EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL (semana do 13 ao 19 de abril) |
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL (semana do 14 ao 19 de abril)
ALGÚNS DOS TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO (Pincha na imaxe)
|
EDUCACIÓN FÍSICA 1º e 2º (semana do 13 ao 19 de abril) |
ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA 1º e 2º (Semana do 14 ao 19 de abril)
ALGÚNS DOS TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO (Pincha na imaxe)
|
MOVÉMONOS COA MÚSICA II |
RETO 3º e 4º: MÚSICA – EDUCACIÓN FÍSICA
Para esta semana temos un novo reto, no que combinamos as áreas de Música e Educación Física. Antes de empezar le as instrucións e logo practica.
1º Comezamos quecendo un pouco. Imita o vídeo: https://youtu.be/O1bzuFFUq44
2º Temos que facer o ritmo correspondente á parte A da Muiñeira de Pontesampaio, que aprendemos a semana pasada. Para isto precisamos unha raqueta e unha pelota. Mirade o vídeo para entender mellor a actividade: https://youtu.be/tmYHBFJtIes
Escoitade varias veces o audio antes de comezar a practicar. https://www.dropbox.com/s/yaekgnbg8tqixc0/AUD-20200415-WA0009.mp3?dl=0 Hai unha introdución de 8 pulsos antes de empezar a realizar a actividade.
Tedes ata o 23 de abril para enviarlle á profe Carmen un vídeo como o da profe Irene. Se aínda non o tes, pídelle o correo a túa titora.
AUDIO PARTE A
3º Para rematar a sesión estiramos. Sigue o vídeo: https://youtu.be/yKDnOyKvzg8
INFORMACIÓN
"Muiñeira de Pontesampaio"
Grupo MILLADOIRO
Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.
Para máis información do grupo e ver algún vídeo visita a páxina:
https://milladoiro.gal/
Saúdos, saúde e moito ánimo!!!
Irene e Carmen.
|
MOVÉMONOS COA MÚSICA II |
RETO 5º e 6º: MÚSICA – EDUCACIÓN FÍSICA
Para esta semana temos un novo reto, no que combinamos as áreas de Música e Educación Física. Antes de empezar le as instrucións e logo practica.
1º Comezamos quecendo un pouco. Imita o vídeo: https://youtu.be/wyM4dvh-h2c
2º Traballamos con raqueta e pelota (lembrade que poden ser feitas por vós). O máis importante é seguir o ritmo. Mirade o vídeo da profe Irene e facede o mesmo: https://youtu.be/eMY6GD6lsUo
Esta é a representación do ritmo:
|
Corresponde á parte B da canción “Jump in the line”.
Jump in the Line (Shake, Senora) é unha canción de calipso (xénero musical afrocaribeño orixinario de Trinidad e Tobago, moi popular nas illas do Caribe de fala inglesa e francesa. Tamén é popular en Costa Rica, Hondoras, Panamá, México, Perú ou Ecuador. A súa peculiaridade é que fai uso como instrumento principal duns tambores metálicos, fabricados a partir de barrís de petróleo reciclados) cantada por Harry Belafonte e composta por Lord Kitchener .
Aquí vos deixamos a música da PARTE B:
https://www.dropbox.com/s/89cijezl0jg0qzq/Reto%205%C2%BA%206%C2%BA%20raqueta.mp3?dl=0
No seguinte enlace podedes escoitar a canción enteira interpretada por Harry Belafonte:https://www.youtube.com/watch?v=kMXBJW1PuU8
Tedes ata o 24 de abril para enviarlle á profe Carmen un vídeo como o da profe Irene.
3º Para rematar a sesión estiramos. Sigue o vídeo: https://youtu.be/F4Qlv8ywWKA
Saúdos, saúde e moito ánimo!!!
Irene e Carmen.
|
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL 1º E 2º |
INFANTIL, 1º E 2º (Semana do 20 ao 26 de abril)
Esta semana seguimos movéndonos e traballando a lateralidade (dereita/esquerda) ademais do adiante e atrás.
