Gallego

O alumnado das Escolas Oficiais de Idiomas incrementouse en máis dun 25% no que vai de lexislatura grazas ao impulso da Consellería de Cultura e Educación á potenciación das linguas estranxeiras

En tan só dous cursos a Consellería ten previsto formar a preto de 2.000 docentes en cursos específicos de idiomas destinados ao profesorado nestes centros

O departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad está a fomentar a mellora das competencias en outros idiomas das galegas e galegos a través dun completo Plan

O director xeral de Educación explicou no Parlamento as diferentes medidas desenvolvidas para optimización dos recursos dispoñibles nestes centros

Gallego

As diferentes medidas postas en marcha pola Consellería de Cultura e Educación para fomentar a mellora das competencias en outros idiomas das galegas e galegos a través dun completo Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras facilitaron o acceso das galegas e galegos aos interesados en cursar estudos nas Escolas Oficiais de Idiomas (EEOOII) da Comunidade Autónoma, de tal forma que o número de alumnos que estudan este curso ensinanzas regradas nas mesmas é un 25,4% superior ao dos que o facían no curso 2008/2009. A estes alumnos habería que engadir os que asisten a cursos monográficos e outro tipo de formación non regrada, de xeito que o incremento do alumando sería superior ao 30%. De feito, en tan só dous cursos a Consellería ten previsto formar a preto de 2.000 docentes en cursos específicos de idiomas destinados ao profesorado.

Así o explicou hoxe no Parlamento o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, quen expuxo as diferentes medidas desenvolvidas para optimización dos recursos dispoñibles nestes centros, tales como a decisión de adecuar a distribución horaria dos profesorado ao marco xeral establecido para os funcionarios docentes, co fin de atender a crecente demanda de prazas nestes centros, aumentando a oferta de prazas, tanto nos cursos ordinarios como creando novas modalidades de cursos específicos para a formación do profesorado e outros colectivos profesionais.

Grazas ás medidas impulsadas pola Consellería, o número de matriculados nas ensinanzas regradas nestas escolas incrementouse no que vai de lexislatura un 25,4%, ata alcanzar os 2011-2012 29.136 estudantes do curso 2011/2012, 5.905 máis ca os do curso 2008/2009. Así mesmo, e para dar resposta ao interese da cidadanía galega por mellorar as súas competencias en linguas estranxeiras a Consellería leva incrementado nun 21,6% o número de prazas ofertadas, ata as 42.395 do curso actual, 7.529 máis que aos do 2008/2009.

Neste sentido destacou o incremento do número de matriculados en alemán, con 481 alumnos máis respecto do curso pasado, un 25,6%; ou chinés, idioma no que este ano se ofertan 4 grupos máis que o curso pasado (un 28,6%), e no que o número de matriculados medrou tan só no ultimo ano en 67 alumnos, (un 24,36%). Así, no que no que vai de lexislatura o maior incremento en número de alumnos foi o do inglés, con 4.188 matriculados máis que no curso 08/09. Porcentualmente os maiores incrementos desde 2008/2009 son os de alemán, un 60,6%; xaponés, un 59,6%; e portugués, un 44,4%.

Tal e como explicou o director xeral, estes resultados débese a que “a Consellería traballou convencida de que as Escolas Oficiais de Idioma son un bo referente para que os galegos, os mozos e os adultos melloren as súas competencias en linguas estranxeiras”, sempre a prol da mellora da educación en Galicia.

Marco normativo propio

Cómpre lembrar ademais que o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad dotou por primeira vez a estes centros dun regulamento orgánico de funcionamento propio con rango de decreto e vontade de perdurabilidade, unha tarefa pendente que sacou adiante a actual Consellería. Desta forma deuse ás EEOOII un marco normativo que adecúa, por unha banda, a normativa ás súas necesidades organizativas particulares, e por outra, as funcións do profesorado ás necesidades reais do alumnado no contexto destas ensinanzas. Así mesmo regulouse a tipoloxía da oferta educativa existente nas escolas oficiais de idiomas, que abrangue cursos ordinarios, cursos de actualización e especialización, cursos para a formación do profesorado, - que inclúen os cursos CALC de actualización lingüística e comunicativa en inglés e francés, así como os cursos en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación e os Centros de Formación e Recursos noutras linguas-, e os cursos para colectivos profesionais.

