Skip to Content

INVESTIGAMOS A MATERIA

Investigamos a materia

Os rapaces de 5º poñen en práctica os conceptos adquiridos con relación á materia.

 

  1. Empregan a balanza de pesos e a báscula dixital para averiguar que cantidade de azucre necesitan para chegar ós 250g.

  2. Miden o volume que ocupa unha pelota dentro dun vaso de precipitados que contén 200ml de auga. Observan como o nivel de auga sube a 250ml o engadir a pelota. Ó facer o cálculo conclúen que a pelota pesa 50 gramos, é dicir, ocupa un volume de 50ml.

  3. Comparan as densidades dunha canica e un corcho. Tamén comparan as densidades de dúas pelotas. Unha compórtase coma unha pedra (afúndese), e a outra compórtase coma un flotador ou burbulla de praia.

  4. Comparan como se comportan diferentes materiais ó aplicárselles unha forza.Así descubren as diferentes durezas do plástico, e a diferenza entre os corpos elásticos (goma elástica e globo) e os corpos plásticos (botella de plástico, tubo de plástico deformable e plastilina). 

Álbum: STEAM 22-23 -> 27- INVESTIGAMOS A MATERIA


album | by Dr. Radut