Blog A Pedra

CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE PAPIRUS

Enviado por Macu Rodríguez o Sáb, 28/10/2023 - 19:40

CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE PAPIRUS

 

O 24 de outubro o noso querido Papirus está de aniversario e, cada ano, organizamos quendas para poder visitalo no seu BIBLIOCASTELOe cantarlle os PARABÉNS.

 

Este curso, como xa estamos en Primaria, tivemos que agardar ata o xoves 26 para poder festexalo. Pero, pagou a pena porque compartimos a festa cxs compis de 3º, que nos tiñan preparada un sorpresa moi linda.

 

Cando chegamos á biblio xa estaban todxs sentadiñxs  a esperar a nosa chegada. Unha vez nos acomodamos, xs profes puxeron na pantalla varios vídeos:

 

o  No primeiro, varias rapazas de 6º, que forman parte do Equipo de Axudantes de Papirus, nos explicaban que este ano o tema central do Proxecto da biblioteca serán As Olimpíadas; pero non unhas calquera, senón, AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS.

 

o  O segundo contaba historia da nosa querida mascota e do seu Bibliocastelo.

 

o  Co terceiro, cantamos xuntxs a canción Papirus.

 

Pero o mellor foi o que sucedeu a continuación! Cada compañeirx de 3º seleccionara un conto para lernos a cadaquén de nós!! As profes mandáronnos sentar por parellas ao longo e ancho da biblio; que, de súpeto se converteu nun xardín  máxico no que plantamos sementes de amizade   con forma de APADRIÑAMENTOS LECTORES!!

 

Despois, fomos ás aulas de 3º onde xuntxs debuxamos un agasallo para Papirus.

 

FOI UNHA EXPERIENCIA PRECIOSA!!

 

MOITÍSIMAS GRAZAS, COMPIS  de 3º!!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

 

 

NELAS TEMOS QUE CRER

Enviado por Amalia Omil o Lun, 27/11/2023 - 12:17

Grazas a iniciativa de Elsa, mestra de música, á dinamización do Equipo de Normalización lingüística e a colaboración de todo o alumnado do cole, fixemos esta canción que leva por título:

NELAS TEMOS QUE CRER

Deste xeito conmemoramos o 25 DE NOVEMBRO pero sobre todo lembramos que hai moitas mulleres que seguen sufrindo violencia polo feito de seren mulleres.

Cada verso da canción foi realizado por unha aula do centro e a música foi composta por ELSA.

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Enviado por Marta Valbuena o Mar, 21/11/2023 - 18:26

Onte fomos á AULA DE CIENCIAS, xa que seguimos no mes da ciencia en galego.

Estivemos experimentando cos sentidos coas profes Rosa e Marta. Puidemos probar e tratar de adiviñar sabores e olores. Tamén tocamos un alfabeto Braille e deixamos a nosa pegada dixital nun papel. Ademais xogamos a descubrir obxectos só usando o sentido do tacto. Pasámolo xenial e aprendemos moito!

Podedes ver o vídeo premendo aquí:

EXPERIMENTANDO COS SENTIDOS

MAGOSTO 2023

Enviado por Marta Valbuena o Mar, 21/11/2023 - 18:21

O venres 17 celebramos o MAGOSTO en primaria. Foi unha mañá moi agradable xa que non choveu e puidemos gozar cos xogos tradicionais que nos prestou a Asociación Corredoiras. Despois, Ramón asou unhas moi ricas castañas que degustamos con moitas ganas.

Premede na palabra para gozar do vídeo!

 

MAGOSTO

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

Enviado por Marta Valbuena o Mar, 21/11/2023 - 18:11

O pasado 14 de novembro, martes, tivemos a primeira saída fóra de Bueu deste curso.

O noso destino foi Pontevedra, concretamente o teatro de Afundación, onde puidemos gozar dun espectáculo de percusión da man do grupo ODAIKO.  Pasámolo xenial e gustounos moito!

Ao rematar a actuación, deixáronnos merendar no vestíbulo do auditorio xa que fóra estaba chovendo. Como máis tarde parou a choiva, puidemos saír ao exterior e, acompañados das profes, achegámonos ao parque das palmeiras na Alameda de Pontevedra. Alí puidemos gozar dun raíño de sol que nos permitiu xogar un bo rato ata que foi a hora de coller os buses e volver a Bueu. Foi unha mañá fantástica!

