Febreiro 2020

ENTROIDO

No CEIP Cabada Vázquez celebramos o entroido con moita ilusión. Nas últimas semanas creamos disfraces, partindo do lema da nosa biblioteca escolar deste curso: "PRÓXIMA MISIÓN: SEN PLÁSTICOS", buscando materiais que se puideran reciclar e utilizamos a temática do mar.

O alumnado e o profesorado participou de diferentes formas: cantando, bailando, regueifando despois dunha camiñata ata o pobo, para promocionar o noso PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC: XOGADE e Móvete +)

 

 

 

 

Ademais contamos coa colaboración das familias que nos acompañaron durante o desfile e nos deleitaron cunhas regueifas.

 

Foi un día especial que compartimos en familia toda a comunidade educativa.

 

CROSS PROVINCIAL- PDC- XOGADE.

O 1 de febreiro participou o alumnado clasificado na competición de "Campo a través" provincial, celebrada no parque de Castrelos, en Vigo.

O alumnado foi acompañado polas súas familias e a mestra de EF.