INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/23
Normativa: Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 8 de novembro de 2022) pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro.
1) DO 16 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO: ábrese o prazo de RESERVA para o alumnado que pretenda continuar os seus estudos no centro de adscrición IES Johan Carballeira para o curso 2023/24.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado ED550A dispoñible na aplicación informática: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en 1º lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Deberá entregarse na secretaría do CEIP Plurilingüe A Pedra, antes do luns 6 de febreiro, acompañado da seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI do alumno/a.
- Copia libro de familia.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se é o caso.
O alumnado que teña previsto ir a un centro distinto debe presentar a solicitude nese centro ou a través da aplicación informática, no prazo de admisión de novo alumnado do 1 ao 20 de marzo.
2) DO 1 AO 20 DE MARZO: Ábrese o prazo para presentar a ADMISIÓN do alumnado para o curso 2023/2024. O formulario normalizado ED550B será facilitado gratuitamente na secretaría do centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisiónalumnado" e na páxina web da Consellería de Educación.
Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:
- Anexo II bis, co consentimento asinado polo outro proxenitor.
- Fotocopia do DNI do alumno/a.
- Copia libro de familia.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se é o caso.
- Certificado de matrícula e certificación académica (se ven doutro centro de primaria)
NOTA INFORMATIVA:
1.- Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
2.- O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
3.- En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para o alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.
A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro.
3) POSTOS ESCOLARES 2023/24:
CURSO | PRAZAS |
4º INFANTIL (3 anos) | 44+6NEAE |
5º INFANTIL (4anos) | 16 |
6º INFANTIL (5 anos) | 5 |
1º PRIMARIA | 15+6NEAE |
2º PRIMARIA | 7 |
3º PRIMARIA | 19 |
4º PRIMARIA | 4 |
5º PRIMARIA | 15 |
6º PRIMARIA | 0 |
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: BUEU (San Martiño)
ÁREAS LIMÍTROFES: Beluso e Cela
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor Escolar.
As familias poderán consultar na aplicación admisiónalumnado:
- O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
- A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
- A relación do alumnado de cada curso, co número de solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
- O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de DNI da persoa solicitante.
- A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365.
CALENDARIO ADMISIÓN;
Do 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro |
Reserva de praza no centro adscrito (IES Johan Carballeira) |
22 de febreiro
28 de febreiro |
Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado. Fin renuncia á reserva de praza. |
Antes do 1 de marzo | Publicación dos postos escolares vacantes |
Do 1 ao 20 de marzo | Presentación das solicitudes de admisión |
Do 21 de marzo ata o 3 de abril | Presentación da documentación xustificativa (no caso de baremo) |
Antes do 25 de abril | Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. |
5 días hábiles seguintes á publicación da mesma | Reclamacións á listaxe |
Antes do 15 de maio | Publicacións da listaxes definitivas |
Do 20 de xuño ao 30 de xuño | Formalización da matrícula. |