Pequena historia

Un pouco da historia do centro

O actual CEIP Plurilingüe A PEDRA de BUEU naceu no curso 1971-72, como agrupación das escolas espalladas pola parroquia de San Martiño, coa denominación inicial de Colexio Público Mixto e Comarcal de Bueu 

Centro e vivendas colexio

O colexio é lugar de encontro coa realidade social reflectido na multitude de actividades que o longo dos anos da súa existencia van calando na memoria da comunidade escolar. Por nomear algunhas a modo de referente citaremos:  

-Aulas de Acuicultura (1986-95) que en colaboración co Confraría de Bueu e a Consellería de Pesca facíanse estudios do contorno mariño, da pesca, da ostra en batea e do marisqueo en xeral no só na aula senón no mare nas praias.  

-Publicacións de libros como a obra poética de Johan Carballeira en Cartafol de Poesía. Revistas escolares dedicadas unhasao mundo da cultura etnográfica e escolar como O Candile outras que recollen o facer e pensar dos nenos como Nuestra Voz, El churro, Anacos e a actualO Tinteiro de Papirus.

-Exposicións monográficas como “O mar do noso pasado” (cartografía, navegación,...), de fotografías como “Coñece os meus”, as “Etnográficas” (Letras Galegas), “Día do Libro”, etc. Outras exposicións son permanentes nas súas vitrinas como: A historia da industria conserveira de Bueu; artes de pesca, Ciencias da natureza. Parte dos seus fondos foron solicitados para ilustrar libros ou para exposicións do Museo do Pobo Galego (Exp. Internacional:'Vivir no Atlántico Norte'), Museo Massó e Museo do Mar de Vigo (‘100 anos de unión conserveira’), etc. 

Colaboramos coa sociedade en todos os ámbitos da cultura participando en moitos eventos culturais, etnográficos (Millo Corvo), deportivos e favorecendo nas súas instalacións Cursos de formación do profesorado para potenciar a actualización pedagóxica do mesmo cos cursos de lingua, ciencias sociais, informática etc. así como facilitando estas para cursos de Galego, Pintura, Gaita e Cantadeiras, de Entrenadores deportivos, Escola de Nais e Pais, Corais e un longo  etcétera. 

O colexio tende a dar unha ensinanza de calidade, o máis personalizada posible, activa, de equipos, ..., que potencie a creatividade e ensine a aprender, a consultar, a adaptarse os retos que nos depara o futuro e uso das novas tecnoloxía sempre coa participación activa e integrada da comunidade educativa xa que consideramos a comunicación dos pais e naisco profesorado moi importante polo que o CEIP A PEDRA de Bueu destina moitos dos seus esforzos  en fomentala.

 

 

 

Distribuir contido