O TEMPO MADE IN BUEU

METEOESCOLAS 5ºB INFANTIL

Na aula dos FURABOLOS DA PEDRA, levaron a cabo un rexistro estándar para anotar os fenómenos meteorolóxicos.

A diario comprobaban o tempo, observando a través da fiestra da aula, e co acompañamento da seguinte cantiga:

 “VENTANIÑA DA CLASE,

 COMO ESTÁ O DÍA HOXE?

 DIME ….SI O SOL TEN SAÍDO,

OU SI A NUBE O TAPOU,

 SI A CHOIVA CAE, CAE ….

OU SI BRILLA O DÍA HOXE,

 VENTANIÑA , DIME AGORA,

COMO ESTÁ O DÍA HOXE?”

 Ao rematar o mes, facían reconto dos días de sol, sol e nubes, nubes, chuvia...

 

Ademais, desenvolvendo o proxecto ODS, aproveitaron para coñecer os efectos dalgunhas das nosas accións sobre o MEDIO NATURAL, e máis en concreto sobre A CLIMATOLOXÍA.

Escoitaron o conto da "RA DOS TRES OLLOS" e descubriron como a contaminación que provocan as fábricas repercute na CLIMATOLOXÍA, no MEDIO NATURALe NA VIDA ANIMAL.

E traballaron varios contos de ERIC CARLE, entre os que se atopaba:

 “PEQUENA NUBE”

 Conto que deu pé a observar as nubes, as súas formas, a intensidade dasúa cor branca ou gris.

 E descubriron como se desprazaban polo efecto do vento.

Aprenderon moito da meteoroloxía e pasárono xenial!!!

POEMA DE VERÁN

O TEMPO EN 6º INFANTIL!

Durante este curso, o alumnado de 6º de infantil observou e recolleu os datos meteorolóxicos nun calendario mensual que tiñan na aula. Guiados polas profes Alba e Tania, os maiores da escola de Infantil preparáronse para ser uns bos meteorólogos e meteorólogas.

Mirade que bonito quedou o calendario do tempo!!!

THE WEATHER

Nesta entrada ides ver como se traballan as Meteoescolas nas clases de inglés dos peques do colexio:

 

Educación infantil: Ao inicio de cada sesión, despois dos saúdos e de dicir o día no que estamos (día da semana e día do mes), describimos o tempo atmosférico respondendo á pregunta "What's the weather like?". O alumnado observa o exterior e decide que tempo fai hoxe (sunny, cloudy, rainy) con apoio xestual.

1°EP: Ao inicio de cada sesión, despois de ver a data e a estación na que estamos, describimos o tempo atmosférico respondendo á pregunta "What's the weather like?". O alumnado observa o exterior e decide que tempo fai hoxe repasando o vocabulario do tempo (sunny, cloudy, partly cloudy, rainy, windy, snowy) e a temperatura (cold, warm, hot) co apoio visual de símbolos en goma eva e as tarxetas de palabras (wordcards).

O VERME DO TEMPO

Hoxe o alumnado de 4º de infantil quere presentarnos ao VERME DO TEMPO. Durante todo o curso foron rexistrando nel o tempo metereolóxico xunto cos días da semana.

Ao final da semana observaban cantos días de sol, choiva ou sol con nubes houbo nesa semana.

METEOESCOLAS INCLUSIVAS

Este ano fixemos unhas melloras no noso espazo da meteoroloxía que está no exterior da escola.

Na primeira delas, Ramón, o noso conserxe, colocou unhas losetas facendo un camiño dende o patio ata a garita meteorolóxica para que todas as persoas poidan acceder alí. Ademais así, cando vamos a observar os datos non nos mollamos nin embarramos os pés. Quedou estupendamente e agora apetécenos máis aínda visitar a nosa caseta meteorolóxica.

Ademais, fixemos os nosos recunchos meteorolóxicos máis inclusivos colocando carteis con pictogramas, para que todos saiban o tesouro que gardamos nesa caixiña branca tan misteriosa!

DÍA DE CHUVIA

DÍA DE CHUVIA

A semana do 12 ao 16 de abril tocoulle ao alumnado de 1º A recoller os datos da caseta meteorolóxica e rexistralos no lugar sinalado. Ademais gustábanos mirar cara o ceo cada mañá para coñecer as nubes e observar se estaban cargadas ou non de chuvia, tanto e así, que na clase un día lle dedicamos a identificar expresións e vocabulario relacionadas con este meteoro. Aquí pódese ver no traballo do alumnado.

 

DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL

O 23 de marzo celébrase o DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL e como nós aprendemos nunha METEOESCOLA, celebrámolo con multitude de actividades.

- Aproveitando que a chegada da PRIMAVERA foi uns días antes, falamos do equinoccio e fixemos uns debuxos moi bonitos.

          

- Decoramos a nosa axenda, como é costume nas datas importantes, con meteoros e instrumentos meteorolóxicos.

          

- Fixemos unha portada para a carpeta das fichas do 2º trimestre na que o protagonista era o SOL, polo que previamente aprendemos cousas sobre el.

Preme nesta imaxe para ver como o fixemos

  - Finalmente construímos a nosa RODA DO TEMPO, unha roda na que podemos marcar cada día como está a situación meteorolóxica.

Preme nesta imaxe e verás o proceso

Resultou ser unha data moi interesante, coa que aprendemos moito sobre o tempo!

DÍGOCHO EU METEOROLÓXICO

O alumnado de terceiro de primaria puxemos o noso gran de area ao proxecto de Dinamización Lingüística elaborando un vídeo, formato DÍGOCHO EU.  Serviu, ademais, de broche de ouro para pechar o noso proxecto de meteoroloxía.

Ten a particularidade de que incluímos palabras de Bueu o do Morrazo, que lonxe de reixetalas, valoramos e que moitas delas están recollidas pola Real Academia da Lingua Galega.

 

POEMA DE PRIMAVERA

O alumnado de terceiro recibimos a primavera recitando un poema de Antonio García Teijeiro. Como xa fixemos coa chegada do outono e do inverno gravámonos en vídeo e aquí temos o resultado:

POEMA DE PRIMAVERA 3º B

 

POEMA DE PRIMAVERA 3º A

 

 

Distribuir contido