MAGOSTO 2023

Enviado por Goretti Cordeiro o Mar, 21/11/2023 - 14:28

Un ano máis co “San Martiño trompos ao camiño”, ao noso colexio chega o Magosto con castañas asadas e xogos tradicionais que nos trae a asociación Corredoiras. O martes 14 foi a quenda dos máis pequenxs do cole, os de Infantil e o venres 17 foron os de Primaria os que estiveron de celebración. Así despois do recreo baixamos por cursos e fomos probando os distintos xogos que estaban espallados por todo o patio. Lanzamos, saltamos, rodamos, corremos, subimos, baixamos, compartimos unha mañá diferente chea de diversión e recordos doutra época. O tempo tamén acompañou e despois de varios días chovendo sen parar, tivemos unha mañá soleada que deixou a Ramón que poidese asar as castañas que comemos quentiñas antes de recoller e marchar para casa.

 

Grazas CORREDOIRAS polos xogos e o voso tempo.

 

 

OS RÍOS DE GALICIA

Enviado por Blanco Rodrígue... o Sáb, 11/11/2023 - 20:25

Debido a que novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO, o venres 14 de novembro, o alumnado de 2º e 4º asistiu a unha charla obradoiro sobre os ríos de Galicia, explícaronlle a importancia de deixar libre de construcións as marxes dos ríos polos riscos de inundacións.

Foi  moi interesante, os nenos e nenas estiveron moi atentos e participaron con moitas preguntas e outras intervencións. Fixeron tamén un pequeno experimento no que se podía observar o necesarias que son as raíces das árbores para manter suxeita a terra.

Como despedida, agasalláronnos cun imán, unhas tarxetas e un libro dos Bolechas que viven as súas aventuras nun río.

Aquí podedes ver algunha foto e un vídeo se premedes na imaxe.

 eo.

SAMAÍN

Enviado por Goretti Cordeiro o Ven, 03/11/2023 - 18:32

Como estes días tocaba pasar medo rematamos o mes de outubro cunha mañá terrorífica chea de sorpresas e diversión. Comenzamos nada máis chegar ao colexio e por cursos fomos pasando polos distintos obradoiros: Contos para non durmir, Trick or treat, Move o esquelete e Manualidades de Samaín.

Na aula de psicomotricidade estiveron os máis pequenxs acompañadxs polo profe Sergio con xogos tan divertidos e terroríficos como desprazamentos imitanto a seres fantásticos do Samaín, " O vampiriño", " A pantasmiña cega" " As carretillas transportadoras" e rematamos bailando a canción de " Chúmbala Cachúmbala".

E arriba no cole de Primaria, tamén fomos pasando por quendas polo ximnasio onde había un pasadizo un tanto húmido e seres monstruosos que nos fixeron xogar  a " Pita zombie", a un clásico do Samaín " O vampiriño" e para volta a calma despois de tanta tensión " O home lobo". E rematamos a mañá  bailando todxs xuntxs no patio. Resultou un día terroooooooorificamente divertido.

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIROS DE SAMAÍN

Enviado por Marta Valbuena o Xov, 02/11/2023 - 20:24

Este curso o Samaín estivo cheo de sorpresas!!!

As familias colaboraron cunhas cabazas moi deportivas. Moitas grazas!!!

O martes 31 de outubro fixemos un día especial: tivemos uns obradoiros terroríficos na escola...

- OBRADOIRO PLURILINGÜE: Coa profe Ami, fixemos xogos en inglés con vocabulario de Halloween. Ademais, cantamos e bailamos a canción SKELETON.

- OBRADOIRO MOVE O ESQUELETO:Aprendemos coa profe Martes a xogar coa canción de Uxía Lambona e a banda molona "É noite de Samaín".

- SESIÓN DE CONTACONTOS DE MEDO: Na biblioteca, o alumnado de 5º e 6º contounos historias de medo.

- OBRADOIRO PLÁSTICO: A cargo da profe Geli, elaboramos uns marcapáxinas monstruosos.

Por último, cantamos e bailamos xuntos no patio dos maiores.

Pasámolo de medo!  

APRENDENDO A PROGRAMAR

Enviado por Marta Valbuena o Xov, 02/11/2023 - 20:04

No mes de outubro, o alumnado de 2º comezamos a ir de novo a TECNOLOXÍAS.

Mentres un grupo da aula traballa na aula de Informática, o outro grupo fai robótica na aula de Ciencias.

Neste curso, aprenderemos a programar distintas situacións para que as nosas máquinas funcionen. Pouco a pouco iremos engadindo maior dificultade!

Distribuir contido