No día da meteoroloxía o alumnado de terceiro queremos compartir nesta páxinas algunha das cousiñas que fixemos no proxecto que levamos a cabo sobre este tema no segundo trimestre.
Empezamos por un podcast que fixemos sobre refráns meteorolóxicos.
Fixemos algúns aparellos meteorolóxicos como un anemómetro e un cataventos. Aquí están as protagonistas:
Investigamos tamén sobre todos estes aparatos meteorolóxicos, sobre cambio climático, buratos da capa de ozono, quentamento global, efecto invernadoiro. Tamén sobre a activista Greta Tungberg, ou sobre fenómenos meteorolóxicos adversos como furacáns, ciclóns, secas, inundacións. Interesantísimas as investigacións sobre fenómenos curiosos comoa aura boreal, nubes luminiscentes, neve rosa ...
Confenccionamos un libro que agora circula por todos os fogares e que logo formará parte da nosa biblioteca de aula.