PROGRAMA PLURLILINGÜE

 CENTROS PLURILINGÜES son aqueles nos que se imparten nunha lingua estranxeira áreas ou materias non lingüísticas, cun máximo dun terzo do horario lectivo, e dirixido a todo o alumnado do nivel educativo obxecto do programa plurilingüe.

Linguas Estranxeiras

En Educación Primaria comeza a nosa experiencia en seccións bilingües no curso 2008-09 na área de Plástica en 5º de primaria en inglés, e como experiencia plurilingüe en 6º de primaria na mesma área en francés.

O claustro coa aprobación do Consello Escolar decide ampliar para o curso 2009/10  estas seccións bilingües na área de cidadanía en 6º de primaria, e na área de plástica nas 4 aulas de 3º e 4º de primaria.

 No curso 2010/11 as seccións bilingües víronse reforzadas polo apoio dunha auxiliar de conversa. 

No ano 2011 iniciouse o Programa Plurilingüe en 1º de primaria na materia de Educación Artística (música e plástica). Nos seguintes anos foise estendendo ata chegar no 2017 a sexto de primaria.

Consideramos moi positiva a nosa participación neste Programa, razón pola que agora sumamos a 2ª etapa de infantil ao plurilingüismo (PLURINFANTIL)

Para reflectir e recoller todas as iniciativas que se levan a cabo dentro deste Programa o Equipo Plurilingüe, formado polas mestras de inglés e as que imparten materias plurilingües , crearon este blog:

English A Pedra blog