O xoves 25 de abril de 2024 tivemos unha xornada de Encontros Multideportivos con alumnado de 3º e 4º de Primaria doutros centros educativos da zona. Esta actividade deportiva está incluída no Plan de Vida Activa e Deportiva de Centro, no apartado de XOGADE.
Os nenos e nenas de 3º de Primaria estiveron xogando ao brilé formando equipos de 10 con alumnado de distintos centros. Cada 8 minutos rotábanse os equipos para enfrentarse a outro diferente polo que ao rematar a xornada, case todos os participantes xogaron entre sí.
Para 4º de Primaria, como se ven realizando dende fai anos, fixéronse partidos de bádminton. Neste caso os equipos estaban formados por 5 integrantes do mesmo cole, polo que no noso centro fixemos 3 equipos. Cada equipo xogaba de forma individual, un por un, cos integrantes doutro equipo. As partidas eran de 5 minutos polo que cada neno/a xogou varios partidos nesta xornada. Os árbitros dos encontros eran alumnos/as de 6º de Primaria de coles de A Estrada.
Ao rematar a xornada regresamos ao cole cun sorriso inmenso polo ben que o pasamos. O deporte é alegría, compañeirismo, ilusión e paixón. Noraboa deportistas!!!