Formación do profesorado

A Consellería está ademais a fomentar a cualificación do profesorado de materias non lingüísticas para o desenvolvemento do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, o que se concretou a través da Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se estableceu o procedemento de acreditación da competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos; que permite que o profesorado poida acreditar o seu nivel de competencia lingüística de acordo co Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER), ben por posuír os certificados das escolas oficiais de idiomas ou calquera dos restantes certificados expedidos por institucións de recoñecido prestixio que se recollen no anexo desta orde.

Así mesmo, e para aquel profesorado que non posúa certificacións e desexe acreditar a súa competencia lingüística, a Orde establece un itinerario formativo, a través dos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC), que permiten ao profesorado acadar os niveis A2, B1 e B2 do MCER en inglés e francés, e conseguir os certificados oficiais das escolas oficiais de idiomas unha vez superada a proba de certificación correspondente. De feito, e a través destes cursos específicos para o profesorado, a Consellería ten previsto formar a preto de 2.000 docentes. Así mesmo, se un ou unha docente posúe competencias en linguas estranxeiras obtidas por vías non formais, poderá realizar unha proba inicial de clasificación co obxecto de acceder ao curso do nivel que lle corresponda no itinerario formativo.
 

Colectivo: 

Sección: 

Congreso "Formación e competencias na nova sociedade.Idiomas"

Ábrese o prazo para inscribirse no Congreso "Formación e competencias na nova sociedade.Idiomas", que se celebrará paralelamente á Mostra do Ensino Galicia 2012 o día 13 de abril no recinto feiral de Expocoruña.

O prazo para inscribirse remata o 27 de marzo de 2012 e deberá facerse a través de FPROFE.

A referencia da actividade é G1102011 (Centro de formación e recursos: CAFI).

 

 

Gallego
Mostra-ensino

Tema: 

Sección: 

Cuestionario para detectar as necesidades do profesorado das seccións bilingües para unha correcta planificación dos cursos CALC 2012/2013

No pasado curso escolar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, puxo en marcha os cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC), segundo o establecido no Artigo 5º da Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se regula o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O principal obxecto destes cursos é o de dar continuidade aos coñecementos adquiridos polo profesorado no dominio de linguas estranxeiras, así como facilitar a súa formación para a acreditación nos niveis A2, B1 e B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas, do Consello de Europa.

Tendo en conta a boa acollida que tiveron estes cursos, organizados polos Centros de Formación e Recursos (CFR) en colaboración coas Escolas Oficiais de Idiomas de cada zona, e co obxecto de adecuar o máis posible a súa oferta á demanda que poda existir no próximo curso escolar 2012/2013, o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) elaborou un cuestionario para detectar as necesidades reais do profesorado que está a impartir a súa materia nunha lingua estranxeira.

Debido ao amplo alcance desta iniciativa e para unha correcta planificación dos citados cursos CALC para o próximo curso 2012/2013, solicítase ao profesorado interesado na realización dos cursos (preferentemente profesorado que imparte, ou está en condicións de impartir a súa materia en lingua estranxeira en seccións bilingües ou centros plurilingües) que responda ao devandito cuestionario en liña entrando no curso “Enquisa cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC)” no enderezo http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=236 utilizando a chave de inscrición CALC2012.

A data límite para cumprimentar a enquisa é o 30 de marzo de 2012.

Gallego
CALC

O programa "Alumnos Premio 2012" de estancia na República Federal de Alemaña pecha o prazo de inscrición o 20 de marzo

Este programa está dirixido a alumnado español entre 16 e 18 anos que non estea matriculado en 2º de Bacharelato, que leve como mínimo dous anos estudando alemán nun centro público ou concertado de Secundaria e Bacharelato e que non teña visitado Alemaña previamente a través de ningún outro programa oficial similar.

O período de estancia en Alemaña das 16 persoas seleccionadas será do 27 de xuño ao 27 de xullo de 2012, o alumnado residirá con familias e irán sen profesorado acompañante.

