Gallego

O incremento do 38,8% da matriculación nas Escolas Oficiais de Idiomas nos últimos catro cursos ratifica a aposta de Cultura e Educación polo plan de potenciación das linguas estranxeiras

No curso 2012/2013 hai 9.025 matriculados máis en ensinanzas regradas que no 2008/2009

Os idiomas que máis incrementaron porcentualmente en número de estudantes foron o alemán, o portugués, o chinés, o xaponés e o inglés

Gallego

O incremento durante os últimos catro cursos da matriculación das Escolas Oficiais de Idiomas nun 38,8% en ensinanzas regradas vén a confirmar o axeitado da aposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria polo impulso das ensinanzas de idiomas, a través do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras. Contabilizados os datos ao peche do período de matriculación, as EEOOII galegas e as súas seccións contarán este curso 2012/2013 con 32.256 alumnas e alumnos en ensinanzas regradas, 9.025 máis que no ano académico 2008/2009.

Respecto do curso anterior, o incremento é do 10,7%, con 3.120 estudantes máis, o que foi posible grazas ao incremento de oferta, sobre todo no que atinxe á creación de 7 novas seccións das Escolas Oficiais de Idiomas en vilas das catro provincias galegas, en concreto nas Pontes (A Coruña), Burela e Sarria (Lugo), Ribadavia, Celanova e na propia cidade de Ourense, e en Redondela (Pontevedra). A creación destas seccións supuxo por a disposición da cidadanía 990 prazas para a mellora das súas competencias lingüísticas en lingua inglesa. Trátase, ademais dunha nova mostra do compromiso da Consellería co rural, achegando ás galegas e galegos que non viven nas cidades as ensinanzas de linguas estranxeiras que se ofertan nas EEOOII; unha aposta pola igualdade de oportunidades no acceso ao plurilingüismo.

Cómpre sinalar, ademais, que nas vindeiras semanas se coñecerán os datos de matriculación dos cursos específicos ofertados por cada unha das Escolas Oficiais de Idiomas, polo que o número de galegas e galegos que están a mellorar as súas competencias en linguas nestes centros aínda se verá incrementado.

Idiomas que espertan máis interese

Segundo os datos recompilados, os idiomas que máis incrementaron a porcentaxe de alumnos matriculados foron o alemán (96,25%), o portugués (71,1%), o chinés (70,7%), o xaponés (62,4%) e o inglés (40,6%). Atendendo ao número de alumnos matriculados, o inglés é a lingua que representa un maior incremento, con 6.026 estudantes máis nos últimos 4 cursos.

Os datos por idiomas, respecto do curso 2008/2009 e do pasado quedan reflectidas na seguinte táboa:

Idioma

    Matriculados

    2008/2009

    Matriculados

    2011/2012

    Matriculados

    2012/201

Incremento

08/09-12/13

Inglés

    14.845

    19.033

    20.871

6.026       40,6%

Francés

    3.243

    3.613

    4.026

783           24,14%

Alemán

    1.470

    2.361

    2.885

1.415           96,25%

Italiano

    1.419

    1.553

    1.679

260             18,30%

Español para estranxeiros

    268

     257

    197

-71              -26,50%

Galego

    626

    428

    387

-239             -38,20%

Portugués

    692

    999

    1.184

492             71,10%

Árabe

    123

    138

    135

12               9,70%

Chinés

    270

    342

    461

191         70,7 %

Ruso

    57

    64

    77

20               35,10%

Xaponés

    218

    348

    354

136             62,4 %

Total

    23.231

    29.136

    32 .256

9.025           38,84%

Datos por EOI

Por EOI, os datos de matriculación son os reflectidos nesta táboa:

Idioma

    Matriculados

    2008/2009

    Matriculados

    2011/2012

    Matriculados

    2012/2013

Incremento

08/09-12/13

A Coruña

    4.548

    5.548

    6.221

    1.673         36,8 %

Ferrol

    1.150

    2.123

    2.475

    1.325         115,2 %

Santiago

    3.412

    3.617

    3.885

    473            13,9 %

Lugo

    1.545

    2.126

     2.072

    527            34,1 %

Monforte

    343

    406

    463

    120            34,9 %

Ribadeo

    297

    234

    466

    169            56,9 %

Viveiro

    378

    410

    547

    169            44,7 %

Ourense

    2.392

    2.726

    3.281

    889            37,2 %

Pontevedra

    2.190

    3.016

    3.289

    1.099         50,2 %

Vigo

    5.709

    7.900

    8.337

    2.628         46%

Vilagarcía

    867

    1.030

    1.220

    353            40,7 %

Total

    23.231

    29.136

    32.256

    9.025         38,84%

 

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Auxiliares de conversa en centros públicos, 2012/2013.Información: seguro médico

Achégase información sobre a asistencia médica que prestará a compañía DKV ás persoas suxiliares de conversa no curso 2012/2013.

Gallego
logo-auxiliares

Sección: 

Resolución do 10 de setembro de 2012, pola que se fai pública a autorización da nova relación de seccións bilingües no curso 2012/13 en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario

Gallego

Xúntase a Resolución do 10 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de  Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se  fai pública a autorización da nova relación de seccións bilingües no  curso 2012/13 en centros sostidos con fondos públicos de ensino non  universitario

Colectivo: 

Sección: 

Programa de Auxiliares de Conversa en centros públicos, 2012/2013. Documentos anexos

Ver arquivos adxuntos para a xestión do Programa de Auxiliares de Conversa 2012-2013 nos centros de educación primaria, secundaria e EEOOII.

Gallego
logo-auxiliares

Sección: 

Orde do 10 de setembro de 2012 pola que se autorizan novos centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2012/2013

Gallego

Xúntase a Orde do 10 de setembro de 2012 pola que se autorizan novos centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2012/2013.

Colectivo: 

Programa: Xornada de Acollida e Orientación de Auxiliares de Conversa. 2012/2013

Achégase programa da “Xornada de Acollida e Orientación de Auxiliares de Conversa” que se celebrará o día 5 de outubro no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Gallego
adc

Sección: 

Relación definitiva do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas de formación permanente en linguas estranxeiras en Canadá e Francia para o curso 2012/2013

Gallego

Xúntase a proposta de resolución do 25 de setembro de 2012 pola que se fai pública a relación definitiva do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2012-2013 destinadas a funcionarios docentes non universitarios, conforme ao baremo que figura no Anexo III da Orde do 27 de xuño de 2012 (DOG do 6 de xullo) e á resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se oferta  a formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá e Francia.

Colectivo: 

Resolución pola que se amplía a oferta pública de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Francia

Gallego

Xúntase a resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplía a oferta  pública de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras  en Francia.

  • O prazo de solicitude remata o 30 de setembro de 2012.

Colectivo: 

Resolución definitiva do 10 de setembro de 2012 de centros admitidos no programa de formación complementaria en linguas estranxeiras, CUALE, para o curso 2012/2013

Gallego

Xúntanse a lista definitiva de centros admitidos no Programa CUALE.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: