Skip to Content

AULA VIRTUAL

BIBLIOTECA E EDLG

Exposición fotográfica "As nosas mulleres"

Exposición fotográfica "As nosas mulleres"

Con motivo da Conmemoración, do día 8 de Marzo de 2016, Día Internacional das Mulleres, o CIM (Centro de Información ás Mulleres) pretende organizar unha exposición de fotos antigas que amosen o papel da muller na historia de Bueu. Para iso, pediu a colaboración do alumnado dos centros educativos da vila.

Trátase de recuperar fotos antigas que mostren a vida das mulleres e o seu traballo (profesións tradicionais, non tradicionais, traballo doméstico, ocio e tempo de lecer...) na nosa vila.

Co desexo de participar nesa exposición, o profesorado de A Pedra solicitou a colaboración das familias para aportar material fotográfico sobre o tema.

As nosas mulleres 

As fotografías están expostas na entrada do noso colexio e logo formarán parte da EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA “AS MULLERES NA HISTORIA DE BUEU” patrocinada polo concello ao longo do meses de maio/xuño de 2016.

 

Máis información neste enlace "AS NOSAS MULLERES".

Acceso a todas as fotografías na nosa GALERÍA DE IMAXES.

Distribuir contido


by Dr. Radut