Podes xogar comigo:
Para infantil: https://youtu.be/vs8LVQkCwhw
Para 1º e 2º: https://youtu.be/7LjYCah1Nms
Para 1º e 2º Lateralidade: https://youtu.be/t-eb97KLIo8
(Se podes envíame a túa proposta para o xogo. Por exemplo: 1 Rosa, 2 laranxa, 3 verde, 4 azul)
Saúdos, saúde e movédevos moito!
PROPOSTAS DO ALUMNADO
(Fai clik na imaxe)
|
EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º _ Muiñeira hip hop (Do 23 ao 30 de abril) |
EDUCACIÓN FÍSICA _ MUIÑEIRA HIP HOP
(Actividades do 23 ao 30 de abril)
Esta semana imos aprender varios pasos para crear a “muiñeira hip hop” que estabamos a inventar na clase. Facédeo o mellor que poidades e enviádeme de volta os vídeos cos pasos que vos pido para facer unha montaxe coas vosas aportacións.
Para empezar comezamos quecendo un pouco todo o corpo. Sígueme!
https://youtu.be/GnImsMSsxXI
Agora xa estamos preparados para aprender os pasos:
1º paso: https://youtu.be/7wliLhkPcZM
2º paso: https://youtu.be/HCAh7OKcpoE (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo: https://youtu.be/UZfqGIaDsnQ )
3º paso: https://youtu.be/nCK5zaacyIM (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo: https://youtu.be/vNlSIJTOqa8 )
Cando che saian ben os pasos envíame un vídeo con cada un. Usade o meu correo electrónico (se aínda non o tedes pedídello á titora. Quen teña o meu teléfono pode enviarmo por wathsapp).
Para terminar estiramos un pouco:
https://youtu.be/oEnaCyGf_4s
Saúdos, saúde e móvete moito!
Carmen.
|
EDUCACIÓN FÍSICA 5º e 6º (do 24 de abril ao 8 de maio) |
EDUCACIÓN FÍSICA _ MUIÑEIRA HIP HOP
(Actividades do 24 de abril ao 8 de maio)
Como o 1 de maio é festivo tedes 2 semanas para aprender varios pasos para crear a “muiñeira hip hop” que estabamos a inventar na clase. Facédeo o mellor que poidades e enviádeme de volta os vídeos cos pasos que vos pido para facer unha montaxe coas vosas aportacións. Tedes de prazo ata o 8 de maio. Abro tamén unha tarefa para que poidades enviarme a través do EDIXGAL (o eva) os vídeos.
Para empezar comezamos quecendo un pouco todo o corpo: https://youtu.be/9qS-fQuifnM
Agora xa estamos preparados para aprender os pasos:
1º paso: https://youtu.be/h-b2TGBX3XA
2º paso: https://youtu.be/PJpdCMmvT1c
3º paso: https://youtu.be/pgQfXcQ-oGU (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo:https://youtu.be/44LxfM6vDuA Se che resulta moi complicado fai este outro: https://youtu.be/ZI9PM8z2WLY )
4º paso: Pensa nun equilibrio e grávate facéndoo (pode ser de 2, 3 ou 4 apoios).
5º paso: practica un xiro e envíamo.
6º paso: https://youtu.be/PIuUF_xGAQQ
Comeza polo primeiro paso e cando che saia ben envíame un vídeo a través do Edixgal (o eva), ou por correo electrónico ou por wathsapp se tes o meu número. Avísame con unha mensaxe polo Edixgal. Logo fai o 2º paso e envíamo, e así sucesivamente.
Para terminar estiramos un pouco: https://youtu.be/cesbI_YUjno
Saúdos, saúde e móvete moito!
Carmen.
|
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL, 1º e 2º (Semana do 27 de abril ao 3 de maio) |
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL, 1º e 2º.
(Semana do 27 de abril ao 3 de maio)
Esta semana imos a realizar varias tarefas. Comezamos con un baile para traballar ritmo e lateralidade. Seguimos con un xogo de lanzamento. Logo temos 4 pasos de baile para crear entre todo co colexio unha “muiñeira con ritmo de hip hop” para o día das letras galegas e dentro do Proxecta no que estamos inmersos (Proxecto Deportivo de Centro: “Vida activa”). (Pode participar tamén a familia e entendemos que se se gravan nos están a dar permiso para subir o vídeo a web do colexio). Por último, estiramos un pouquiño.
