CURSO 3ºA 3ºB

ANIVERSARIO DE PAPIPUS

AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES

O 24 de outubro é data maís sinalada no  cole. O noso polbiño Papirus está de aniversario e temos que celebralo por todo o alto.

O alumnado de terceiro xa levabamos uns diíñas ensaiando as obras que lle queriamos representar ás nosas afilladas e afillados lectores. 

Chegado o día fomos buscalxs ás aulas de infantil "QUE RECORDOS" ! Eran os nenos e nenas da profe Toñi, que foi a nosa mestra, e a que lle temos un cariño inmenso.

Todxs xuntiñxs, collidxs da man fomos ao Bibliocastelo. Os pelouriños sentáronse esperando que comezara o teatro.

 E nós, emocionadxs, empezamos a nosa obra!

A CASA DA MOSCA CHOSCA

 

 

Os pelouriños agradeceron a nosa representación e agasalláronnos cunhas tarxetiñas preciosas. 

Logo fomos ver o vídeo de presentación do proxecto deste ano que fixeron o alumnado de sexto:

QUE SUBA O PANO!

Finalmente cantámoslle os parabéns a Papirus!

Foi un día moi especial, deses que nos encantaría repetir!

PONTE A ZERO

Como cada curso, está semana contamos coa visita de Antón, do programa Ponte a Zero. Neste caso realizou o obradoiro de QUE FACEMOS COS RESIDUOS en 3°EP, e QUEN VIVE AÍ? en 4°.

No primeiro, aprendemos o camiño que nos levou a reciclar e sobre todo, a producir a menor cantidade de residuos posible.

No segundo, acudimos ao composteiro do cole para descubrir todos os microorganismos que viven alí e que descoñecíamos!

 

ESTALEIRO DE PURRO

 

Hoxe  visitamos  o estaleiro de Purro.

Alí esperábanos Miriam, que nos contou en que consistía o oficio da carpintaría de ribeira que se realizaba alí.

 

Falounos de embarcacións tradicionais e de ferramentas.  Aprendemos palabras como quilla, babor, estribor, proa, popa ou sarxentos. 

 

 

 

Quedounos claro a diferenza entre bote polbeiro, chalana ou dorna.  Tamén somos capaces de distinguir entre  vela mística, latina ou relinga.

 

 

 A verdade é que valeu a pena esta saídiña do cole para saber máis sobre a historia da nosa vila.  Aproveitamos  tamén para facer algunha parada pola vila e sacar algunha foto.

 

FIC 2024. A ABELLIÑA QUE PERDEU AS ÁS

O MINIFIC, é como cada ano o punto de partida do curso escolar no noso centro.

Pero este ano para o alumnado de terceiro foi especialmente importante porque fomos finalistas  do MINIFIC, na categoría de Educación Especial e Primaria, pola curta que fixemos o curso pasado.

“A ABELLIÑA QUE PERDEU AS ÁS”

Así que fomos invitadxs á gala das escolas o sábado 21 de setembro. Acompañáronnos as mestras de segundo Rosa e Marta.

Conseguimos un diploma, un lote de libros, e o máis importante o recoñecemento do público.

A curta gañadora foi SOS  Pokemon do CEIP de Ardán. Os nosos parabéns ao alumnado e profesorado porque nos encantou!

Gustaríanos aproveitar esta publicación, para contarvos que esta semana tamén fomos ao FIC, para ver cinco curtas que por certo nos gustaron moito.

Ao volver da clase  votamos  e a que gañou nas dúas clase foi a curtametraxe PUAG.

O noso agradecemento á organización do festival por convidarnos.

Seguiremos gozando  do FIC, coa proposta didáctica, xa dentro das nosas aulas.

REUNIÓN INICIO DE CURSO

Podedes ver a presentación da reunión de familias a continuación:

 

DÍA DA LINGUA DE SIGNOS 2024

O 13 de xuño celébrase o Día Internacional da Lingua de Signos. Con tal motivo a nosa intérprete Rosa gravou este vídeo co alumnado co centro. Grazas tamén á mestra de música Elsa, por deixarnos empregar a súa canción PRESENTIMENTO. 

 

 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: AVENTURA DAKART E ACUARIO DO GROVE

O mellor día do curso, fíxose realidade o 28 de maio, cando o alumnado de terceiro e cuarto fomos de excursión  a Aventura  Dakart en Sanxenxo e ao Acurio do Grove.

No vídeo  seguinte tedes un resumo de imaxes e momentos para que poidades comprobar o ben que o pasamos.

 Sen dúbida repetiremos!

LIBRO HOMENAXE ÁS MULLERES DEPORTISTAS

Neste libro, elaborado con todo o amor do mundo, quixemos unir o proxecto interdiscipinair deste curso "As Olimpíadas de Papirus" e ademais poñer en valor o deporte realizado por mulleres.

Tratamos de incluír principañmente deportistas galegas pero tamén engadimos mulleres de outras comunidades de España. Hai moita variedade de disciplinas e tivemos moi conta o deporte adaptado

Esperamos que gocedes coñecéndoas tanto coma nós.

 

LETRAS GALEGAS 2024 "HOMENAXE A LUÍSA VILLALTA"

Este é o mural dedicado a LUÍSA VILLALTA, que preside a entrada do noso cole. Todo o alumnado do cole puxo o seu  anaco para que o resultado final fose este.

Mentres a rapazada de infantil decorou as letras, o alumnado de primeiro ciclo reproduCIU citas da escritora coruñesa,  o de segundo ciclo deixou constancia de partes importantes da súa biografía e do seu activismo social e o de terceiro ciclo escribiu nos pentagramas algún poema.

 

Esta é a aportación e cuarto de primaria.

 

Celebramos a  festa das letras galegas este mércores despois do recreo. Primeiro lemos as nosas aportacións no mural.

 

 Finalmente cantamos todxs xuntxs o himno galego.

 

OBRADOIRO DE ALFOMBRAS COA ASOCIACIÓN CUNCHAS E FLORES DE BUEU

Este luns, 13 de maio, o alumnado de cuarto tivemos a sorte de elaborar alfombras no patio do noso cole grazas á iniciativa da asociación “Cunchas e flores de Bueu”.

Contáronnos a importancia desta tradición en Bueu e  que a súa intención e que a rapazada a continuemos. Despois fomos directamente para o patio cuberto porque a meteoroloxía non nos permitiu outra opción. Pasámolo xenial! 

Realizamos todas as fases: Primeiro pintamos con xiz os debuxos, despois perfilamos con cunchas e por último enchemos os ocos dos debuxos  con  cores diversas. Quedounos perfecto!

 

 

 

Somos moitxs os que este ano queremos repetir a experiencia nas rúas de Bueu o próximo 1 de xuño.

 

Distribuir contido