Skip to Content

4- Reacción entre bicarbonato de sodio e azucre (a serpe do faraón).

4.- Reacción entre bicarbonato de sodio e azucre (a serpe do faraón).

A «serpe do faraón» é un experimento químico co que observamos a reacción de combustión e deshidratación  co que se libera calor. Para facer este experimento  agregamos unha cullerada de bicarbonato sódico e catro de azucre no recipiente para mesturar e removemos coa mesma culler ata conseguir unha mestura homoxénea. É importante que as medidas coa culler sexan similares. Ademais hai que comprimir e compactar moi ben a mestura, facendo pastillas utilizando o colo da botella. saen unhas 4 pastillas. Sobre un papel de aluminio agregamos unha boa cantidade de area, formando unha especie de montaña. Cunha cucharita, esmagamos a area no centro e facemos un pequeno buraco. A area non se queima, polo que se considera un illante e ademais produce o efecto de que a serpe sae da area. Finalmente, esparexemos ben a area con alcol e depositamos as pastillas de azucre e bicarbonato que fixemos previamente xusto no buraco. A reacción iníciase cando acendemos (con coidado) o alcol cun encendedor. E xa listos, imos invocar “ a serpe”.

A idea é que a medida que o azucre se queima, a serpe “crece” grazas aos gases desprendidos ao descompoñerse o bicarbonato de sodio.

Por que saen unhas serpes negras da area ? Por acción da calor, o azucre descomponse en vapor de auga e carbono, que é o elemento que dá a coloración negra á “serpe”. Paralelamente, o bicarbonato sódico descomponse en carbonato de sodio, vapor de auga e dióxido de carbono. O interesante desta reacción é a combinación de dous procesos simultáneos: a “caramelización” do azucre pola calor durante a combustión e ao mesmo tempo o desprendemento de gases tanto do azucre como do bicarbonato sódico debido á descomposición térmica do bicarbonato sódico que producen o “crecemento” da serpe do faraón.

Podemos dicir en palabras sinxelas que “o corpo da serpe” prodúcese pola deshidratación do azucre e durante o crecemento da serpe “aliméntase” dos gases desprendidos pola descomposición do bicarbonato sódico.

Con este experimento os nenos e nenas de terceiro aprendemos:

- A distinguir cambios químicos que se producen na materia durante unha reacción química. Se é irreversible, unha vez acabada, a aparencia da materia non volve ao seu estado inicial.

 

- A realizar unha reacción química de deshidratación e combustión con materiais da vida cotiá que atopamos no supermercado.

Álbum: STEAM 23-24 -> 4-Reacción entre bicarbonato de sodio e azucre.


album | by Dr. Radut