Gallego

Resolución definitiva do 10 de setembro de 2012 de centros admitidos no programa de formación complementaria en linguas estranxeiras, CUALE, para o curso 2012/20113

Gallego

Xúntase a Resolución definitiva do 10 de setembro de 2012  de centros admitidos no programa de formación complementaria en linguas estranxeiras, CUALE, para o curso 2012/2013.

Colectivo: 

Vázquez Abad anuncia que o vindeiro curso máis de 5.300 estudantes da provincia de Ourense mellorarán as súas competencias lingüísticas

A provincia contará no 2012/2013 con 3 novos centros plurilingües e 66 novas seccións bilingües

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria visitou o Centro Residencial Docente da cidade das Burgas onde alumnas e alumnos de 4º da ESO realizan cursos de francés e de inglés

Estas estadías desenvólvense ao abeiro do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, na visita ás instalacións do Centro Residencial Docente de Ourense

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, anunciou hoxe que máis de 5.300 estudantes ourensáns mellorarán as súas competencias lingüísticas a través do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras. A cifra a deu a coñecer durante a súa visita as instalacións do Centro Residencial Docente de Ourense onde 73 estudantes de 4º da ESO están a mellorar as súas competencias en francés ou en inglés.

Novidades no plurilingüismo

Durante a súa visita o conselleiro lembrou ás alumnas e alumnos a importancia das linguas estranxeiras para se desenvolveren tanto na vida académica como no seu futuro profesional. Neste sentido a Xunta de Galicia mantén un firme compromiso co impulso do ensino dos idiomas, e o vindeiro curso será o terceiro que se aplique o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, e permitirá que máis de 55.000 estudantes melloren as súas competencias noutras linguas no 2012/2013. Así, en tan só tres anos de funcionamento do Plan, o número de seccións bilingües é de 2.322 e o de centros plurilingües practicamente acada os 150.

No relativo a provincia de Ourense o conselleiro anunciou que dos 5.357 estudantes beneficiados, 4.365 están matriculados en centros nos que están as 66 novas seccións bilingües da provincia, sendo 42 delas na cidade de Ourense e que se engaden ás 195 xa existentes ata o curso pasado. Do mesmo xeito preto de 1.000 alumnas e alumnos darán ata un terzo das materias en centros plurilingües que este ano chegan a 16 na provincia, grazas a incorporación de 3 novos colexios.

Mellorar o inglés en Ourense

No relativo a visita que hoxe realizou o conselleiro este recordou que estás estadías están organizadas pola Consellería dentro do marco do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, e que ao longo deste mes máis de 150 estudantes galegos participarán nas dúas quendas quincenais que están organizadas para desenvolver os citados cursos de idiomas no Centro Residencial Docente

Acompañado pola xefa territorial de Educación na provincia, Mercedes Gallego; e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, o conselleiro comprobou como se están a desenvolver as actividades programadas para estes estudantes.

Así todos as nenas e nenos están a compartir espazo con profesores nativos que lles imparten tanto as clases entre as que se atopan unha hora diaria de medios (radio e prensa), outra de gramática, de preparación da xornada e de conversación. Ademais terán actividades variadas entre as que se realizaran deportes, xogos de equipo mesmo actividades artísticas nas que os rapaces continúan a falar tanto en inglés como en francés de feito que optimizan ao máximo a súa estancia nestes cursos.

Estadías

Os estudantes cos que se reuniu hoxe Vázquez Abad están a participar nas estadías formativas organizadas pola Consellería para que o alumnado de 6º de Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos mellore as súas competencias en linguas estranxeiras durante o verán. Así este ano convocáronse 2.568 prazas para que os estudantes participen en estadías, tanto en ‘vilas inglesas’ en Galicia, como no estranxeiro, en Canadá, Reino Unido, Francia e Alemaña.

Este ano, o programa de estadías contemplou por segunda vez prazas para que estudantes de FP de grao superior que teñan un módulo profesional de lingua estranxeira no currículo do seu ciclo poidan realizar estadías de tres semanas en Canadá. Ademais repítese, por terceira vez, a experiencia de integración dun grupo de 20 estudantes de 1º de bacharelato que durante 4 semanas, a principios de curso no sistema educativo canadense, compartiran aulas cos seus alumnos e profesores.

