Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas
Enviado por asacido a Lun, 01/08/2011 - 13:24No adxunto pódese atopar a versión en PDF do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Tema:
Sección:
No adxunto pódese atopar a versión en PDF do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Tema:
Sección:
Partindo dos positivos resultados obtidos a través dos programas de inmersión, comezouse durante os últimos anos a pór en marcha experiencias CLIL (Content and Language Integrated Learning ou, en galego, AICLE, Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras) nas diferentes comunidades autónomas españolas. Os beneficios atribuídos aos programas CLIL son en principio diversos, pero Maljers, Marsh e Wolff (2007) condénsanos nos catro seguintes:
a/ Promoción da diversidade lingüística: o ideal europeo pretende fomentar o multilingüismo e o multiculturalismo entre a cidadanía europea.
b/ Mellora da competencia na lingua estranxeira: existe un descontento xeneralizado en relación co nivel de competencia logrado á finalización do ensino obrigatorio.
c/ Impulso á aprendizaxe lingüística en xeral: tómase como punto de partida a idea de que a metodoloxía CLIL redundará nunha maior competencia en todas as linguas presentes no currículo.
d/ Internacionalización da educación: o uso das linguas estranxeiras como medio de instrución preséntase como estímulo e acicate á hora de que os estudantes participen máis activamente nos distintos programas de mobilidade postos en marcha desde as institucións europeas.
Existen outras vantaxes inherentes ao uso da lingua estranxeira como lingua vehicular. Así, cando a lingua estranxeira pasa a ser a lingua de uso habitual para a instrución de materias, sexan estas ciencias sociais, historia ou informática, a necesidade de xerar actividades que supoñan un reto para o alumnado (á hora de completar actividades nas que se require lograr información adicional) desaparece. Este tipo de actividades xorden de modo natural ao impartir o contido curricular na lingua estranxeira nas clases CLIL, a diferenza das clases tradicionais de ensino da lingua estranxeira, onde este tipo de actividades é a miúdo presentado de modo forzado e pouco natural.
Así mesmo, nos programas CLIL o input que reciben é moito máis rico, intensivo e contextualizado, co que a aprendizaxe ten moitos máis visos de ser variada e estimulante. Ademais, en contraposición coas clases tradicionais de lingua estranxeira, trátase dun input auténtico que non foi especialmente ideado co único obxectivo de aprender a lingua estranxeira e que estimula non só diferentes interaccións, senón que tamén permite un maior contacto coa lingua estranxeira en cuestión.
Aos hipotéticos beneficios anteriormente citados, Van de Craen et al. (2008) engaden as seguintes:
a/ Fomento de actitudes e motivación positivas: partindo de estudos realizados en programas CLIL postos en marcha en Bruxelas, estes autores conclúen que os estudantes mostran unha maior motivación e mellores actitudes, á vez que a súa identidade non se ve negativamente afectada mentres que aumenta a súa autoestima. Marsh (2000) coincide neste xuízo e apunta que, de entre os efectos positivos do enfoque CLIL, pódese destacar o fomento dunhas mellores actitudes cara ás demais linguas e á súa aprendizaxe.
b/ Efectos beneficiosos en aspectos cognitivos: o enfoque CLIL require que a persoa aprendiz estea máis activa, o que redunda en beneficios cognitivos.
c/ Funcionamento cerebral con menos esforzo: partindo de estudos nos que se analiza o esforzo que precisa realizar o/a estudante monolingüe con respecto ao bilingüe na realización de tarefas, Van de Craen et al. conclúen que traballar seguindo unha metodoloxía CLIL fomenta unha maior plasticidade cerebral. [...]
Esta publicación supón unha achega sen dúbida de relevancia para todas aquelas persoas interesadas no desenvolvemento do plurilingüismo no ámbito escolar (máis aló de limitacións xeográficas), un amplo abanico que abrangue desde o profesorado, ata o alumnado, pasando polos proxenitores, os equipos directivos, a administración e as institucións universitarias. A todos eles corresponde achegar o seu gran de area.
Introdución
David Lasagabaster
Tema:
Colectivo:
Sección:
A linguaxe ha de ser entendida como unha capacidade que o alumnado debe desenvolver e que debe estar dirixida á comunicación. Por isto, entendemos que, na liña do tratamento integrado das linguas ou do meu primeiro portfolio, tanto a lingua adicional/estranxeira como as linguas ambientais, deben desenvolverse paralelamente nesta etapa, xa que a primeira, segunda e terceira linguas conviven, nútrense e retroaliméntanse nun contexto de completa normalidade.
Para contribuír a mellorar a calidade do ensino nesta etapa educativa, o traballo que aquí presentamos pretende dar resposta a esas dificultades mediante o tratamento de tres aspectos fundamentais:
1) A adquisición da linguaxe e as características do desenvolvemento psicoevolutivo do alumnado de educación infantil, a nivel cognitivo, motor e afectivo.
2) O traballo na etapa de infantil e pautas de colaboración entre o profesorado titor e o profesorado especialista de inglés.
3) Exemplificacións dese traballo conxunto a través de propostas didácticas de aula no marco dun enfoque globalizado.
En definitiva, a anticipación dunha primeira lingua adicional ou dunha terceira lingua debe ser entendida como unha chave para abrir a porta ao plurilingüismo aos meniños e meniñas.
Introdución
Fco. Xabier San Isidro Agrelo
Tema:
Sección:
Dicionario Interactivo Visual. Ferramentas audiovisuais para a práctica do inglés online a través da exploración de escenarios comunicativos habituais.
http://centros.edu.xunta.es/contidos/dictionary/
Colectivo:
Sección:
LOM Media:
LOM Sistema de representación de información:
LOM Aplicación informática:
Disciplinas:
Ferramenta de escoita multilingüe baseada na creación de karaokes.
http://centros.edu.xunta.es/contidos/lolokarolo/
Colectivo:
Sección:
Pódese cubrir a memoria avaliativa do Programa CUALE 2011 no seguinte enderezo:
https://creator.zoho.com/xabokas1/cuale-2010-2011#
Sección:
Nos arquivos adxuntos atópase a nova normativa de Seccións Bilingües, Centros Plurilingües, Programa CUALE e Seccións Bilingües (DOG do 20 de maio de 2011)
File:
Tema:
Sección:
As persoas que participaron no programa de Auxiliares de Conversa cubrirán o informe que atoparán clicando no seguinte enderezo: https://creator.zoho.com/auxconversa/auxiliar/#
Sección:
As persoas que en cada centro coordinen o programa de Auxiliares de Conversa cubrirán o informe que atoparán clicando no seguinte enderezo: https://creator.zoho.com/albertosacido/copy-of-informe-persoa-coordinado...
Sección:
Aquí tedes os temas que preparei para a asignatura de Educación Plástica e Visual de 3ºESO en inglés. Baséanse no libro de texto da Ed. Sandoval que utilizamos na aula, pero complementado con outros materiais de diversas fontes. Espero que a alguén lle sirva.
File:
Tema:
Ensinanza:
Sección: