Skip to Content

CURSO 4ºA 4ºB

VISITA DE AUTORAS "PÁNICO EN EL COLE"

Onte, 24 de maio tivemos a visita das autoras Ana e Lucía Riveiro Mouzo do libro "Pánico en el Cole".

Un libro moi orixinal e divertido con diferentes aventuras, sendo ti o protagonista, xa que vas decidindo dentro das opcións ata chegar aos distintos finais. 

Ana e Lucía contaron como naceu o seu primeiro libro e foron contestando a todas as curiosidades do alumnado.

Para rematar estiveron vendo os traballos realizados na aula sobre o libro e firmaron todos os exemplares.

 

 

 

 

Moitas grazas pola visita chicas, foi un verdadeiro pracer coñecervos! 

REVITALÍZATE!

Para a actividade "Experiencias co pH do solo", Marcelo e Senán viñeron a explicarnos á rapazada de 4º a importancia da calidade do solo e do seu pH para os cultivos.

De primeiras, déronnos unha pequena charla sobre os compoñentes do solo e logo fomos á composteira do cole para medir o seu pH.

Alí, atopamos algúns cachos de plástico e Marcelo explicounos a importancia dun bo reciclaxe xa que é un material moi contaminante. Pero tamén constatamos que o compost do cole é moi rico e axústase ao pH 6-7.

Grazas por vir a visitarnos, aprendemos moito!

O MAIO NA ALDEA DE MEIRO AFAMO

 

 Este martes 25 recibimos a grata visita de Martina e de Xavier Blanco, ambos membros da Asociación de Familiares de Persoas Afectadas de Alzheimer do Morrazo (AFAMO). Nos estiveron contando un pouquiño a súa labor tan importante que realizan coas persoas maiores para mellorar a súa calidade de vida e dos seus familiares.

Tamén falamos dos Maios, a importancia de recuperar unha tradición ancestral e os tipos de Maios que hai. Despois entre todos fixemos a letra do noso Maio para cantar ao día seguinte na casa da Aldea de Meiro.

Unha vez alí, todo foi diversión. Pasamos unha mañá moi divertida e moi educativa, ollade no vídeo o ben que o pasamos.

MIL GRAZAS POLA INVITACIÓN, FOI UNHA ACTIVIDADE FANTÁSTICA!!!

 

No xardín do poeta 4ºA

Neste segundo trimestre, a rapazada de 4º estivemos lendo o libro "No xardín do poeta" e o noso curso decidiu aprenderse algunhas poesías e recitalas por equipos.

Aquí tedes o resultado, moi ben, rapacxs!!

 

Experimentos 4ºA

Para rematar o proxecto de ciencias, os rapacxs de 4ºA prepararon por parellas un experimento, que tiñan que explicar logo. Pasámolo moi ben!

Premede para ver o vídeo.

POETAS METEOROLÓXICOS

A semana anterior a Semana Santa, tocounos ao curso de 4ºA recoller os datos da caseta meteorolóxica. Desta vez, tivemos un pouco de todo: tanto sol coma choiva.

Coma neste trimestre estivemos estudando a poesía, decidimos inventarnos por equipos uns poemas sobre meteoroloxía. Ollade a continuación o ben que nos saíron!

 

 

 

 

 

 

A POESÍA "NO XARDÍN DO POETA" 4º

 

Este trimestre estivemos lendo na aula "NO XARDÍN DO POETA", libro de Antonio García Teijeiro.

Por equipos escolleron dous poemas e fixeron as ilustracións para posteriormente ir recitalos á radio.

Mirade o resultado, parabéns a todxs!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A ENERXÍA 4ºB

A ENERXÍA

Este trimestre escolleron indagar sobre a enerxía, que é, tipos, propiedades, utilidades... Tamén decidiron facer unha presentación dixital por parellas. 

Neste proxecto traballamos moito as técnicas de estudo, xa que elaboraron os seus propios esquemas e recolleron a información máis relevante. Traballando así a importancia de aprender a aprender.

A estas alturas xa teñen moita soltura tanto na elaboración das súas presentacións coma nas exposicións orais. A vindeira semana irán expoñer polas outras aulas.

PARABÉNS A TODXS!

 

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER

Hoxe foi un día moi especial… como cada ano, dende o noso centro celebramos o día da muller.

Comezamos explicándolle ao alumnado a importancia e o por qué de conmemorar este día. Ademais, falamos de mulleres que son importantes nas súas vídas: nais, avoas, mestras… tiñades que escoitar as cousas tan bonitas que dixeron!

Ademais, acudimos ao pavillón de Bueu para realizar a actividade XOGANDO SEN XÉNERO, no marco do noso plan anual de lectura MOITO MÁIS QUE XOGO. 

Primeiro, as monitoras explicaron que antes os xoguetes eran para nenos ou para nenas, pero isto a día de hoxe xa non e así, e todos e todas podemos xogar co que queiramos.

A continuación faláronnos sobre as normas e funcionamento dos xogos e distribuímonos polo espazo para poñernos mans á obra.

Aparte de xogos tradicionais coma o tres en raia, o mikado os zancos… tamén fixemos actividades colaborativas coa corda e o paracaídas e incluso bailamos un pouco de baile galego.

Premendo na seguinte imaxe grupal podedes ver un vídeo co ben que o pasamos.

Imos ao teatro a ver a obra "NAUTILUS"

De primeiras, fomos ver a obra "NAUTILUS".

Nun submarino secreto que percorre os océanos de todo o mundo, lonxe de todo e de todos, o capitán Nemo observa que os arrecifes de coral se converteron en montañas de lixo, os peixes en bolsas de plástico e os prados de posidonia en vertedoiros acuáticos. A vida mariña corre perigo e Nemo propúxoo evitalo, pero non pode facelo só. Por iso contrata ao profesor Aronax, a quen emprenderá unha viaxe de 20.000 leguas submarinas para mostrarlle os segredos dun mundo fascinante ameazado pola contaminación. 

Cando saímos do teatro fomos merendar e dar unha camiñata polo río Lérez. Divertímonos todos moito e a mañá pasou voando!

Ollade o seguinte vídeo:

Distribuir contido


by Dr. Radut