Gallego

Publicación da convocatoria nacional de Programas Europeos (programa PAP) 2012

Convocatoria nacional de propostas das accións descentralizadas dos programas Comenius, Erasmus, Leonardo da Vinci, Grundtvig e Transversal (visitas de estudo) no marco do programa de aprendizaxe permanente.

 

 

 

Gallego
APEE

Profesorado visitante no estranxeiro

Resolución de 23 de novembro de 2011, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan prazas para profesores visitantes en centros escolares dos Estados Unidos de América e Canadá para o curso académico 2012-2013. BOE, 30/11/2011

Gallego

Sección: 

Programa profesores visitantes estranxeiros en España

Comunícase que desde hoxe, e ata o 31 de xaneiro de 2012, permanecerá aberta a convocatoria para profesores visitantes estranxeiros en España.

A información sobre a convocatoria e o acceso en liña á aplicación xa está operativa na páxina web do programa.

Gallego
Logo MEC

Mobilidade de Alumnado Comenius (MAC)

A área de Programas Europeos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria  informa sobre a iniciativa "Mobilidade de Alumnado Comenius" que foi lanzada no ano 2009 para permitir que o alumnado de educación secundaria a partir de 14 anos poida estudar durante un período de entre 3 e 10 meses nun centro educativo doutro país europeo, vivindo cunha familia.

As condicións desta iniciativa e a información sobre o procedemento de solicitude pódense consultar no espazo de Programas Europeos.

 

 

 

 

 

Gallego
Mobilidade de Alumnado Comenius (MAC)

Adxudicación das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011

Orde do 10 de novembro de 2011 pola que se resolve a adxudicación das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

 

 

Gallego
Linguas Estranxeiras

Tema: 

Sección: 

A Consellería de Educación beneficiará a 2.650 estudantes ao levar a 239 centros do rural un programa de reforzo do inglés

Desenvolverase de xeito experimental en primaria, en horario extraescolar de xaneiro a maio e cun orzamento de 321.856 euros

Gallego

O conselleiro de Educación e  Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, anunciou hoxe que o seu departamento poñerá en marcha un “Programa experimental de acompañamento escolar en lingua estranxeira” do que se poderán beneficiar un máximo de 2.650 alumnos de 239 colexios de primaria enclavados no rural.

O programa, dotado con 321.856 euros, está concibido para concellos de ámbito rural con menos de 10.000 habitantes e poderá chegar a 83 centros da Coruña, 63 de Lugo, 53 de Ourense e 40 de Pontevedra. Os devanditos centros desenvolverán as actividades de reforzo dende xaneiro a maio próximos, cun mínimo de dúas horas semanais. “A iniciativa –declarou o conselleiro- está dirixida a reforzar a aprendizaxe activa do inglés en escolas de educación primaria que non sexan centros plurilingües nin teñan seccións bilingües. Dese xeito queremos contribuír aínda máis á igualdade de oportunidades para o alumnado do interior de Galicia”.

Estímase que se poderán formar un máximo de 265 grupos de 10 alumnos, para o que cada centro contará co profesorado especializado ou que dispoña da correspondente acreditación do nivel B2 de inglés. Serán docentes que participen no horario extraescolar de reforzo en competencia comunicativa, tarefa pola que serán retribuídos con 29,90 euros por hora. En principio, a Consellería xa se dirixiu a eses 239 centros que agora poderán solicitar acollerse ao programa para poñelo en marcha en xaneiro.

     

Audio: 

Declaracións do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

A matrícula das Escolas Oficiais de Idiomas incrementouse nun 25,4% nas ensinanzas regradas no que vai de lexislatura

O conselleiro de Educación presentou hoxe os datos de matriculación destes centros, que ofertan este curso 6.500 prazas máis que no 2008/2009

A oferta de cursos de formación do profesorado en linguas incrementouse nun 125%

A Consellería vén de reforzar as ensinanzas en alemán e chinés para dar resposta á demanda cidadá

Gallego

Video: 

Vídeo coas declaracións de Xesús Vázquez, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria (corte 1)

Vídeo coas declaracións do director xeral de Educación, José Luis Mira

Vídeo coas declaracións de Xesús Vázquez, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria (corte 2)

O conselleiro de Educación presentou hoxe os datos de matriculación destes centr
O conselleiro de Educación presentou hoxe os datos de matriculación destes centros, que ofertan este curso 6.500 prazas máis que no 2008/2009

As Escolas Oficiais de Idiomas rexistran este curso unha matriculación de 29.136 alumnos en ensinanzas regradas polo réxime oficial na modalidade presencial, o que supón 5.905 máis que no curso 2008/2009, un incremento do 25,4% do alumnado destes cursos no que vai de lexislatura. Unhas cifras que ademais se verán incrementadas unha vez se dispoña dos datos de matriculación nos cursos específicos que ofertan este centros. Así o explicou hoxe o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, que presentou en rolda de prensa os datos de matriculación das EOIs no presente curso 2011/2012, xunto co director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira.

Vázquez Abad salientou a aposta que a Xunta de Galicia vén facendo polo impulso da aprendizaxe de idiomas, fundamentalmente a través do Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras. Neste sentido lembrou que esta iniciativa xa superou as expectativas marcadas nun primeiro momento. “Este curso, tan só nas seccións bilingües e centros plurilingües, máis de 40.800 estudantes e profesores poderán melloras as súas competencias en linguas”, dixo.

