Novembro 2023Chegou o Magosto!Enviado por jairo o Sáb, 11/11/2023 - 17:01
Case sen tempo de recuperarnos do Samaín, celebramos este venres 10 de novembro o Magosto. E se falamos do Magosto, temos que falar de castañas e dos xogos populares. Así mesmo, organizamos todos xuntos unha xornada de xogos tradicionais. Dividímonos en 7 grupos, 2 de Ed. Infantil e 5 de Primaria e fixemos 7 estacións para 7 xogos populares: a chave, a culler, os bolos, a raia, carreira de sacos, o ferrón e a comba. Cada grupo, dispoñia duns 10-15 min para xogar a cada xogo popular; cando se dicía cambio, todos cambiamos para pasar ao seguinte xogo. Traballamos os lanzamentos, a axilidade, os saltos e sobre todo o compañeirismo e a cooperación. Xornada deportiva, xornada divertida! E para rematar e recuperar forzas, comemos as castañaaaas!
( categories: )
Coreografía de Samaín 2023-2024Enviado por jairo o Xov, 09/11/2023 - 20:16
O martes 31 de outubro celebramos no noso cole o Samaín. E qué mellor maneira que facendo obradoiros terroríficos? Tivemos obradoiros de manualidades, de cociña, de decoración de cabazas e de baile. No obradoiro de baile, os nenos e nenas de Ed. Infantil e de 1º e 2º de Primaria realizamos unha coreografía aterradora, onde puidemos traballar a expresión corporal. Versionamos en galego e bailamos a canción de "Bien es halloween", de Luli Pampín. Pasámolo terrorificamente ben!
( categories: )
|