Skip to Content

Cristalización da sal común.

Cristalización da sal común.

O obxectivo é separar unha mestura homoxénea polo método de cristalización e observar macroscópicamente a formación dun cristal de cela cúbica a partir dunha disolución de NaCl en auga.

Nun vaso con pouca auga (1 ou 2 cm de altura do líquido), botamos sal e removemos ata que se disolva totalmente.

Imos engadindo máis sal, aos poucos e disolvéndoa ata alcanzar o punto de saturación no que xa non se disolve máis sal e empeza a formarse un pouso no fondo do vaso. Engadímoslle unhas gotas de colorante alimentario para poder ver mellor os cristais.

Deixaremos a disolución saturada en repouso, para que as sales se depositen.

 

Deixamos o recipiente nun lugar apartado, en repouso total e onde non lle dea o sol. Ao pasar os días iranse formando cristais microscópicos no fondo, que irán crecendo.

Álbum: STEAM 22-23 -> 25- CRISTALIZACIÓN SAL


album | by Dr. Radut