As solicitudes deben enviarse antes do 20 de marzo ao seguinte enderezo:

Subdirección General de Promoción Exterior Educativa
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
Paseo del Prado 28, 2ª planta
28071  MADRID

 

Gallego
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte

Orde de acreditación de competencia en idiomas

Gallego
DOG-logo

Sección: 

Contidos educativos en formato dixital (Edilim) realizados para o Programa PALE 2011

O repositorio do Espazo Abalar segue ampliando a súa oferta cunha primeira selección de 34 contidos educativos en formato dixital realizados coa ferramenta de autor Edilim dentro da Fase C de "Elaboración de materiais do programa PALE e outras actividades formativas".  Trátase de aplicacións en inglés, francés ou portugués para os diferentes niveis educativos e para as materias que imparten os docentes participantes. Os Obxectos Dixitais Educativos (ODE) foron realizados de xeito individual ou como parte dun proxecto grupal.

Referencia:

Orde do 30 de marzo de 2011 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos relativos ao programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras (PALE) e a outras actividades de formación, para a mellora da competencia en linguas estranxeiras, para o ano 2011 (DOG do 5 de abril de 2011).

Resumo dos recursos publicados:

I Express Myself with my Body

Actividade en LIM para traballar en inglés a expresión corporal.
"Cando non falamos, o noso corpo comunícase consciente ou inconscientemente".

Nivel: 3º Primaria.

 

 

Basic Elements of the Images

Actividade en LIM para coñecer os elementos básicos da imaxe (EE.BB) mediante a análise da mesma presentes en cada imaxe de mostra.

Nivel: 1º da ESO.

 

 

Baroque Style

Libro LIM para traballar a música e músicos do período barroco en inglés. Intenta aproveitar o contexto sociocultural e a música dos séculos XVII e XVIII.

Nivel: 3º da ESO

 

 

 

Volleyball for Beginners

Libro Interactivo Multimedia (LIM) en inglés para introducir aos alumnos de 1º da ESO no deporte do voleibol: as orixes, regras básicas, os tipos de saque, pases, ataque, bloqueo.

Nivel: 1º da ESO.

 

 

A Day at the Mall

O obxectivo deste ODE é proporcionar aos alumnos o vocabulario e as estructuras que se ocupan das compras coa variante lingüística estadounidense, que non é moi común nos nosos libros de texto.

Nivel: 3º da ESO.

 

Orientereeing, Nature and Space

Libro Interactivo Multimedia (LIM) en inglés no que se traballan conxuntamente as áreas de ciencias naturais, ciencias sociais e educación física, usando como nexo conductor a orientación espacial.

Nivel: 1º da ESO.

 

 

Play with Numbers

Para iniciar aos alumnos nas matemáticas en inglés precisamos saber que é o que eles saben a xeito de avaliación diagnóstica. Na unidade traballamos os números deica o 10. O zip inclúe fichas como complemento de este LIM.

Nivel: 1º Primaria.

 

 

Studying and Working Out my Muscles

O estudo dos músculos centran esta proposta, que pretende que o alumno coñeza a súa localización anatómica, pero sobre todo o seu papel protagonista no movemento e como os exercicios encamiñados á mellora da forza e da flexibilidade son piares básicos da condición física saudable.

Nivel: 4º da ESO.

 

 

Science, Matter and Meassurement

Esta Unidade Didáctica pretende ser unha primeira aproximación ás áreas científicas (fundamentalmente física e química e matemáticas) dentro do programa de 3º da ESO.

Nivel: 3º da ESO.

 

 

Fat Crab in a Hat

A través da personaxe principal nesta historia, un cangrexo nun sombreiro, os nenos coñecerán a varios animais, a forma na que se moven e algunhas das súas características. A pronunciación e o ritmo trabállase mediante as rimas e o patrón da historia.

Nivel: 6º Infantil.

 

 

Out & About in London

O tema de esta actividade “Out and About” obedece principalmente a tres eixos: 1.- Desenvolver a lingua estranxeira como forma de comunicación na aula; 2.- Resolver cuestións en determinados contextos e 3.- Aproveitar a propia motivación das actividades de lecer, deporte, medios de transporte, comidas… para aumentar o vocabulario e expresións propias da lingua inglesa.

Nivel: 2º da ESO.

