Educación física

Conmemoración día da Educación Física

O 28 de abril é un día especial para a Educación física e non podíamos deixar de celebralo!

 

No noso colexio conmemorámolo realizando varios retos físico-deportivos co obxectivo de achegar aos alumnos/as a ampla gama de actividades que abarca a Educación física, moito máis que o fútbol, correr...

Gracias nenxs por ser tan participativxs, por gozar e demostrar que o tempo pasa volando facendo actividade física!

 

       

 

 

DESPEDIDA - BO VERÁN

DESPEDIDA

Rematou o curso e rematou o meu traballo en Codeseda. Foi todo un pracer compartir convosco estes dous anos e, quérolle dar as grazas a todas e todos os que participáchedes nas clases de Educación Física online, incluídas as familias.

Deixo un último traballo que me enche de ledicia e que resume o que fixemos no último trimestre. Moitas gracias Melania!

Unha forte aperta virtual e bo verán Codeseda.

 

EDUCACIÓN FÍSICA (TODOS OS CURSOS)

Como todos os anos o último día de clase facemos xogo libre, así que esta semana podedes practicar os xogos que máis vos gustaron ao longo do curso, ou calquera outro que coñezades.

Non é necesario que me enviedes nada, pero se alguén quere enviarme algo aquí estou.

Ao longo da semana irei subindo á web os últimos traballos que fixéchedes de educación viaria.

Espero que teñades un bo verán.

Saúdos, saúde e móvete moito!

MUIÑEIRA DE PONTESAMPAIO

Este é o resultado do traballo realizado coa actividade MOVÉMONOS COA MÚSICA!!

MOITOS PARABÉNS RAPAZAS E RAPACES!!!

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL, 1º, 2º, 3º e 4º - DÍA DA NATUREZA E DOS OCÉANOS

 

“A HORA DA NATUREZA”

 

EXISTEN MOITOS XOGOS E DEPORTES QUE SE PODEN E DEBEN PRACTICAR NA NATUREZA, POR ISO PARA ESTA SEMANA, QUEN NON O FIXERA XA, DEBE ENVIARME UNHA FOTOGRAFÍA OU IMAXE CUN LEMA A FAVOR DO COIDADO DA NATUREZA.

O lema debe empezar por “É HORA DE…”, por exemplo: “É HORA DE RECICLAR” acompañando unha fotografía tirando o lixo no seu contedor correspondente.

 

Aquí podes ver a tarefa colgada na web do colexio: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcabadavazquez/node/968

 

Saúdos, saúde e móvete moito!

 

Distribuir contido