Skip to Content

Programa de seccións bilingües

Dende o curso 2015-2016 o CEIP Ben-Cho-Shey está a formar parte da nova rede de centros con seccións bilingües.

A sección bilingüe vixente na actualidade son:

  • Educación Plástica en 2º curso de Educación Primaria.

Mª Isabel Blanco Pumar, mestra especialista en inglés con destino definitivo no centro é a encargada de impartila. Continúa como coordinadora das seccións Esther Montecelo.

Formarán parte do equipo docente do programa as dúas mestras xa mencionadas anteriormente máis a auxiliar de conversa adscrita ao centro Kimiko Kasama.

O equipo de docentes reunirase con periodicidade mensual para revisar o traballo realizado, establecer as medidas de apoio e reforzo necesarios, planificar o traballo do auxiliar de conversa e programar distintas actividades complementarias e extraescolares.



page | by Dr. Radut