Isto supón, tal e como destacou o conselleiro, abrir á cidadanía galega a oportunidade de acceder á aprendizaxe de idiomas no marco do ensino público, “unha posibilidade que antes estaba restrinxida ás persoas con máis recursos económicos”.

Incremento da oferta

Vázquez Abad atribuíu o incremento de matrícula ao interese crecente das galegas e galegos por completar a súa formación en linguas, así como ao esforzo feito desde a Consellería para facer un uso eficiente de todas as posibilidades das EOIs. Neste sentido salientou que as Escolas Oficiais de Idiomas ofertaron este curso 6.500 prazas máis que no 2008/2009, un total de 41.235 prazas repartidas en 220 grupos para ensinanzas regradas.

A Consellería de Educación traballa para dar resposta ao medre da demanda cidadá nas Escolas Oficiais de Idiomas. Proba diso é, tal e como explicou Vázquez Abad, o incremento de grupos en alemán, un 9% máis que no curso anterior, que permitiu que 481 estudantes máis puideran matricularse este curso neste idioma, que xa acada un total de 2.361 matriculados.

“Ademais”, engadiu, “reforzáronse os grupos nos idiomas máis demandados como son o inglés, con 19.033 matriculados, ou o chinés, onde o alumnado aumenta este curso nun 24,36%”.

Formación do profesorado

Nesta mesma liña de incremento da oferta o conselleiro de Educación lembrou o impulso que o departamento que dirixe está a dar á formación dos docentes que desexen mellorar as súas competencias para impartir as súas materias en linguas estranxeiras. Co fin de que poidan obter o nivel de inglés B2 –esixido para impartir as clases nas seccións bilingües e centros plurilingües- as Escolas Oficiais de Idiomas ofertan este ano 126 cursos de formación do profesorado, un 125% máis dos que se ofertaban no 2008/2009. Neste marco púxose en marcha un novo itinerario formativo que se concreta nos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC), dirixidos a que o profesorado poida acadar a certificación correspondente na lingua estranxeira na que desexe impartir a súa materia.

Vázquez Abad destacou o incremento dos cursos non ordinarios que se imparten nas EOIs – e nos que se enmarcan os devanditos de formación do profesorado-, ata chegar aos 191 este curso, fronte aos 88 que se ofertaban no 2008/2009. Deles destaca a ampla oferta de cursos dirixidos a sectores profesionais –comercio, mariño, audiovisual-, que se teñen multiplicado por tres no que vai de lexislatura, como froito da crecente demanda.

Novidades curso 2011/2012

Ademais da posta en marcha dos CALC, Vázquez Abad subliñou como novidades para este curso o reforzo das ensinanzas de alemán e chinés, así como a sinatura dun convenio coa Universidade da Coruña para que o alumnado da Diplomatura de Biblioteconomía e Documentación realice o ‘prácticum’ nas EOIs.

Pola súa parte, o director xeral de Educación, José Luis Mira, lembrou que o pasado curso se realizaron por primeira vez as probas homologadas de nivel básico para a certificación do alumnado dos cursos de formación complementaria para a aprendizaxe de linguas estranxeiras (CUALE) en inglés e francés, nas que participaron un total de 296 alumnas e alumnos.

Así mesmo Mira Lema lembrou que este é o primeiro curso no que as EOIs dispoñen dun Regulamento Orgánico de Centro específico, co fin de atender ás súas particularidades, ao abeiro do Decreto 189/2010, do 11 de novembro e da Orde do 5 de agosto de 2011 que o desenvolve.

Todas estas medidas, segundo explicaron os responsables educativos, enmárcanse na estratexia da Consellería de Educación para potenciar a aprendizaxe das linguas estranxeiras, tendo en conta o interese das galegas e galegos por acadar o dominio de outros idiomas, “algo fundamental na sociedade actual, tanto para o desenvolvemento académico como para o profesional e persoal”, segundo incidiu o conselleiro.

Sección: 

PALE e outras actividades formativas. Fase de elaboración de materiais

Está dispoñible no servizo relacionado máis abaixo, a información relativa á fase de elaboración de materiais (FASE C) do programa PALE e outras actividades formativas.

Gallego

Related service(s): 

Colectivo: 

Sección: 

Materiais plurilingües 3.0: formación, creación e difusión

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica o libro MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN, que conta con artigos de, entre outros, José Manuel Vez Jeremías (USC) e Isabel Pérez Torres (Junta de Andalucía), así como con 42 propostas didácticas relacionadas co enfoque plurilingüe, elaboradas por profesorado galego participante no Programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras (PALE)

A devandita publicación, que pode atoparse en formato pdf no arquivo adxunto, está a súa disposición en formato papel, en todos os centros de formación e recursos, centros plurilingües, centros con seccións bilingües, centros participantes no programa CUALE e escolas oficiais de idiomas.

Gallego
Materiais plurilingües 3.0

Sección: 

Resolución das novas seccións bilingües autorizadas para o curso 2011/2012

Resolución do 9 de setembro de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a auto­rización da nova relación de seccións bilingües no curso 2011-2012 en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario reguladas pola Orde do 12 de maio de 2011.

 

 

 

Gallego
logo_dog

Sección: