Skip to Content

AULA VIRTUAL

BIBLIOTECA E EDLG

CURSO 1ºA 1ºB

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

E, unha vez máis, lembrando a canción de PACO NOGUEIRAS, que nos di “EN GALEGO TODO O PODO FACER!”, celebramos que EN GALEGO TAMÉN PODEMOS FACER CIENCIA!!!! POR SUPOSTO!!!!

A semana pasada visitamos a SALA DAS CIENCIAS do noso BIBLIOCASTELO!!! QUEDAMOS ABRAIADXS!!! Descubrimos toda clase de trebellos do máis interesantes relacionados co espazo, o corpo humano, as matemáticas.... mesmo un impresora  3D!!!

As profes leváronnos alí para desenvolver dous experimentos diferentes:

Xs alumnxs de 1º A, comprobamos como era posible lograr que un ovo flotase.

 Para o da flotabilidade empregamos os seguintes materiais:

  • ·                             2 ovo
  • ·                            6 culleradas de sal
  • ·                            Auga da billa
  • ·                             2 vasos
  • ·                            1 culler

 O experimento consistiu en comparar dúas situacións case iguais:

Botamos auga en dous vasos un ovo metido nun vaso con auga da billa e outro metido en auga con sal. Descubrimos que ao engadirlle o sal á auga, aumentaba a súa densidade (volvíase máis “espesa”) e facía que o ovo flotase. Parecía maxia!!!

Mirade que interesante!!!!

 Xs alumnxs de 1º B, convertemos un ovo nuha bóla que saltaba!!!

Tivemos que ter un pouco de oaciencia; pois, para ver o resultado do noso experimento tivemos que agardar varios días.

 O que nós fixemos foi meter un ovo nun vaso con vinagre.

Os materiais que empregamos foron:

  •      1 tarro de cristal
  •      1 ovo
  •      Vinagre

Case de inmediato, puidemos ver como empezaban a aparecer burbulliñas que nos indicaban que algo estaba a suceder na casca do ovo!

 

Despois de dous días de espera, descubrimos que se volvea branda e parecía que o interior do ovo se inchara. Ao sacar o ovo do vaso, comprobamos que parecía unha pelota saltarina!!!!

 

 

 

 ENCANTOUNOS!!!

A VER SE REPETIMOS AXIÑA!!

QUE VIVAN A CIENCIA E NOSA LINGUA!!!

 

 

 

 

 

ESTE MÉRCORES, TIVEMOS MAGOSTO!!!

Este mércores pasado, véspera de San Martiño, celebramos o MAGOSTO!

O día anterior, as profes explicáronno por que se celebra esta festa, cantamos cancións (O RAP DO MAGOSTO, de PACO NOGUEIRAS a petición de Diego), fixemos actividades interactivas e unha ficha con poemas, adiviñas e refráns.

Como xa sabedes, por mor da COVID, aínda non puido ser como nos gustaría a todxs, compartindo os espazos cxs compañeirxs de 1º e 2º; pero, polo menos, xs de 1º,si que estivemos xuntxs!! Como era ao aire libre... Iso si, con máscara e cumprindo os protocolos!!

 A iso das 11 baixamos ao patio a gozar dos Xogos Tradicionais que o profe José Ángel e a profe Goretti nos organizaron grazas, como cada ano, á ASOCIACIÓN CORREDOIRAS que, moi xenerosamente, nolos presta.

Pasámolo moi ben! Case todos, eran xogos de habilidade para os que había que atinar ben. Foi moi divertido! Iamos rotando polas distintas zonas nas que estaban distribuídos os xogos ata que... de súpeto, comezaron a soar uns foguetes atronadores que nos asustaron un montón! Menos mal que xa faltaba pouco para subir merendar; así que, as profes decidiron que era mellor ir para a clase.

Cando chegamos arriba, lavamos as mans, desinfectamos as mesas e , dalí a uns minutiños apareceu a profe Lina cunha caixa chea de castañas que nos asara Ramón. Estaban riquíííííísimas!!!!!

 Logo, xogamos na clase! Foi un día estupendo!!

Por certo, mirade que guapxs estamos coas coroas de castañas que fixeramos na clase de plástica coa profe Loli!

 

 MOITAS GRAZAS Á ASOCIACIÓN CORREDOIRAS, A RAMÓN, A JOSÉ ÁNGEL, A GORETTI, A LINA!!! O TRABALLO EN EQUIPO, SEMPRE DÁ BOS RESULTADOS!!!

 

FOMOS AO CORRELINUA!!!!

 

E como non hai dúas sen tres... o venres, ademais de SAMAÍN, tivemos CORRELINGUA!!!

Esta é unha festa que cada ano celebramos para compartir a ledicia de ter a lingua galega, para sentirnos orgullosxs dela, para mimala coma un tesouro, como o máis fermoso dos monumentos!!!

Porque, como di Paco Nogueiras:

“En galego falo, en galego sinto,

en galego canto. Sabes que non minto!

En galego todo podo facer,

en galego estou no mundo,

Meu o mundo é!”

Este ano, por mor da pandemia, a festa consistiu nun concerto que se celebrou no Centro Social do Mar e o noso foi o cole invitado!!! A rapazada doutros coles tivo que velo a través de Internet.

Asistimos 5º e 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Cantaba un grupo que se chama MÚSICA MIÚDA e presentaba  Fran Rey, un mago moi simpático que nos fixo algúns trucos abraiantes!!!!

 

CANTAMOS, BAILAMOS, cadaquén diante do seu asento para respectar os “grupos burbulla”, e pasámolo moi moi ben!!!

ENCANTOUNOS PARTICIPAR!!!

Ao rematar, agasalláronnos cunha mochila co deseño do cartel e o lema deste ano: “INMUNÍZATE CO GALEGO!!!”

Nesta ligazón que colgou o Concello na súa páxina pódese ver o concerto enteiro:

https://www.youtube.com/watch?v=JyD7gUR_XwQ

 

 

 

 

 

 

 

E CHEGOU A SAMAÍN!!!!

 

E CHEGOU O SAMAÍN!!

Vaia semana máis intensa...!!!
Como o venres celebrabamos o
SAMAÍN, Ao longo deses días fixemos actividades interactivas, debuxamos e recortamos cabazas para o mural grande do recibidor do cole  e decoramos a clase.

Tamén fomos traendo as nosas cabazas decoradas facendo referencia ao 50º aniversario da escola. Había unha chea delas, TODAS CHULÍSIMAS!!!

Ademais, o venres puidemos vir disfrazados. Mirade que guapxs saímos na foto!!!!!

 

 

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, ANIVERSARIO DE PAPIRUS!!!

 

24 DE OUTUBRO, ANIVERSARIO DE PAPIRUS!!

 

O 24 de outubro foi o aniversario de PAPIRUS. El enviounos unha carta dixital para convidarnos, pero como cadrou en domingo, tivemos que agardar a que comezase a semana e chegase a nosa quenda para ir visitalo.

Preparámoslle unha tarxeta de felicitación e cantámoslle os PARABÉNS!!!

El agasallounos cun maracapáxinas que puidemos decorar ao noso gusto.

Por certo, na súa carta, Papirus contounos que este ano o cole cumpre 50 anos e propúxonos que lles preguntemos as nosas familias se teñen fotos antigas do cole para ver de preparar unha exposición.

 

 

 

18 DE OUTUBRO, DÍA DAS ESCRITORAS

 

O 18 de outubro celebramos o DÍA DAS ESCRITORAS e baixamos ao BIBLIOCASTELO DE PAPIRUS para coñecer os nomes das autoras dalgúns dos contos que alí nos agardan.

 

Para isto, as profes preparáronnos unha actividade de investigación por equipos. Entregáronnos dúas fichas; unha con imaxes de portadas de libros e outra, cunha táboa chea de nomes para recortar.

 

Tiñamos que localizar os contos da primeira ficha nun expositor e logo, buscar o nome da autora ou autoras, recortalo na segunda ficha e pegalo debaixo da imaxe que aparecía na primeira.

 

RESULTOU MOI INTERESANTE!!!

 

 

 

ORGANIZAMOS UNHA EXPOSICIÓN DE FOLLAS E FROITOS DE OUTONO

 

O 23 de setembro comezou o outono e propuxémonos, igual que  auténticxs científicxs, observar a natureza e comprobar como todo ía cambiando arredor de nós;.

 

Pouco a pouco , as follas das árbores ían mudando de cor e, co paso dos días, caían e formaban unha fermosa alfombra.

 

Entón, decidimos recoller algunhas delas e aprender os nomes das árbores das que procedían. Logo, quixemos averiguar cales desas árbores daban froitos e tamén recollemos algúns.

 

Tras varias semanas de observación, recollida e análise, organizamos unha exposición. QUEDOUNOS CHULÍSIMA!!!

 

 

FOMOS AO FIC!!!

Este xoves fomos ao Centro Social do Mar para ver cinco curtametraxes que no FIC seleccionaron para nós.  MIRADE QUE GUAPXS ESTAMOS!!!