O alumnado de 5º de primaria estivemos facendo un experimento para explicar o fluído no Newtoniano.
Materiais:
-1 bol
-1 espátula
-maicena
-auga
Mesturamos a maicena coa auga e movemos ata crear unha masa. Aplicamos varias forzas, de diferentes intensidades sobre o líquido xa preparado, sempre en dirección perpendicular ao fluído.
Observamos o que ocurre cando presionamos, tocamos, amasamos.
Explicación: o fluido non newtoniano é aquel cuxa viscosidade varía coa temperaura e coa tensión cortante. A tensión cortante serían as forzas que fan que o fluído se desplace. A viscosidade aumenta tanto que se comporta como si se tratara dun sólido, volvéndose resistente.