Tema: 

Sección: 

Xesús Vázquez Abad comparte unha xornada de estadía lingüística con estudantes da ESO, en Vigo

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria visitou no Centro Residencial Docente da cidade olívica a alumnos de 2º e 3º da ESO que están a mellorar as súas competencias en inglés

Estas estadías desenvólvense ao abeiro do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Gallego
Vázquez Abad na visita ás instalacións
Vázquez Abad na visita ás instalacións

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, compartiu hoxe parte da xornada cos 135 estudantes de 3º da ESO que están a mellorar as súas competencias lingüísticas en inglés no Centro Residencial Docente de Vigo, nas estadías organizadas pola Consellería no marco do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras.

Ao longo do verán, ata case catrocentos estudantes de 2º e 3º da ESO participarán nos restantes cursos de inglés e francés que se impartirán neste espazo. Hoxe Vázquez Abad estivo acompañado por responsables da empresa que está a desenvolver os cursos na cidade olívica; o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares; e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira.

Durante a súa visita o conselleiro lembrou ás alumnas e alumnos a importancia das linguas estranxeiras para se desenvolveren tanto na vida académica como no seu futuro profesional. Neste sentido a Xunta de Galicia mantén un firme compromiso co impulso do ensino dos idiomas, e o vindeiro curso será o terceiro que se aplique o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras.

Estadías

Os estudantes cos que se reuniu hoxe Vázquez Abad están a participar nas estadías formativas organizadas pola Consellería para que o alumnado de 6º de Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos mellore as súas competencias en linguas estranxeiras durante o verán. Así este ano convocáronse 2.568prazas para que os estudantes participen en estadías, tanto en ‘vilas inglesas’ en Galicia, como no estranxeiro, en Canadá, Reino Unido, Francia e Alemaña.

Este ano, o programa de estadías contemplou por segunda vez prazas para que estudantes de FP de grao superior que teñan un módulo profesional de lingua estranxeira no currículo do seu ciclo poidan realizar estadías de tres semanas en Canadá.Ademais repítese, por terceira vez, a experiencia de integración dun grupo de 20 estudantes de 1º de bacharelato que durante 4 semanas, a principios de curso no sistema educativo canadense, compartiran aulas cos seus alumnos e profesores.

Impulso ao plurilingüismo

Co fin de que os estudantes galegos poidan ter acceso a un ensino plurilingüe, a Consellería de Educación, a través do devandito Plan, está a desenvolver numerosas iniciativas, entre as que destacan a creación da Rede Galega de Centros Plurilingües e o impulso das seccións bilingües. Cómpre lembrar que a Consellería vén de autorizar,de forma provisional,a autorización de 39 novos centros plurilingües e  do funcionamento de preto de 459 novas seccións bilingües, un 25% máis que o ano pasado, e que se sumarán ás 1.863 que estaban a funcionar no curso 2011/2012.

Sección: 

Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se fai pública a oferta de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras no exterior

Gallego

 Xúntase a resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional eInnovación Educativa pola que se fai pública a oferta de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras  en Canadá e Francia.

  • O prazo de solicitude remata o 7 de setembro de 2012.
     

Colectivo: 

Convócanse prazas de profesorado en seccións bilingües de español en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Rumanía, Rusia e Turquía para o curso 2012/2013

Resolución de 19 de xuño de 2012, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan prazas de profesorado en seccións bilingües de español en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Rumanía, Rusia e Turquía para o curso 2012/2013.

 

 

 

 

 

 

Gallego
BOE

Resolución provisional do 20 de xuño de 2012, pola que se incorporan novos centros á Rede de Centros Plurilingües

Gallego

Xúntanse as listas provisionais de centros admitidos e excluídos á Rede de Centros Plurilingües

  • Ábrese un prazo de 10 días naturais para facer as alegacións e achegas que se consideren oportunas.

Colectivo: 

O conselleiro de Cultura e Educación comproba o funcionamento do Plan de potenciación das linguas estranxeiras e do Proxecto Abalar nos centros educativos de Guitiriz

Xesús Vázquez Abad visitou hoxe o IES Poeta Díaz Castro e o CEIP de Lagostelle, no concello lucense

A Consellería leva investido preto de 114.000 euros en melloras nos centros educativos desta localidade

Gallego
Xesús Vázquez Abad visitou hoxe o IES Poeta Díaz Castro e o CEIP de Lagostelle,
Xesús Vázquez Abad visitou hoxe o IES Poeta Díaz Castro e o CEIP de Lagostelle, no concello lucense

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou hoxe o funcionamento de dous dos proxectos máis punteiros impulsados polo seu departamento, o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras e o Proxecto Abalar, nos centros educativos do concello de Guitiriz. Ademais nestas visitas o conselleiro, que estivo acompañado pola delegada da Xunta na provincia, Raquel Arias, aproveitou para achegarse á comunidade educativa dos IES Poeta Díaz Castro e CEIP de Lagostelle, co fin de coñecer en primeira persoa os seus intereses.

Vázquez Abad visitou a primeira hora da mañá o IES Poeta Díaz Castro, que conta con aulas Abalar desde o primeiro curso de implantación do proxecto, o 2010/2011. Deste xeito, 80 alumnas e alumnos contan con cadanseu ordenador ultraportátil para o seu uso na clase. Tal e como explicou o conselleiro, as 4 aulas Abalar do centro supuxeron un investimento de 48.600 euros, co fin de acadar a integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación no ensino.

O conselleiro coñeceu ademais, acompañado pola directora Olga Aguiar, as actividades que se desenvolven na biblioteca escolar do centro, inserida no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares desde a súa primeira edición, para as que a Consellería leva achegado 27.895 euros, no marco do Plan LÍA 2010/2015 de bibliotecas escolares para a Lectura, a Información, e a Aprendizaxe.

Cómpre lembrar, ademais, que o IES Poeta Díaz Castro foi un dos primeiros 144 centros educativos de Galicia en asinar un contrato-programa coa Consellería para a mellora da calidade do ensino. En concreto, este instituto desenvolve a primeira das liñas de actuación desta iniciativa, a de reforzo, orientación e apoio (PROA), na modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo, co que se procura potenciar a aprendizaxe e o rendemento de 16 estudantes do primeiro ciclo da ESO, mediante a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, o alento ao estudo, e o fornecemento dos coñecementos e das destrezas nas áreas instrumentais. Para o desenvolvemento desta iniciativa, que conta coa implicación directa de dous docentes do centro no acompañamento dos alumnos, a Consellería destinou ao instituto unha achega de 11.500 euros.

CEIP de Lagostelle

Vázquez Abad visitou tamén o CEIP de Lagostelle, que forma parte da rede de 110 Centros Plurilingües de Galicia. Xunto ao director do centro, Domingo Lodeiro, visitou a aula dixital da que se dotou ao centro grazas ao convenio con Red.es, polo que o presente curso foron instalados 782 kits de aula dixital en 645 colexios que non forman parte do Abalar.

Neste centro tivo tamén a oportunidade de coñecer as actividades de fomento do hábito lector entre os máis novos que se están a desenvolver a través da biblioteca escolar – no Plan de Mellora desde o curso 2010/2011-, á que a Consellería leva achegado 15.225 euros.

Melloras nos centros de Guitiriz

Con estas visitas o conselleiro reafirmou o compromiso que o departamento que dirixe mantén cos centros educativos do concello de Guitiriz, nos que ten investido preto de 114.000 euros para obras de reforma e mellora, dos que máis de 85.200 euros se destinaron aos dous centros hoxe visitados, ademais dos traballos desenvolvidos no outro colexio da localidade, o CEIP Santo Estevo de Parga.

Tal e como explicou Vázquez Abad, grazas a este investimento, remodelouse a cociña do IES Poeta Díaz Castro, onde tamén se realizaron melloras nos despachos e na rede sanitaria e de incendios, que redundan no beneficio dos seus 207 alumnas e alumnos.

No caso, do CEIP de Lagostelle, realizáronse traballos de reforma na instalación eléctrica, nos aseos de infantil e nos baños da planta baixa, e na cuberta do colexio; melloras das que se benefician os 211 estudantes do centro.

Vázquez Abad lembrou ademais que a Consellería inviste máis de 616.500 euros para a prestación dos servizos de transporte escolar en ambos os centros, e de comedor escolar no CEIP de Lagostelle.

Colectivo: 

A XXVIª edición das Xornadas Pedagóxicas "La mélodie de la langue française: on s’y at-TÂCHE!" terá lugar en Santiago o 29 e 30 de xuño de 2012

Contando coa colaboración do canal internacional TV5 Monde, a APFG – Asociación de Profesores de Francés de Galicia – anuncia a celebración da XXVIª edición das Xornadas Pedagóxicas tituladas "La mélodie de la langue française: on s’y at-TÂCHE!", que terá lugar os vindeiros días venres 29 (de 15:45 à 21:00 horas) e sábado 30 de xuño de 2012 (de 10:00 a 20 :30 horas) no IES Fontiñas en Santiago de Compostela.