 

Tourist Information & Customer Service at Accommodation

Unidade centrada no estudo do vocabulario específico, as estruturas e os procesos das organizacións cos aspectos técnicos, proporcionando un conxunto de tarefas de análise para entender o comportamento.

Nivel: Ciclos Formativos.

 

 

Visual Communication

Unidade para traballar a linguaxe e comunicación visual: obxectivo e función da imaxe (informativa, expresiva, estética e representativa), os signos e símbolos e os medios de comunicación que utilizan imaxes fixas e en movemento.

Nivel: 3º da ESO.

 

 

The Tertiary Sector

O sector terciario implica unha gran variedade de actividades profesionais, algunhas delas, tales como a saúde e a educación contribúen directamente no benestar da poboación.
O desenvolvemento deste sector está ligado ás novas tecnoloxías e ao turismo.

Nivel: 3º da ESO.

 

My Totem Pole

Unidade deseñada para axudar aos alumnos a desenvolver habilidades para comprender a cultura canadiense e a arte aborixe. O estudo dunha cultura pode axudar aos nosos alumnos a valorar a súa propia.

Nivel: 6º de Primaria.

 

 

Construction Materials

Unidade didáctica bilingüe para traballar vocabulario específico de materiais de construción e as súas propiedades: granito, mármore, xiz, morteiro, formigón, formigón armado, vidro,...

Nivel: 3º da ESO.

 

 

Elements, Compounds and Mixtures

Con esta unidade preténdese que o alumnado sexa quen de clasificar a materia, distinguindo entre substancias puras e mesturas, entre elemento e composto e entre mestura homoxénea e heteroxénea.

Nivel: 3º da ESO.

 

Last Evening in London

Nalgunhas ocasións o alumnado da ESO programa una saída cultural a Londres. Esta é una actividade para que practiquen como desenvolverse nunha tenda ou nun restaurante….

Nivel: 3º da ESO.

 

 

Areeiras da Limia

Experiencia multidisciplinar (departamentos de Educación Física, de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas) de orientación e interpretación do medio, nunha explotación mineira de áridos.

Nivel: 1º curso de Bacharelato.

 

 

Animal World

Con esa unidade en inglés traballaremos os animais nos seus hábitats: salvaxes, domésticos e mascotas mediante exercicios de relación, identificación, comprensión de textos ou xogos diversos.

Nivel: 1º curso de Bacharelato.

 

 

Musique Maestro! Concert à Paris

Unidade didáctica dirixida ao alumnado de francés e música.
Seguindo a ruta parisiense do músico Igor Stravinsky, o obxectivo da unidade é traballar o léxico de instrumentos musicais e estruturas gramaticais.

Nivel: 2º curso da ESO.

 

 

The Human Body

O corpo é un dos primeiros temas en ser tratado nas programacións de Primaria a partires da realidade máis próxima ao neno. Basearémonos na curiosidade do alumno e a aprendizaxe significativa.

Nivel: 2º de Primaria.

 

Les animaux

Tras o desenvolvemento desta unidade o alumnado será quen de comunicarse oralmente e por escrito en lingua francesa no contexto dunha "visita a un zoo".

Nivel: 5º curso de Primaria.

 

 

 

Learning from Forests

Unidade para traballar e repasar vocabulario en inglés sobre o nome das cores, partes do corpo, números, parentescos, animais e tempo de xogo usando como nexo condutor o outono.

Nivel: 1º curso de Primaria.

 

About Trees

Con esta unidade traballaremos nun primeiro momento os tipos de árbores e os seus froitos. Despois pasaremos a proxectos creativo-artísticos co tema das árbores, estacións,... usando materiais diversos: follas, pinturas, materiais de reciclaxe,...

Nivel: 2º curso de Primaria.

 

 

Plane Isometries

As formas xeométricas forman parte da nosa vida cotiá, podemos atopalas na natureza, nos obxectos da nosa contorna, na arte e, incluso, na publicidade ao usar logotipos comerciais que encerran propiedades como a simetría respecto dun determinado eixo.

Nivel: 3º da ESO.

 

 

Familles ici et là!

Primeira aproximación á lingua francesa. Partindo do tema "a familia" permitiranos explorar diferentes aspectos: vocabulario, gramática, sociocultural,...

Nivel: 1º de Bacharelato.

 

 

 

The Renaissance Period

Proposta multidisciplinar (literatura, tecnoloxía, educación plástica e visual, música e educación física)

Nivel: 3º da ESO.

 

 

Move your Body!

As partes do corpo é un dos campos semánticos máis traballados en Primaria. Nesta unidade o alumnado traballará este vocabulario mediante actividades lúdicas e motivadoras.

Nivel: 3º de Primaria.

 

 

Galician Trees

Unidade didáctica para traballar as árbores autóctonas de Galicia en inglés. Foméntase con ela o respecto pola fauna, vexetación e plantas. Impúlsase a idea da repoboación con especies autóctonas, un maior coñecemento da vida dos bosques galegos, e unha mellor conciencia medioambiental.

Nivel: 1º da ESO.

 

 

I´m a Little Teapot...

O obxectivo fundamental deste libro LIM é enfatizar a importancia de ser educado nas relacións sociais, en calquera situación da vida diaria, tanto persoalmente como con persoas doutros países (especialmente no Reino Unido, onde o té é un dos máis importantes eventos sociais), utilizando expresións como: "por favor", "grazas" ou "Benvido".

Nivel: 3º de Primaria.

 

Refeições portuguesas

A elección das comidas como tema a desenvolver serve para iniciar o alumno nos costumes e tradicións da sociedade portuguesa, así como na súa cultura gastronómica, contribuíndo tamén á valoración dunha realidade moi próxima e á superación de prexuízos.

Nivel: 1º da ESO.

 

 

The Biosphere

O tema central en torno ao cal xira esta unidade son os seres vivos. Trátanse aspectos diferentes en canto á súa organización, as súas características específicas que os distinguen do material inerte, como tamén a necesidade de clasificalos de forma xerárquica.

Nivel: 1º da ESO.

 

 

Let the Choir Sing

A voz humana é o noso maior medio de comunicación e unha rica fonte de pracer artístico.
A través das actividades desta unidade, o alumnado ten a oportunidade de descubrir a alegría de cantar en grupo.

Nivel: 2º da ESO.

 

 

 

Gallego
Repositorio do Espazo Abalar

Colectivo: 

Séminaire sur l'enseignement bilingue da Consejería de Educación, Cultura y Deporte de Castilla-La Mancha

O próximo 16 e 17 de marzo de 2012 celebrarase en Toledo un Séminaire sur l'enseignement bilingue - Seminario para o ensino bilingüe en francés. Trátase dunha actividade organizada por L'Institut Français e a Consejería de Educación, Cultura y Deporte de Castilla-La Mancha.

O obxectivo é dar pautas e obter unha perspectiva do bilingüismo francés/español desenvolvido polas diversas Comunidades Autónomas en España.

É un seminario aberto a todos os/as docentes de todas as Comunidades Autónomas.

 

 

Gallego
Séminaire sur l'enseignement bilingue

O British Council organiza o programa ‘’Twin for 2012"

O British Council organiza o programa ‘’Twin for 2012" que pretende fomentar o traballo de aspectos relacionados cos xogos Olímpicos e Paralímpico no aula. O Programa vai destinado a alumnos/as de Primaria e o British Council encargaríase de buscarlle a cada centro galego un socio no Reino Unido para que os alumnos/as de ambos centros puidesen desenvolver actividades conxuntas.

Unha vez rexistrados, os centros dispoñerán dun área de recursos, así como dun espazo na rede para compartir información e proxectos co seu centro ‘irmán’, ademais de ferramentas para facilitar a comunicación (chats e forums).

Gallego
British Council

File: 

A Consellería de Cultura e Educación convoca preto de 2.500 prazas destinadas ao alumnado para actividades de aprendizaxe de linguas estranxeiras

As estadías formativas desenvolveranse en Canadá, Reino Unido, Francia e Alemaña para o alumnado de bacharelato e ciclos de grao superior de FP

Os estudantes de 6º de Primaria e a ESO realizarán actividades de aprendizaxe de francés e participarán en ‘vilas inglesas’ en Galicia

A dotación total das achegas para mellorar os coñecementos en inglés, francés e alemán será de preto de 2 millóns de euros

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación convoca preto de 2.500 prazas
A Consellería de Cultura e Educación convoca preto de 2.500 prazas destinadas ao alumnado para actividades de aprendizaxe de linguas estranxeiras

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará este luns a convocatoria de 2.495 axudas para os alumnos e alumnas que queiran realizar actividades de aprendizaxe de linguas estranxeiras no 2012. A convocatoria vai dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e os catro cursos da ESO, que poderán gozar de estadías formativas en ‘vilas inglesas’ en Galicia e de actividades para a aprendizaxe do francés; e aos estudantes de bacharelato e os ciclos de grao superior de Formación Profesional, que desenvolverán as actividades formativas en Canadá, Reino Unido, Francia e Alemaña

Con esta oferta a Xunta volve demostrar o seu interese pola formación do alumnado galego en idiomas e, a pesares da grave crise económica pola que se atravesa, as achegas para mellorar os coñecementos en linguas estranxeiras acadan os 1.952.455 euros, e dan a oportunidade de mellorar as competencias en outros idiomas aos estudantes.

Oportunidade de mellora

A oportunidade que dá a Consellería de aprender e mellorar os coñecementos en inglés, francés e alemán está destinada aos estudantes de 6º de educación primaria, 1º, 2º, 3º, 4º de educación secundaria obrigatoria, e 1º e 2º de bacharelato, que están a cursar os seus estudos en centros educativos sostidos con fondos públicos de Galicia.

Ademais, por segundo ano consecutivo, tamén vai dirixida aos estudantes de ciclos de Formación Profesional de grao superior, que poderán mellorar as súas competencias con cursos de inglés en Canadá e de alemán en Alemaña.

Para poder optar a estas axudas será preciso ter superado todas as materias do curso 2011-2012. Ademais establécese que os seleccionados teñan unha cualificación mínima na lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, co obxectivo de acadar un bo aproveitamento da mesma.

Destinos

No caso do alumnado de bacharelato, convócanse prazas para actividades de aprendizaxe de inglés en Canadá e Reino Unido e de francés en Francia, cunha duración de tres semanas. Ademais repetirase unha experiencia especialmente enriquecedora posta en marcha pola actual Consellería, nomeadamente a integración dun grupo de 20 estudantes de 1º de bacharelato durante 4 semanas a principios de curso no sistema educativo canadense, compartindo aulas cos seus alumnos e profesores.

A Consellería convoca tamén, por segundo ano consecutivo, prazas para que o alumnado de ciclos formativos de grao superior realicen actividades de formación en inglés en Canadá e en alemán en Alemaña, cunha duración de 3 semanas.

No caso dosestudantes de 1º, 2º, 3º, e 4º da ESO e 6º de primaria, poderán optar a participar en actividades nas denominadas ‘vilas inglesas’ que se desenvolverán en Galicia durante os meses de xullo e agosto con profesores nativos, así como a prazas destinadas ao aprendizaxe de francés dentro da Comunidade, todas elas en períodos de 2 semanas.

As solicitudes

Os interesados deben inscribirse na dirección web http://www.edu.xunta.gal/axudasle, onde tamén se farán públicas as listaxes cos nomes dos alumnos e alumnas que se beneficiarán das achegas.

O propósito do ambicioso programa de aprendizaxe de linguas estranxeiras non é só que os asistentes aprendan un idioma estranxeiro, senón que este idioma o apliquen durante todo o día nas diversas actividades que está previsto que se realicen, nas que se inclúen competicións deportivas, xogos, obradoiros, excursións ou veladas nocturnas. Todo isto permitirá darlles unha formación lingüística, social, cultural e ambiental ao alumnado.

Nos cursos que se celebrarán no estranxeiro, o obxectivo é que os asistentes teñan un verdadeiro contacto idiomático, polo que os estudantes asistirán a clases con alumnos de diversas nacionalidades, de modo que practiquen o idioma e que convivan con diferentes culturas.

Ao igual que acontece nas actividades en Galicia, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria preséntase un programa que lle permite ao alumnado formarse lingüisticamente, pero tamén como persoas. Deste xeito, os seleccionados para os cursos vivirán con familias ou en residencias e todos terán a oportunidade de desenvolver actividades fóra das aulas, nas que se inclúen excursións, veladas lúdicas, actividades deportivas, xogos ou obradoiros temáticos.