Skip to Content

Club de Ciencia

Obradoiro espacial

No primeiro trimestre do curso contamos coa empresa Vermislab para facer un obradoiro espacial. O obradoiro dividiuse en varias partes ao longo dun día. Nunha primeira parte o alumnado tivo a oportunidade de modelar o seu propio foguete en 3D empregando a aplicación 3D. Na segunda parte o alumnado puido construír o seu foguete empregando unha botella de plástico xunto con outro material de refugallo. A continuación programaron os robots Mbots para recoller o lixo espacial que se xera e, finalmente, no exterior do centro, os alumnos tiveron a ocasión de asistir ao lanzamento espacial dos seus foguetes (por presión da auga) e comprobar cal voaba mellor.

Álbum: STEM 2020-2021 -> Obradoiro espacial

Actividades Club de Ciencia 5º

Transformación sal

Deixamos uns grans de sal pechados durante un tempo para poder observar como despois se transformaban a estado líquido polo vapor da auga.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Transformación sal

Moeda invisible

Coñecemos o que é a refracción cunha moeda e un vaso de auga. Na primeira parte metemos a moeda nun vaso de auga e grazas a luz reflectida puidemos seguir vendo a moeda. Na segunda parte colocamos a moeda baixo o vaso con auga e a moeda desaparece porque non vemos a súa refracción.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Moeda invisible

Xogamos coas densidades

Empregando varios recipientes vertemos auga en todos eles con distintas cantidades de azucre, logo introducimos elementos (cravo, tapón cortiza, cacahuete...) para pescudar cales teñen máis densidade.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Xogamos coas densidades

Extracción clorofila

Con alcohol e un morteiro extraemos os pigmentos das follas dunha planta. Colocamos unha tira de papel poroso e puidemos analizar como os pigmentos da folla ían ascendendo pola folla e deixando ver distintas cores. Esta técnica coñécese como cromatografía.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Cromatización

Tinta invisible

Con zume de limón fixemos as nosas propias mensaxes ocultas para logo poder visibilizalas cunha fonte de calor.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Tinta invisible

Correntes térmicas

Con dous tarros de auga, un quente e outro frío, puidemos observar como a auga quente ascende e a fría queda abaixo. Isto permitiunos saber sobre as correntes térmicas e o funcionamento dos globos aerostáticos.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Correntes térmicas

Engrenaxes

Aprendemos como funciona un engrenaxe construíndo a nosa propia maqueta. Un disco que xira de forma horizontal arrastra a outro disco facendo que xire un boneco colocado sobre un escarvadentes vertical.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Engrenaxes

Polimerizando a neve

Grazas á Aula das Curuxas coñecemos o proceso químico da polimerización. Descubrimos a súa función grazas aos cueiros e tamén soubemos do seu uso nos traxes dos astronautas. Finalmente creamos neve para ver como se producía esta reacción química.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Polimerizando a neve
Distribuir contido


by Dr. Radut