Novembro 2022

Comeza o mundial de fútbol en Codeseda!

Hoxe empezamos un mundial de fútbol moi particular!

Prolongarase durante toda a semana mediante a realización de distintas propostas relacionadas co deporte, onde se incrementarán os retos e a dificultade dos mesmos.

Para dar inicio a este evento lúdico-deportivo comezouse pola inaguración, festexandoa por todo o alto: acendido de antorchas, desfile de deportistas, actividades que precisaban de destrezas e habilidades técnicas, lanzamentos de precisión, equilibrios, carreiras de velocidade, coordinación dinámica xeral, coordinación óculo-podal e manual... etc.

Moitas gracias pola vosa participación e entusiasmo campións!

  

  

  

Un magosto moi movido!

O 8 de novembro levouse a cabo o magosto no centro escolar e aproveitando esta circunstancia, fixéronse dende a área de Educación Física e dentro do Proxecto Deportivo de Centro, unha serie de xogos proactivos relacionados coa temática do día.

Xogos moi diversos e divertidos onde a principal protagonista do día foi a castaña, pero tamén os múltiples usos físico deportivos que podemos facer con ela:

- xogamos de forma conxunta a pasala de un equipo a outro sen que se caera do paracaídas.

- fixemos unha carreira de relevos para sementala e apañala.

- apañámolas cos ollos pechados intentando coller o máximo número delas.

- tivemos que adiviñar en qué mans do compañeiro se escondía.

Foron propostas de xogos moi diferentes pero nas que se requería axilidade, velocidade, traballo en equipo e estratexia.

Moitos parabéns!

            

 

  

 

( categories: )

Bailamos con vasoiras polo Samaín!

O venres 28 de outubro, para conmemorar este día tan terrorífico, os discentes de 3º, 4º, 5º e 6º moveron o seu esqueleto realizando unha coreografía con vasoiras, deste xeito, non só debían de procurar a memorización dos pasos a seguir, senón tamén coordinalos coa súa nova compañeira "a vasoira".

Movémonos, activamos o noso corpo, coordinamos movementos do tren inferior e superior e añadimos o implemento da "vasoira", memorizamos os pasos a seguir, teatralizamos, pasalo moi mal e con moito medo... canto fixemos! aprendimos xogando pasando un anaco moi divertido.

Ata a seguinte chicos e chicas!

 

No seguinte link podedes ver o vídeo da conmemoración:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcabadavazquez/node/1234 

( categories: )

1ª carreira de orientación do Samaín.

Para conmemorar o Samaín dun xeito terrible e monstruoso realizamos a primeira carreira de orientación, na que participaron con gran éxito todos os alumnos e alumnas de primaria do colexio.

Deste xeito tan divertido coñeceron as normas básicas deste deporte, movéronse moi rapidamente para atopar cada unhas das pistas terroríficas, aprenderon a traballar en equipo para lograr un obxectivo común e pasárono tremendamente ben.

Moitas gracias pola participación e por respectar as normas do xogos, para o ano máis e mellor campións!

 

 

( categories: )