É importante darlle ferramentas ao alumnado para crear hábitos de vida saudables, por iso, dende o CEIP Cabada Vázquez apostamos por un Proxecto Deportivo de Centro (PDC) que integre deportes (XOGADE) e baile (Móvete +).
Por outra parte, buscamos que o alumnado poida continuar coas actividades físico-deportivas, máis aló da escola, de aí que traiamos ao colexio actividades que se ofertan dende a súa localidade. Neste caso contamos coa visita da Sofía Mosteiro e Elia do Ximnasio Absolute da Estrada, coas que aprendemos unha danza urbana. Poden ver algunhas imaxes no enlace.
O CEIP Cabada Vázquez intenta concienciar á comunidade educativa da prevención, detección e actuación en Contra a Violencia de Xénero,por iso está a realizar diversas actividades relacionadas con esta temática como son: a creación de lemas que se colocaron nos chanzos da escaleira do colexio, crear e cantar unha canción en contra da violencia de xénero, contacontos, ...
Dende Educación Física e Plástica, e en relación co noso Proxecto Deportivo de Centro, propuxemos realizar xogos tradicionais para adentrarnos na nosa cultura e celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Podemos resumir o traballo do alumnado e das súas familias nos seguintes vídeos. Gozade deles!
Para seguir manténdonos en forma e activos demos comezo a un novo reto... Esta vez con palas!
Un reto onde cada alumn@ debía de superar 12 probas de axilidade e destreza con palas de ping pong e de tenis. Aparte de pasalo moi ben, foron capaces de superar cada un dos mini retos propostos.
O día 6 de abril, declarado dende o ano 2002 pola Organización Mundial da Saúde como o día "da actividade física", decidimos conmemoralo levando a cabo distintas actividades co propósito de inculcar e sensibilizar aos discentes na importancia de hábitos diarios que impliquen movemento, deporte, actividade física... etc
Un ano mais participamos no Cross organizado polo Plan Proxecta "Xogade". Este festexo deportivo reuníu á meirande parte dos colexios e institutos da comarca convertíndose nun gran evento deportivo escolar.
Como docente gustaríame agradecer a participación e o esforzo de todos os alumnos e alumnas do Ceip Cabada Vázquez que quixeron vivir esta experiencia; é un orgullo e satisfacción ver como disfrutades e como compartides estas vivencias dun xeito tan pasional. Mención especial aos 4 clasificados: Hugo, Melania, Mohamed e Fátima sodes o orgullo de todo o colexio e a comunidade educativa... moitos parabéns queridiños/as!
Este curso 2022-2023 seguimos no programa MUSE coa artista Xus, dando continuidade a todo o aprendido o curso pasado e profundizando nos novos coñecementos: respiracións conscientes, meditación, progresión na capacidade pulmonar, as 12 asanas do saúdo ao sol... etc.
Velaquí algunhas imaxes que amosan os progresos e as actividades propostas.
Este curso 22-23 decidimos participar na conmemoración do día da educación física na rúa.
O martes 25 saímos á rúa os alumnos de 5º e 6º, co resto de colexios e institutos, da Estrada para festexar este día tan importante na nosa materia.
Foi unha xornada na que quixemos dar visibilidade á educación física con distintas propostas lúdico-deportivas como o hockey, rugby, brilé, xogo do paño, lanzamento de frisbee, mariola... foron algunhas das actividades que se levaron a cabo nos distintos espazos públicos do casco urbán. Ademáis de pasalo ben e estar en movemento constante, puidemos compartir espazo e momentoS de xogo con outros colexios, do que disfrutaron moitísimo.
Moitas gracias pola vosa particpación e implicación.
Durante os meses de xaneiro e febreiro organizamos no centro un Torneo de Bádminton durante os recreos. Participan tódolos alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º os luns e mércores. Tratando de buscar a maior participación cada un xogará alomenos 5 partidos.
No mes de novembro participamos na actividade de campo a través enmarcada dentro do actividade "deporteescolar". Tivemos unha xornada de convivencia con outros centros e, aínda que non era o máis importante, obtivemos varias medallas nas distintas categorías.
A Xunta de Galicia ,en colaboración co programa Galicia Saudable e a consellería Deporte Galego, elaborou varios carteis, dípticos e paneis en xeral,.. informando dalgúns consellos para levar unha vida máis san.
Expoñemos aqueles dedicados aos cativos/as entre 5 e 12 anos.
Neste mes de marzo inauguramos dúas mesas para xogar ao ping pong. Fixemos un traballo de "reutilización" das pizarras antigas e duns tableiros que estaban rotos. Hasta ese momento estaban ocupando espazo no pavillón e agora darémoslle un novo uso.
Aquí vedes algún dos pasos que seguimos ata conseguir as novas mesas.
Desmontar os marcos exteriores
Limpar a mesa.
Atornillala á estructura metálica e de madeira.
E finalmente colocar as redes, e material de xogo (raquetas e pelotas).
O venres 6 de marzo asistimos en Santiago a unha xornada teórico-práctica da "orientación no ámbito escolar". Os membros da FEGADO ( Federación Galega de Orientación) comprometéronse a elaborar un plano da contorna do noso centro para poder realizar actividades de orientación. Con este material e a nosa elección desta modalidade lúdica no XOGADE agardamos que o alumnado poida desfrutar deste deporte nos vindeiros meses.
Imaxe dunha das actividades de orientación (laberinto).
Como colofón ao Torneo que levamos a cabo durante os recreos de xaneiro e febreiro, decidimos participar nesta actividade organizada polos compañeiros de A Estrada. Desprazámos 5 alumnos de cada categoría e modalidade: alevín/ benxamín, maculino/feminino.
Xa sabemos da importancia de traballar as habilidades motrices básicas na Primaria. Do mesmo xeito, nos últimos anos estase a observar un aumento do sedentarismo na poboación infantil. E por iso que decidimos realizar varias sesións na que o alumnado trouxo todo tipo de patíns.
O atletismo é un deporte que inclúe moitas modalidades. É por iso que permite ao praticantes experimentar distantas probas para avaliar o seu rendemento. Nós estivemos, un ano máis, nas pistas de Cuntis para participar nas probas de 4x60m (relevos), 60 m lisos, lanzamento de peso e vórtex, salto de lonxitude e 500 m. Acudimos con dous equipos que competiron contra outros colexios da contorna.
O Clube Keltoi de Vila de Cruces achegouse ao noso centro para darnos a coñecer algunhas caracterísitcas deste deporte. Puidemos realizar distintos xogos que despois nos serviron para participar por equipos no CEIP Pérez Viondi.
Aquí tedes algunhas fotos do día que viñeron a Codeseda.
A continuación vedes as probas o día que competimos co Ceip Pérez Viondi de A Estrada
Para traballar os xogos populares galegos, os nenos e nenas de 5º e 6º curso prepararon varias sesións para os alumnos/as de infantil. Esta actividade tivo tres fases :
_ Búsqueda de información.
_ Práctica dos xogos e creación do material preciso con elementos de refugallo.
Dentro do PDC decidimos iniciar ao alumnado de infantil na Educación Vial. Preparamos un divertido xogo no que simulaban distintos papeis: vehículos, peóns, policías, etc. Foi un primaira introdución que resultou moi satisfactoria.