Xuño 2022MELLORAMOS A NOSA FLEXIBILIDADEPara seguir traballando os contidos adquiridos nas sesións do MUSE adicamos unha sesión de Educación Física a dar continuidade ao aprendido nas mesmas. Para acadar este obxectivo usamos 2 dados: - un para as posturas básicas de ioga tales como: cobra, ponte, xoaniña, can, triángulo e a do golfiño. - e outro para adentrarnos no traballo por parellas do acrosport. Con un total de 6 posicións sinxelas e nas que se traballa a flexibilidade, equilibrio, coordinación, diálogo e a comunicación. Estas actividades foron moi motivadoras e dinámicas, participando e amosando un gran interés pola realización correcta das posturas. Seguide así campións!
( categories: )
|