Abril 2024

Encontros Multideportivos 3º e 4º de E.P.

O xoves 25 de abril de 2024 tivemos unha xornada de Encontros Multideportivos con alumnado de 3º e 4º de Primaria doutros centros educativos da zona. Esta actividade deportiva está incluída no Plan de Vida Activa e Deportiva de Centro, no apartado de XOGADE.

Os nenos e nenas de 3º de Primaria estiveron xogando ao brilé formando equipos de 10 con alumnado de distintos centros. Cada 8 minutos rotábanse os equipos para enfrentarse a outro diferente polo que ao rematar a xornada, case todos os participantes xogaron entre sí.

 

                        

Para 4º de Primaria, como se ven realizando dende fai anos, fixéronse partidos de bádminton. Neste caso os equipos estaban formados por 5 integrantes do mesmo cole, polo que no noso centro fixemos 3 equipos. Cada equipo xogaba de forma individual, un por un, cos integrantes doutro equipo. As partidas eran de 5 minutos polo que cada neno/a xogou varios partidos nesta xornada. Os árbitros dos encontros eran alumnos/as de 6º de Primaria de coles de A Estrada.

 

      

 

Ao rematar a xornada regresamos ao cole cun sorriso inmenso polo ben que o pasamos. O deporte é alegría, compañeirismo, ilusión e paixón. Noraboa deportistas!!! Risa

 

 

 

 

Día da Educación Física na Rúa

Enviado por jairo o Xov, 18/04/2024 - 15:14

Este martes 16 de abril celebramos o Día da EF na Rúa. Baixo o lema de “A Educación Física e saúde mental”, o alumnado de 5º e 6º de Primaria foi á praza do concello para realizar unha sesión de Educación Física alí, co obxectivo de concienciar da importancia do exercicio físico na nosa saúde tanto física como social e mental.

A esta celebración acudiron nenos e nenas de distintos coles e institutos da comarca. O noso alumnado estivo durante esta sesión xogando cos rapaces/as do CEIP Manuel Villar Paramá, de Vea.

 

                 

 

 

Foi, sen dúbida, unha das mellores sesións de Educación Física que tivemos durante o curso. Pasámolo xenial, coñecemos a compañeiros/as doutros coles e visibilizamos a importancia do deporte no día a día. Todo un éxito!!! Sorriso

 

                   

 

 Saímos na prensa Guiño

https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2024/04/17/gimnasio-pared...