Sobre o eixo das conferencias e de diversos obradoiros de experiencias pedagóxicas, o programa terá o seu punto de partida na perspectiva accional e no enfoque interaccional  para chegar ás tarefas e ós proxectos dedicándolle un lugar especial á música e ás cancións na aula de français.
Como novidade desta edición haberá actividades “musicais”, exposición e concursos didácticos, non só para o alumnado, senón tamén para o profesorado.

Gallego
XXVIª edición das Xornadas Pedagóxicas "La mélodie de la langue française: on s’

O Plan de Potenciación de Linguas Estranxeiras impulsado por Cultura e Educación no sistema galego é un exemplo para os representantes de 12 países europeos

Xesús Vázquez Abad despediu hoxe aos dezaseis representantes de Educación que esta semana visitaron diferentes centros educativos da comunidade dentro do “Lifelong Learning Programme”

A Consellería xa ten aberto o prazo para que os colexios e institutos galegos soliciten a súa incorporación á terceira fase do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Gallego
Imaxe da recepción
Imaxe da recepción

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, entregou hoxe os certificados aos 16 docentes de 12 países da Unión Europea que dentro do programa Lifelong Learning Programme estiveron en Galicia ao longo desta semana. Unha visita que volve a dar conta da importancia que ten o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras desenvolvido e impulsado pola Consellería e que é un referente tanto a nivel nacional como europeo.

Deste xeito os profesores, directores e inspectores do campo do ensino das linguas estranxeiras da Unión Europea, realizaron desde o luns e ata hoxe a visita de estudos Plurilingualism in the Galician Educational System integrada no Programa de Aprendizaxe Permanente, do Parlamento e o Consello Europeo, que se desenvolve desde o 2007 ata o ano que ven.

A todos os integrantes desta convocatoria o conselleiro dirixiuse hoxe sinalando que “estou convencido que de os nosos docentes, alumnado e técnicos puxeron todo da súa parte para que poidan levarse unha idea clara de como funciona o plurilingüÍsmo en Galicia: asociando estudo de linguas, innovación e aprendizaxe autónomo” ao tempo que aproveitou para recordar que “son os docentes un dos piares básicos nos que se apoia este plan. Sen eles, o seu compromiso, entrega, dedicación e esforzo non sería posible estar formando ao noso alumnado nas dúas linguas oficiais do estado e ademais nun terceiro idioma estranxeiro”.

Ao longo destes días os participantes no encontro visitaron os IES de Ames; CPI Plurilingüe do Dices; CEIP Plurilingüe Alenxandre Rodríguez Cadarso; o IES Virxe do Mar; o IES San Clemente; o IES Xelmírez I e o IES Plurilingüe Rosalía de Castro. En todos os centros mantiveron reunións de traballo co profesorado e intercambiaron experiencias sobre a iniciativa galega, así como sobre o tratamento integrado de linguas. Ademais participaron en mesas redondas con profesorado e alumnado.

Programa europeo

Cómpre recordar que dito programa interveñen coordinadores de relacións internacionais, directores de centros, asesores, orientadores pedagóxicos, profesores universitarios, investigadores e profesorado das linguas estranxeiras das nacionalidades alemán, belga, británica, checa, finlandesa, francesa, húngara, irlandesa, italiana, polaca, portuguesa e sueca.

O proxecto está integrado no programa Lifelong Learnig Programme, coordinado polo European Centre for the Development of Vocational Training (CEDEFOP), e ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento de política se cooperación en materia de aprendizaxe permanente en Europa.

Expectativas superadas

A Consellería xa ten superado amplamente as expectativas establecidas nun primeiro momento para este Plan. De feito, neste curso 2011/2012 hai 110 centros plurilingües en Galicia, 52 máis que no 2010/2011; e 1.863 seccións bilingües, 344 novas respecto ao curso anterior. Así, só a través destas iniciativas, máis de 40.800 estudantes e profesores beneficiaranse dun ensino plurilingüe, o que supón superar as previsións anunciadas inicialmente para o Plan, polas que se estimaba que 40.000 galegas e galegos terían mellorado as súas competencias noutros idiomas ao final da lexislatura.

O departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad xa iniciou a terceira fase do Plan, o que supón reforzar o seu compromiso coa capacitación das galegas e galegos nas linguas estranxeiras, competencia que se está a amosar fundamental en eidos como o do acceso ao mercado laboral.

Sección: 

Adxudicación definitiva do profesorado admitido para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa PIALE 2012

Gallego

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas.

Servizo relacionado: 

Tema: 

Colectivo: