Co gallo do Proxecto das Meteoescolas que empezamos este ano, organizamos unha exposición fotográfica na entrada do colexio, sobre femómenos meteorolóxicos en Bueu: chuvia, vento, sarabia, tormentas, néboas, formas das nubes...
Todas as imaxes foron aportadas polo noso alumnado e as súas familias e están ubicadas en Bueu e arredores.
Estas son algunhas das fotografías achegadas, a presentación completa pódese ver no blog do proxecto das Meteoescolas: O TEMPO MADE IN BUEU