos coñecementos: respiracións conscientes, meditación, progresión na capacidade pulmonar, as 12 asanas do saúdo ao sol... etc.

Velaquí algunhas imaxes que amosan os progresos e as actividades propostas.

    

Tags: MUSE, PVAD, VIDA ACTIVA

Xogamos ao balonmán!

Hoxe, mércores 28 de setembro, todos os alumnos de educación primaria tiveron a gran sorte de gozar dunha sesión de xogos físico-lúdicos e introductorios ao balonmán con 2 adestradores da "federación galega de balonmán".

Foi unha xornada na que os discentes disfrutaron moito! estiveron activos, respetaron as normas dos xogos, colaboraron a nivel individual e grupal, coñeceron normas deste deporte, traballaron aspectos técnicos, pero sobre todo pasarono moi ben e motiváronse a coñecer este deporte.

Moitas gracias por ser tan participativos/as campións!

Tags: PVAD, VIDA ACTIVA

CANTO NOS MOVEMOS EN PSICOMOTRICIDADE!

As actividades lúdico-deportivas propostas nas sesións diarias de psicomotricidade están orientadas ao traballo holístico dos discentes e non só ao aspecto orgánico; senón tamén temos en conta o ámbito cognitivo, emocional e social. 

Traballamos as habilidades motrices básicas como: andar, saltar, desplazarse, xiros, lanzamentos, recepcións e reptacións ademais da coordinación, equilibrios, reflexos, lateralidade, control respiratorio, ritmo e control dos movementos e condutas perceptivo- motrices con implementos e sin eles.

Que ben traballamos e canto aprendemos!

 

  

 

 

  

Tags: VIDA ACTIVA

DESPEDIDA - BO VERÁN

DESPEDIDA

Rematou o curso e rematou o meu traballo en Codeseda. Foi todo un pracer compartir convosco estes dous anos e, quérolle dar as grazas a todas e todos os que participáchedes nas clases de Educación Física online, incluídas as familias.

Deixo un último traballo que me enche de ledicia e que resume o que fixemos no último trimestre. Moitas gracias Melania!

Unha forte aperta virtual e bo verán Codeseda.

 

Tags: Presentación, VIDA ACTIVA, Educación física