QUECEMENTO: https://youtu.be/mHEbQYXT35w (Imítame pero non fagas un vídeo)
XOGO: “Lanzo, lanzo e a bañeira alcanzo”: https://youtu.be/n3DiK_Otm5A (Se podes envíame unha foto ou un pequeniño vídeo para ver que ven lanzas coa man dereita e coa man esquerda)
1º paso: https://youtu.be/8p1sEewDrZQ (Se podes fai un vídeo e envíamo)
2º paso: https://youtu.be/-2HdFsZt_0g (Se podes fai un vídeo e envíamo)
3º paso: https://youtu.be/irhmAqT0Mcw (Se podes fai un vídeo e envíamo)
4º paso: https://youtu.be/rALIJtuA46c (Se podes fai un vídeo e envíamo)
Para rematar estiramos un pouco: https://youtu.be/YH9Q82EWsbs (Imítame pero non graves un vídeo)
Espero que o pasásedes moi ben
Saúdos, saúde e a moverse moito!
Carmen
|
DÍA INTERNACIONAL DA DANZA |
Hoxe é o "Día Internacional da Danza", así que vos deixo algunha ideas para que vos movades con moito ritmo:
-
-
-
-
A Xaneliña bailada por alumnado de infantil, 1º e 2º do CEIP Cabada Vázquez: (pincha na imaxe)
Bailade moito e pasádeo moi ben!
|
EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º (30 de abril) |
EDUCACIÓN FÍSICA 3º E 4º
(Clase do 30 de abril)
Nesta sesión imos a rematar coas actividades relacionadas coa “muiñeira hip hop”.
Comezamos quecendo:https://youtu.be/IH2ZbU2i9qI (Imítame para quentar os músculos e prepararnos para os exercicios)
Agora vamos a facer equilibrios e xiros:
- Equilibrio 1: https://youtu.be/GI944XCTL3E (Imítame e se podes grava un vídeo e envíamo de volta).
- Equilibrio 2: Inventa un equilibrio e envíame un vídeo, se podes.
- Xiro 1: https://youtu.be/cmNNkkTxqmc (Imítame e se podes grava un vídeo e envíamo de volta).
- Xiro 2: Inventa un xiro e envíamo, se podes.
Tes ata o 5 de maio para enviarme os vídeos.
Por último, estiramos un pouco. Sígueme! https://youtu.be/qft7Spb5KG4
Saúdos, saúde e móvete moito!
Carmen
|
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL (Semana do 4 ao 10 de maio) |
|
EDUCACIÓN FÍSICA 1º e 2º (Semana do 4 ao 10 de maio) |
EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º _ XOGOS TRADICIONAIS
(Semana do 4 ao 10 de maio)
Esta semana vamos a recordar algúns xogos tradicionais de Galicia.
Os xogos tradicionais son aqueles que se transmiten de xeración en xeración, por iso o primeiro que debedes realizar é unha pequena ficha sobre un xogo ao que xogaba algunha das persoas maiores coas que vives.
Escribe nunha folla os seguintes datos e cúbreos:
Nome e curso:
Nome do xogo:
Materiais necesarios:
Explica como se xoga (regras, lugar onde se xoga,…):
Foto ou debuxo xogando:
Cubre estos datos nunha folla, sácalle unha foto e envíama de volta.
Agora vamos a realizar un pouco de exercicio físico:
- Comezamos quecendo os músculos coa música “Brinca Vai!” de Paco Nogueiras:https://youtu.be/jI7f65ZWfm0
- Logo practicamos algún xogo tradicional. Escolle os que queiras:
o Mariola: https://youtu.be/RvnjOwGB3Mo
o Saltar á corda: https://youtu.be/DgIuBRU2a-c
o Sete e medio: https://youtu.be/a62gY2-SC20
o Xogos coa goma, por exemplo “Chicle”: https://youtu.be/8ZnljrmaUks
o As chapas: https://youtu.be/qD-vM89phsE
Escríbeme ou envíame unha foto do que máis che gustara.
