blogue deBlanco Rodríguez Rosa

INICIO DE CURSO 2024-25

BENVIDOS E BENVIDAS AO CENTRO DE PRIMARIA.

Hoxe, as titoras de primeiro e o profesorado especialista tiveron o primeiro contacto coas familias do alumnado que entra por primeira vez no centro de primaria de A pedra. Como se comunicou na reunión queda nesta entrada do BLOG a presentación coa información compartida na xuntanza para que sexa mais doado lembrala.

 

ENCONTRO CON CIENTÍFICOS

O último día do mes de maio e para rematar o proxecto sobre as abellas que o alumnado de 2º de primaria traballou neste curso gozou, na biblioteca da escola, da visita de dous científicos do departamento de Ciencias da Vida e Ecoloxía da universidade de Alcalá de Henares, José Manuel Fernández Pereira e Salvador Rebollo de la Torre.

Compartiron co alumnado o proxecto de investigación no que están a traballar. Contáronlle que levan estudando dende hai anos como a ave rapaz “abejero europeo” actúa como depredadora dos panais das avespas asiáticas.

Salva e Jose expresáronse cunha linguaxe moi cercana, didáctica  e motivadora xa que souberon manter a atención e a curiosidade do alumnado durante moito tempo. Ademais, viñeron cheos de materiais que empregan nas saídas ao campo para amosarllos ao alumnado: cámaras, traxes, chips e mesmo un niño xigante de velutina e un bufo trampa.

Tamén, insistiron no importantísimo que é para a ciencia a realización do traballo en equipo e de que este estea formado por persoas de xénero diferente.

Ao terminar a charla, os nenos e nenas manifestaron as súas opinións expresando que aprenderan moitas cousas e que estivera moi interesante. Tanto é así, que algúns dicían que de grandes ían ser científicos.

A modo de conclusión, comentar que unha nena resumiu o encontro con Jose e Salva deste xeito: “Os científicos sempre se están facendo preguntas e se responden con outra pregunta”

 

Moitas grazas equipo por compartir con noso alumnado o voso proxecto!

Aquí queda algunha foto da xornada.

 

 

 

 

INFORMACIÓN DA REUNIÓN DE FAMILIAS DO DÍA 23 DE ABRIL DE 2024

Para lembrar todo que que se comunicou na reunión do pasado martes 23 de abril queda nesta entrada da Blog a presentación que se proxectou nela.

Premede na imaxe para vela.

EXPERIMENTANDO COS ESTADOS DA AUGA

Nesta entrada de Blog quedan recollidos todos os vídeos que o alumnado de segundo  realizou coa axuda da familia e onde demostrou todo o que apredeu sobre os estados da auga. FIXÉRONO XENIAL! Se premedes na imaxe podedes ver o vídeo dos nenos e nenas de 2º A.

ESTADOS DA AUGA 

Se premes nestoutra imaxe verás o traballo dos nenos e nenas de 2º B.

ESTADOS DA AUGA

25 DE NOVEMBRO

O venres 24 de novembro o alumnado de 2º reuniuse para reivindicar a construción da convivencia entre as persoas e dicir un NON claro e rotundo a violencia contra ás mulleres. Para tomar conciencia deste problema social o alumnado leu historias de mulleres que loitaron polos seus dereitos ao longo da historia, visualizou vídeos con esta temática e cantou a canción de Rozalén "LA PUERTA VIOLETA" ilustrando a súa mensaxe de maneira comprensible e creativa, podedes ver os seus traballos no vídeo premendo na imaxe.

 

Ademais aportamos un verso e un vídeo para unha canción colaborativa e de denuncia que cantamos xuntos "NELAS TEMOS QUE CRER" baixo a dirección de Elsa, profe de música do centro. Se premedes nesta imaxe podedes ver o produto final.

   

 

OS RÍOS DE GALICIA

Debido a que novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO, o venres 14 de novembro, o alumnado de 2º e 4º asistiu a unha charla obradoiro sobre os ríos de Galicia, explícaronlle a importancia de deixar libre de construcións as marxes dos ríos polos riscos de inundacións. As chuvias abundantes provocan as crecidas dos ríos e poden estragar todo o que atopan ao seu paso.

Foi  moi interesante, os nenos e nenas estiveron moi atentos e participaron con moitas preguntas e outras intervencións. Fixeron tamén un pequeno experimento no que se podía observar o necesarias que son as raíces das árbores para manter suxeita a terra.

Como despedida, agasalláronnos cun imán, unhas tarxetas e un libro dos Bolechas que viven as súas aventuras nun río.

Aquí podedes ver algunha foto e un vídeo se premedes na imaxe.

 eo.

AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES

Para celebrar o día das BIBLIOTECAS e o ANIVERSARIO DE PAPIRUS os nenos e nenas de 4º curso amadriñaron e apadriñaron aos máis pequenos de 2º curso, foi unha sesión moi bonita, daba gusto observar a conexión lectora que tiñan pequenos e grandes.

GRAZAS, COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS! Premede na imaxe para ver o vídeo.

Ademais, o alumnado agasallou a Papirus cuns bonitos debuxos que están decorando o corredor do Bibliocastelo.

INFORMACIÓN PRINCIPIO DE CURSO

Ola familias!

Como quedamos na reunión do martes 19 de setembro publicamos aquí a presentación coa información que demos na reunión para que a poidades consultar se tedes dúbidas.

Premede na imaxe para consultala.

FINAL DE CURSO

 FINAL DE CURSO

O final de curso sempre é moi dinámico polas diversas actividades que se celebran na escola. Aquí quedan reflectidas algunhas.

O día 12 de xuño gozouse dunha xornada de xogos na praia da Banda do río.

O día 15 de xuño houbo baile con Bea Díaz no cole de infantil, foi unha actividade divertida que favoreceu a cohesión do grupo.

O 19 de xuño tivo lugar a entrega de premios aos gañadoresdo concurso QUE SABES DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO?  que se celebrou durante todo o mes de maio.

O martes día 20 compartiron coa profe Laura unha sesión de xogos de mesa na biblioteca. Os equipos estaban formados por nenos e nenas de 1ºA e 1ºB, non gañou ninguén só houbo aprendizaxe e diversión.

Para rematar, celebrouse unha actividade que lles gustamoito: unha representación de TEATRO, todo o alumnado foi actor ou actriz e tamén espectador. Este foi un traballo compartido para poñerfin ao curso de 1º.

Despois do traballo, todo o alumnado de 1º compartiu a merenda na aula de 1º B.

Grazas a todo o noso alumnado e ata o vindeiro curso!                                                             

 

 

Distribuir contido