O TEMPO MADE IN BUEU

DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA

O 23 de marzo celébrase o DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA. Aproveitando que no noso centro contamos coa nosa propia estación meteorolóxica, grazas ao programa METEOESCOLAS, o alumnado de 4ºA elaborou o seu propio libro de aula con palabras galegas relacionadas co tempo. 

Agardamos que vos guste!

23 DE MARZO - DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL

 Hoxe celebramos o Día Meteorolóxico Mundial.

Para conmemoralo, o alumnado de quinto de primaria preparamos unha escolla das nosas fotografías e de refráns relacionados co tempo.

Premede nesta foto para ver o noso vídeo:

METEOESCOLAS - 4º

Ao longo destas dúas semanas, os nenos e nenas de 4º estivemos tomando nota sobre a evolución do tempo en Bueu, na nosa estación meteorolóxica. Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade.

O TEMPO 2ºB

O alumnado de 2º B visitou, durante unha semana do mes de decembro, a caseta meteorolóxica para recoller os datos climatolóxicos de cada día. Foi una experiencia moi interesante!

OBSERVAMOS O TEMPO

Durante o mes de novembro, o alumnado de 1º tivemos a oportunidade de observar o tempo na GARITA METEOROLÓXICA que hai no colexio e rexistrar os datos na corticeira do Bibliocastelo.

Ademais durante todo o trimestre estivemos moi atentos aos cambios de estación que se produciron e tamén aprendemos as cores do ARCO DA VELLA.

Agardamos con ansia que nos volva tocar revisar o tempo na primavera para ver os cambios que se produciron!

O Tempo na semana do 10 ao 16 de decembro

O curso de 2ºA fomos os encargados na semana do 10 ao 16 de decembro de recoller os datos do tempo. Por mor da abundante choiva e do temporal, so puidemos saír un par de veces a recoller os datos ata a caseta. Esperamos poder disfrutar mellor desta experiencia a próxima vez que nos toque.

POEMA DE INVERNO

Para conmemorear a chegada do inverno, e como broche final ao primeiro trimestre, o alumnado recita un poema de de Antonio Garcí a Teijeiro, dende os seus fogares.

Neste primeiro vídeo son nove as nenas e nenos que se animaron a gravarse. En días poteriores iremos publicando a os que se decidan.

 

O TEMPO MADE IN BUEU

A semana do 30 de novembro, os alumnos e alumnas de 1ºC foron os encargados de recoller e rexistrar os datos da estación meteorolóxica do colexio. Aprenderon un montón de cousas sobre o tempo e pasárono xenial axudando na recollida de datos que serán empregados por Meteogalicia.

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

MESTURA DE CORES

O pasado martes 24 de novembro, para celebrar o mes da ciencia en galego, os alumnos e alumnas de 1ºC fixeron un experimento chamado "Mestura de Cores". Este experimento consistiu en coñecer como a agua se despraza a través de canles minúsculos, neste caso, a través do papel de cociña. Ademais, aprenderon como se forman as cores secundarias ( laranxa, verde e morado) a partir das cores primarias (vermello, azul e amarelo).

Tivemos que seguir unha serie de pasos para preparar o experimento.  Logo, esperamos a que a auga se desprazase dos vasos que estaban cheos aos vasos baleiros e, finalmente, ollamos o resultado. Aquí tedes as fotos!!

 

Foi unha experiencia xenial!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SIMULADOR DE CHUVIA

Na clase de 1ºA tentamos simular a chuvia cuns materiais moi sinxelos e que os nenos e nenas viron deste xeito.

 

 

 

 

 

 

Gustoulles moito!

 

 

 

PROXECTO AS PLANTAS 4º

Nestre trimestre estivemos a traballar sobre o PROXECTO DAS PLANTAS, especialmente sobre aquelas que podemos atopar na nosa contorna.

PLANTACIÓN DE SEMENTES

 

SAÍDA DIDÁCTICA CON CADERNO DE CAMPO

Distribuir contido