- Por último, relaxámonos facendo un pouco de ioga. (Lembrades que na clase de emocional estabamos traballando a atención e unha das cousas que faciamos era ioga. O ioga sérvemos para concentrarnos, mellorar a atención, traballar o equilibrio, e moitas cousas máis). A ver se es capaz de facer todas estas posturas: https://youtu.be/u0vTvMh1I04
Escolle unha das postura de ioga, saca unha foto facéndoa e envíama de volta.
Saudiños, saúde e móvete moito!
|
EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º (7 de maio) |
|
EDUCACIÓN FÍSICA 5º E 6º (Día 8 de maio) |
|
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL (Do 11 ao 24 de maio) |
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL
XOGOS TRADICIONAIS II - LETRAS GALEGAS
(Do 11 ao 24 de maio)
|
EDUCACIÓN FÍSICA E PLÁSTICA 1º e 2º (Do 11 ao 24 de maio) |
EDUCACIÓN FÍSICA E PLÁSTICA 1º e 2º
XOGOS TRADICIONAIS II - LETRAS GALEGAS
(Do 11 ao 24 de maio)
|
EDUCACIÓN FÍSICA e PLÁSTICA 3º e 4º - XOGOS TRADICIONAIS II |
EDUCACIÓN FÍSICA E PLÁSTICA
XOGOS TRADICIONAIS II - LETRAS GALEGAS
(Do 14 ao 28 de maio)
|
EDUCACIÓN FÍSICA E PLÁSTICA 5º e 6º (Do 15 ao 29 de maio) |
XOGOS TRADICIONAIS II E PLÁSTICA
(Do 15 ao 29 de maio)
|
LETRAS GALEGAS - PDC (Proxecto deportivo de centro) |
LETRAS GALEGAS
PRESENTACIÓN
VÍDEO
|
LETRAS GALEGAS - XOGOS TRADICIONAIS - PDC |
LETRAS GALEGAS - XOGOS TRADICIONAIS - PDC
Dende Educación Física e Plástica, e en relación co noso Proxecto Deportivo de Centro, propuxemos realizar xogos tradicionais para adentrarnos na nosa cultura e celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Podemos resumir o traballo do alumnado e das súas familias nos seguintes vídeos. Gozade deles!
INFANTIL, 1º e 2º
3º e 4º
5º e 6º
|
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL, 1º e 2º |
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL, 1º e 2º
Lembra que tes esta semana para rematar o teu xogo tradicional.
Se me envías unha foto engádoa no vídeo das “Letras Galegas - Xogos Tradicionais – PDC”
As persoas que remataron poden practicar calquera dos xogos tradicionais que propuxen nas dúas últimas semanas ou outro que lles ensine a súa familia.
Recorda quecer e estirar. Utiliza os vídeos das dúas últimas semanas.
Saúdos, saúde e móvete moito.
|
EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º (21 de maio) |
EDUCACIÓN FÍSICA 3º E 4º
Lembra que tes esta semana para rematar o teu xogo tradicional.
Se me envías unha foto engádoa no vídeo das “Letras Galegas - Xogos Tradicionais – PDC”
As persoas que remataron poden practicar calquera dos xogos tradicionais que propuxen nas dúas últimas semanas ou outro que lles ensine a súa familia. Recorda quecer un pouco podes mirar os vídeos das últimas dúas semanas.
Ademais, para relaxarnos e seguir traballando aspectos de educación emocional vamos a respirar como a serpe. Mira este vídeo e imítame: https://youtu.be/7bKMWqBKPgM
Saúdos, Saúde e Móvete moito!
|
EDUCACIÓN FÍSICA (Do 25 ao 29 de maio) |
EDUCACIÓN FÍSICA - EDUCACIÓN VIARIA
(Pincha na foto para ver as actividades)
RESPOSTAS DO ALUMNADO
(Pica na imaxe para ver o vídeo)
|
EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º (28 de maio) |
EDUCACIÓN FÍSICA - EDUCACIÓN VIARIA
(NOTA: Os traballos que fóchedes entregando dos Xogos Tradicionais xa se engadiron aos vídeos da semana pasada)
|
EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL, 1º e 2º |
EDUCACIÓN FÍSICA - EDUCACIÓN VIARIA II
INFANTIL, 1º e 2º (Semana do 1 ao 5 de maio)
|