Presentación

BLOG DE EDUCACIÓ FÍSICA DO CEIP CABADA VÁZQUEZ

Tags: BLOG DE EDUCACIÓN FÍSICA DO CEIP CABADA VÁZQUEZ, Presentación

COMEZAMOS O CURSO 2024-2025!!!

Despois dunhas merecidas vacacións, voltamos ao colexio con enorme ilusión. Aínda que os cambios son positivos, hai cousas que non deben cambiar, como é a importancia do exercicio físico no día a día. Dende a área de Educación Físíca seguiranse organizando actividades deportivas dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) no que continúa o centro.

Nos tempos de lecer tamén se organizan actividades deportivas para ter momentos de xogo os cinco días da semana. Os alumnos de 5º e 6º de Primaria continuarán a ser os encargados de levar a cabo a distribución e recollida do material.

 

 

 

 

Tags: PLAN PROXECTA, Presentación, PVAD, Educación física

Benvidos ao curso 2023 - 2024!

Comezamos con enorme ilusión este novo curso e ... Que mellor forma de facelo que gozando do deporte e dos compañeiros/as? O exercicio físico é fundamental para a nosa saúde, tanto física como social e mental. Por este mesmo motivo, ao longo de todo o curso, dende o colexio darémoslle a importancia que ten ao deporte e á actividade física.

 

Un dos momentos onde a actividade deportiva cobra maior relevancia é nos tempos de recreo, así pois e como se iniciou o curso pasado, volveremos a organizar os recreos no patio. Propóñense actividades variadas para todos os días da semana, con distinto material para non caer na monotonía e nos mesmos xogos de sempre.

Para levar a cabo a distribución e recollida de material, haberá dous alumnos/as cada día, de 5º e 6º de Primaria. Tomarán nota, ao finalizar o recreo, de que todo o material fose devolto e concienciarán aos máis pequenos de facer un uso responsable do mesmo.

 

 

A pasalo mooooi beeeen!

 

Tags: Presentación, PVAD, Educación física

DESPEDIDA - BO VERÁN

DESPEDIDA

Rematou o curso e rematou o meu traballo en Codeseda. Foi todo un pracer compartir convosco estes dous anos e, quérolle dar as grazas a todas e todos os que participáchedes nas clases de Educación Física online, incluídas as familias.

Deixo un último traballo que me enche de ledicia e que resume o que fixemos no último trimestre. Moitas gracias Melania!

Unha forte aperta virtual e bo verán Codeseda.

 

Tags: Presentación, VIDA ACTIVA, Educación física

EDUCACIÓN FÍSICA (TODOS OS CURSOS)

Como todos os anos o último día de clase facemos xogo libre, así que esta semana podedes practicar os xogos que máis vos gustaron ao longo do curso, ou calquera outro que coñezades.

Non é necesario que me enviedes nada, pero se alguén quere enviarme algo aquí estou.

Ao longo da semana irei subindo á web os últimos traballos que fixéchedes de educación viaria.

Espero que teñades un bo verán.

Saúdos, saúde e móvete moito!

Tags: 4º de E. I., Fin de curso, Presentación, VIDA ACTIVA, 5º de E. I., 6º de E. I., 1º de E. Primaria, 2º de E. Primaria, 3º de E. Primaria, 4º de E. Primaria, 5º de E. Primaria, 6º de E. Primaria, Educación física

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL, 1º, 2º, 3º e 4º - DÍA DA NATUREZA E DOS OCÉANOS

 

“A HORA DA NATUREZA”

 

EXISTEN MOITOS XOGOS E DEPORTES QUE SE PODEN E DEBEN PRACTICAR NA NATUREZA, POR ISO PARA ESTA SEMANA, QUEN NON O FIXERA XA, DEBE ENVIARME UNHA FOTOGRAFÍA OU IMAXE CUN LEMA A FAVOR DO COIDADO DA NATUREZA.

O lema debe empezar por “É HORA DE…”, por exemplo: “É HORA DE RECICLAR” acompañando unha fotografía tirando o lixo no seu contedor correspondente.

 

Aquí podes ver a tarefa colgada na web do colexio: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcabadavazquez/node/968

 

Saúdos, saúde e móvete moito!

 

Tags: #HoraDaNaturezaADEGA, 4º de E. I., Día da Natureza, Día dos océanos, Presentación, VIDA ACTIVA, 5º de E. I., 6º de E. I., 1º de E. Primaria, 2º de E. Primaria, 3º de E. Primaria, 4º de E. Primaria, Educación física