Os nenos e nenas de 1º B fixeron este experimento. Para iso precisaron:
- papel de aluminio
- un globo
- la
- celo
Colocaron o papel de aluminio facendo un cadrado Fixeron boliñas con outro pedazo de papel de aluminio e colocáronas enriba dese cadrado.Inflaron un globo e frotárono contra a la. Aproximaron o globo ás boliñas de alumnio e viron como saltaban e como se movían.
Ao frotar o globo cargouse de electricidade e ao aproximalo ao aluminio fixo que se moveran esas boliñas. Todo debido a electricidade estática. O globo actuou coma un imán atraendo as boliñas.